Estamos no mes de Novembro o
"Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas" e nós, que neste curso temos unha escola matemática, biblioteca incluída, e non paramos de contar, medir, comparar, xuntar... imos comenzar a pesar, e que mellor que si facemos
ciencias na cociña
porque na unitaria temos unha cociña, cunha placa de inducción que é unha marabilla, unha báscula, un forno pequeniño, unha nevera do século pasado pero que fuciona... en fin, que estamos preparad@s para investigar cociñando.
E imos cociñar castañas, que temos moitas.
Cando fomos apañar castañas ao castiñeiro da nosa veciña a "Argentina", collimos tantas que nos sobraron moitas despois de facer o magosto, asi que discutimos que facer con elas:
- outro magosto
non que chove.
- caldo de castañas
non que é moito traballo.
- castañas con leite
ummmm non sei , non sei...
- castañas en almibre
si, siiiii
agora só nos queda investigar como se fan castañas en almibre.
Mañán empezamos.