Rematada a serie de contacontos, fixemos o libro:
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas
viernes, 9 de mayo de 2014
miércoles, 2 de abril de 2014
Día internacional do libro infantil
Día internacional do libro infantil
...e todo o día traballamos xogando cos libros da biblioteca.
Primeiro escollimos os libros cos que iamos xogar, e como andamos a traballar con Miró, foi natural que ganasen os libros de pintores.
E comenzou o xogo:
Apoiándonos no encerado dixital, buscamos no OPAC : Miró, Velázquez, Van Gogh, Paul Klee, Picasso... e averiguamos cantos libros tiñamos de cada un deles. Apuntabámolo na ficha e comenzaba a carreira: atopar TODOS os libros que tiñamos.
Non pensedes que foi doado. Había que buscar, contar os que atoparamos, pensar cantos nos faltaban aínda, volver a mirar na pizarra, comprobar que estaban todos e entón berrar: XAAA!
Logo escribilo na ficha.
....ata descubrimos que o OPAC estaba equivocado, pois tiña contado mal os libros de Van Gogh.
Etiquetas:
abrildoslibros,
biblioteca,
celebracións,
formación de usuarios
sábado, 8 de marzo de 2014
8 de marzo
Pero é un día que non podemos deixar pasar, e apresurámonos a acudir á Biblioteca e montar unha pequena exposición para visibilizar os libros de xénero e coeducativos, que ademáis de poder levar prestados nos "Contos de pola noite", poderán ser utilizados na "Hora de ler"; e durante a semana que ven, o alumnado escollerá de entre eles os que a mestra, eu, leerá en voz alta na " Hora do conto", ou eles se lerán uns a outros nos pequenos momentos de lectura que sempre buscan nos tempos libres.
E si son "boíños" veremos algúns videos de contos que temos en "Contos para ver e ler" e non temos na Biblioteca, como
El Príncipe Ceniciento
SuperLola ou
Una feliz catástrofe
E eu quero homenaxear neste día a dúas mulleres mestras: as irmáns Cossettini, que na primeira metade do século XX puxeron en práctica, contra vento e marea, un modelo de escola diferente que hoxe, coa LONCE cabalgando en lontananza,sigue vixente máis que nunca,
E unha cousa máis:
Cando eu era moza saín á rúa para reclamar a supresión do delito de adulterio, reivindicar o dereito ao divorcio e máis tarde o dereito das mulleres para decidir sobre o noso corpo. Logo, cando vin medrar a miña filla nunha sociedade con estes dereitos acadados, nunca pensei que as miñas netas terían que sair de novo á rúa, e correr diante dos "grises", en defensa dos seus dereitos como mulleres.
Pero parece que vai ser que si.
Por iso mañán, eu, a miña filla e as miñas netas, estaremos en Santiago defendendo de novo o dereito das mulleres a un aborto libre e gratuito.
Etiquetas:
celebracións,
coeducación,
muller,
xénero
sábado, 2 de noviembre de 2013
Festa de Samaín
O xoves, 31 de Octubro; pola tarde, celebramos a festa do Samaín e o Magosto na Casa da Auga.
Houbo obradoiro de caveiras, de maquillaxe, xogos, e... festa, moita festa, ata tivemos actuación das "Saíñas" que cantaron e tocaron a pandereireta para todos nós.
Por suposto tamén tivemos Magosto e comimos castañas asadas.
Á noitiña, acendimos as velas dentro das caveiras e puxémolas no balado, ao pé do cruceiro, para espantar ás ánimas.

martes, 29 de octubre de 2013
Samaín
O xoves pola tarde celebraremos na Casa da Auga a festa do Samaín e o Magosto.
Haberá obradoiros de caveiras e de maquillaxe, magosto, cantigas e xogos....
Cando chegu e a notiña sairemos como os outros anos en procesión polas corredoiras deixando as caveiras nos balados e nos cruceiros para espantar as ánimas.
Estades TODOS e TODAS invitados, pero non esquezades levar a cabaza, o disfraz e moi importante, as castañas para asar.
E aproveitando os dáis libres podemos redescubrir os libros de medo:
que están expostos no andel, para que nos os teñas que buscar pola Biblioteca adiante:
Etiquetas:
boletín,
celebracións,
samaín
domingo, 27 de octubre de 2013
Serán de Barcela
Os nosos veciños da parroquia de Barcela celebraron onte o seu Serán, e as "Saíñas" de Vide estaban invitadas.
Tiñamos moi ben ensaiadas as cantigas que ían interpretar:
- A danza de Xesta, do repertorio das Pandereteiras do Suído.
- O pasodoble de Lasoxo, na que pequeniños e menos cativos tocan as piñas.
- Don Melitón. unha cantiga infantil da nosa zona.
Esta vez decidimos que ían sacar as cantigas os máis pequerrechos, e a responsabilidade recaíu en:
Antón, Uxúe, Marcos e Noa.
Que orgullosos nos sentimos todos cando como verdadeiros "profesionais", ali no escenario cantaron, tocaron as pandeiretas, as piñas, e ata bailaron : dame un abrazo, don Melitón, dame un biquiño...
Un biquiño non, un cento deles e outro cento de vivas e aplausos foi o que levaron!!!!!!!
Noraboa aos nosoa veciños polo seu serán, e felicidades tamén a mamá de Antón que lle "tocaron" catro pitiños no sorteo das rifas.
Tiñamos moi ben ensaiadas as cantigas que ían interpretar:
- A danza de Xesta, do repertorio das Pandereteiras do Suído.
- O pasodoble de Lasoxo, na que pequeniños e menos cativos tocan as piñas.
- Don Melitón. unha cantiga infantil da nosa zona.
Esta vez decidimos que ían sacar as cantigas os máis pequerrechos, e a responsabilidade recaíu en:
Antón, Uxúe, Marcos e Noa.
Que orgullosos nos sentimos todos cando como verdadeiros "profesionais", ali no escenario cantaron, tocaron as pandeiretas, as piñas, e ata bailaron : dame un abrazo, don Melitón, dame un biquiño...
Un biquiño non, un cento deles e outro cento de vivas e aplausos foi o que levaron!!!!!!!
martes, 21 de mayo de 2013
Noite das Letras Galegas
A bibliotecaria, andaba "preocupadiña" porque as espectativas da "comisión" eran tantas, que tiña medo que se levasen un chasco, pero conforme ía andando a noite decatouse que era imposible o chasco, porque a alegría e ganas de participar que traían, non podía ser cortada por ninguén: respondían a TODAS as propostas da actividades con un "veña a por outra!" rían , falaban e xogaban, facíanse bromas, pedían máis actividades.... outro ensaio máis!!!
Tiñamos unha pequena obra de teatro para traballar: "Os ratos", adaptación propia, e unha achega de Paqui, a pandereteira: "Touporroutou da Lúa e do Sol" de Vidal Bolaño, adaptación para teatro escolar.
E foi un exitazo iso de converterse en actores, tanto, que foi a actividade que máis tempo nos ocupou da noite, pero tamén xogamos na PDI cos recursos que tiñamos seleccionado, escoitamos música, ceamos, falamos e a iso das tres da mañán fómos durmir - aínda que houbo quen quedou falando ata as "tantas".
Pola mañán o almorzo, caras legañosas, bromas, sorrisos, ganas de repetir.... e unha cita:
o mércores pola tarde ás 6, para preparar o estreno da obra de teatro.
Etiquetas:
biblioteca,
celebracións,
letras galegas
lunes, 13 de mayo de 2013
Comisión de Bibliotecari@s
Dende hai uns meses a Biblioteca conta cunha "Comisión de Bibliotecar@s", un grupo de ex-alumnas e ex-alumnos que se encargan de apoiar o traballo na Biblioteca e colaborar na programación e realización de actividades: ordenan e reparan libros, elaboran cartaces, atenden o préstamo, organizan actividades da biblioteca..... Este curso os " Mércores da dúas" está nas súas mans e vaise notando:
Esta é a actividade que convocan co gallo do Día das Letras Galegas:
Noite na Biblioteca: unha Noite das Letras Galegas , con Roberto Vidal Bolaño e o seu teatro, música e actividades ao redor desta celebración: do xoves 16 ao venres 17 de maio.
Horario: de 10 da noite a 10 da mañán.
Inscripción: mércores, 15 de maio na Biblioteca, de 18 a 19 da tarde.
Este é o cartaz da convocatoria:

miércoles, 3 de abril de 2013
Día Internacional do Libro Infantil
Como hoxe a Biblioteca estaba de celabración- o 2 de Abril é o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- fíxémoslle un agasallo:
Unha caixa chea de LIBROS SORPRENDENTES, e de entre eles dous moi especiais, pois están cheos de posibilidades:
"ANIMALARIO", de Angeles Navarro en Editorial Combel. un libro para ler, para buscar, para pensar e para xogar, que ademáis inclúe un xogo de memoria e outro para inventar animais fantásticos:
e un libro novo de Hervé Tullet: "Juego de la escultura", en editorial Phaidón., que como todos os libros de este autor é sorprendentiiiisimo: podémolo converter nunha escultura:

Xa vos seguiremos contando.
jueves, 21 de febrero de 2013
Rosalía de Castro
Aínda non nos deramos borrado da cara os bigotes de Dalí cando xa estabamos visitando- virtualmente,claro- a casa de Rosalía en Padrón , pois un ano máis sumámonos ás actividades de celebración do Día de Rosalía.
Recollimos na Bilioteca o libro "Parece unha rosa" e "Adiós ríos, adiós fontes" e logo de darlle moitas voltas quedámonos con:
Recollimos na Bilioteca o libro "Parece unha rosa" e "Adiós ríos, adiós fontes" e logo de darlle moitas voltas quedámonos con:
Vente, rapaza,
vente, meniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente; Minguiño,
Minguiño, vente;
douche, senón
polo demos do dente.
E como estes nenos e nenas de Vide son marabillosos aprenderon o poema nun plisplás e aínda nos deu tempo de ir de "excursión" por Vide na procura de fontes con pilón.
Aquí podedes ver e escoitar a estes verdadeiros "rapsodas"
sábado, 15 de diciembre de 2012
Recitando o 12 do 12
Chegou o día que todos os nenos e nenas da escola esperaban:
Ir ao Instituo de As Neves e alí cos "grandes" recitar o poema que tanto tiñan ensaiado:
Celanova ten un vento
Celanova un vento ten
un vento peleriñante
un vento que vai e ven.
E fixéronno tan ben que logo invitámolos a tomar un chocolate con pasteis, e Rocío,a da librería, ao enterarse regaloulles a cada un, un precioso lápiz con moneco.
Durante toda a semana, ademáis de recitar con "sentemento" e repetir unha e outra vez PELERIÑANTE, falamos de Celso Emilio Ferreiro, da súa vida, de Celanova... e fixemos un libriño con aprendido
Aquí queda una mostra do noso traballo:
Libro celso from aldeatotal
Este é o boletín informativo para as familias:
Etiquetas:
boletín,
celebracións,
colaboración bibliotecas
lunes, 23 de abril de 2012
Para un ambiente de lectura na escola
Vía Vilán coñecimos esta inciativa, á que xa a Biblioteca de Vide se adheríu:
Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), e na que temos a honra de participar, que nos fai reflexionar aos que a subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a ler. Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para iso dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación... Aínda que sempre oímos aquilo de “niso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos que dicir que hai moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademais, conségueno. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais relacionados coa lectura. O dito, propóñovos a súa lectura:

miércoles, 7 de marzo de 2012
A PROL DAS NENAS
Este é o nome dunha colección de contos creada por Adela Turín, unha muller pioneira en literatura infantil alternativa.
Dentro da colección destacan:
Arturo y Clementina.
Una feliz catástrofe.
Historia de los bonobos con gafas.
Rosa Caramelo
Adela Turín proponnos uns modelos de contos e situacións diferentes, tomando partido polas nenas.
En España foi editada esta colección por Lumen a partires do ano 1988, e hai uns anos volveu a reeditar, de todos os xeitos non é doado atopar algúns dos contos.
En Vide, Arturo e Clementina, son dúas tartarugas ben coñecidas, e en canto chega o bo tempo todos os anos nos achegamos ata A lagoa do Inferno, para ver si saudamos a Arturo, que Clementina hai anos que marchou a recorrer o mundo, de feito mandounos unha carta dende Venecia.
Este curso, polo 8 de marzo, imos traballar "Rosa Caramelo", para iso temos feita unha recopilación de recursos no noso blog Contos para ver e ler

libros,
recursos,
xénero
jueves, 1 de marzo de 2012
Día de Rosalía
Na Unitaria de Vide tamén celebramos o 24 de Febreiro o Día de Rosalía.

Falamos, recitamos poemas, fixemos un puzle coa súa fotografía, memorizamos un anaquiño do poema "Teño tres pitas brancas" e saímos a recoller mimosas para facer un ramiño que logo regalamos a cada unha das nais/pais xunto cun conto.

domingo, 11 de diciembre de 2011
10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
Etiquetas:
celebracións,
colaboración bibliotecas
lunes, 24 de octubre de 2011
Día das Bibliotecas e votación
E puxémonos a pensar: cal será o noso agasallo?
Logo de moito discutir vimos que iso de votar pode ser moi democrático pero pouco entendible para @s pequenos, sobre todo para os que vían como as súas ideas "perdían" unha e outra vez.
Así que decidimos que ganara:
A MAIORÍA,
A MINORIA
e a MEDIANÍA.
E tod@s contentísim@s saltando e berrando:
Ganamos, ganamos!!!!!!!
Como resultado, a nosa Biblioteca no "seu Día" tivo tres agasallos moi especiais:
1: Deixala "PRESIOSA"logo de revisar os andeis, ordenarlle os libros e deixalo tod
o ben limpiño- limpiño xa estaba antes, Alba-
2: Un maravilloso cartaz do Samaín que nos deu unha chea de traballo facer, cortando papeliños e pegando- isto non me gusta nada, Noa-
3: Uns deslumbrantes marcapáxinas/Samaín que plastificamos e todo- xa verás como se enfada condo vexa que o levamos para casa, Iago-
jueves, 24 de marzo de 2011
Don e Dona
Rematou a semana da poesía .
O poema de Helena Vilar Janeiro e Xesús Rábade: memorizado- nuns máis quw noutros-
Os libros de poesía na Biblioteca: identificados, localizados, ordenados.
LUGO,DONA LÚA, NOITE, DON GATO, RÍO....: traballadas.
O novo libro de Unitariadevide: feito, ilustrado, titulado, ordenado, escaneado, fotocopiado, cortado, editado....... xa somos profesionais!
? e !: traballado.
Promunciación CHE- de che soubo, e F- de frío, berce fondo- :non foi doado, non.
Búsqueda de imaxes en internet de LUGO,LÚA, NOITE, FRÍO, RÍO e posibles variacións- río Lugo luna- cantidÁ!!!!
Dramatización e recitado do poema: que ben o pasamos!
Grabación das voces: perfecto!!
E aquí deixamos o traballo feito que nos corre o tempo para seguir con Van Gogh.

Editorial Unitariadevide
lunes, 21 de marzo de 2011
Libros con Música
Esta semana, na Biblioteca é a semana dos libros con música,polo que son estes os libros que propoñemos para:

- levar prestados no "Conto de pola noite",
- ler na "Hora de ler"
- ordenar, revisar e reparar no "Obradoiro
Biblioteca"
- Contar e cantar na hora de "Escoitando"
E hoxe, que é o Día da Poesía, fixemos un cartaz coa pegatina dos
"Libros con Música", fomos á biblioteca a escoller libros con música
para levar á escola
na cesta de "A2 viaxeira", buscamos títulos e autor@s, poemas
curtos e longos, contamos versos, inventamos palabras rimadas, e
escollimos un poema para aprender de memoria:
Señora Dona Lúa, do poemario "Don e Dona", de Helena Vilar Janeiro e Xesús Rábade, publicado por Galaxia.
- Señora dona Lúa
ponte no prato
e que te pr
obe
o gato.
Don Gato Teixo,
a que c
he sou
bo a Lúa?
- A queixo
- Señora dona Lúa
ponte n
o río
a que t
e arrole
o frío
- Don Frío, berce
fondo,
onde levas á Lúa?
- Ó lombo.
lunes, 14 de febrero de 2011
Hei de estar alí
Preme para escoitar:
Non che prometo amor
falar do que non sei
mais se as mans che enfrían
hei de estar alí
Non sei dicir mentiras
falando de amor
mais se faltan as forzas
hei de estar alí
Preguntas polo amor
non me atrevo, non sei
mais se todos marchan
hei de estar alí
Queres falar de amor
que eu non sei dicir
mais se todos calan
hei de estar alí
Cantei coplas de amor
con palabras segredas
mais se ti mo pides
hei de estar alí
falar do que non sei
mais se as mans che enfrían
hei de estar alí
Non sei dicir mentiras
falando de amor
mais se faltan as forzas
hei de estar alí
Preguntas polo amor
non me atrevo, non sei
mais se todos marchan
hei de estar alí
Queres falar de amor
que eu non sei dicir
mais se todos calan
hei de estar alí
Cantei coplas de amor
con palabras segredas
mais se ti mo pides
hei de estar alí
Leilia. Madama.
Tradicional/ Arranxos: Xoán Porto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)