A excursión de fin de curso foi a Allariz.
Tiñamos tres visitas programadas:
O ecoespazo "O Rexo", coa granxa escola, a aula mediambiental e o paseo pola fraga pintada por Ibarrola.
A asociación Andrea, onde traballan con asnos en terapia para persoas discapacitadas.
A Exposición Internacional de Xardíns
e por suposto un paseo pola vila.
Como programamos a saída unha vez remataron as clases, as nenas e nenos da escola sempre poden ir acompañados das súas familias, irmáns, curmáns, avoa, pais.... e tamén o exalumnado.
E foi así que fomos unha chea de nenos e maiores que disfrutamos dun marabilloso día en Allariz, coas ovellas e os paseos pola mañán, no xantar á beira do Arnoia, cos burros e os xardíns pola tarde, pero sobre todo o que non esqueceremos foi a nosa experiencia na Asociación Andrea.
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
Mostrando entradas con la etiqueta saída. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saída. Mostrar todas las entradas
domingo, 29 de junio de 2014
viernes, 13 de junio de 2014
jueves, 5 de junio de 2014
Científic@s no Instituto de As Neves
Os científicos e científicas de Vide foron ata As Neves.
Tiñan unha cita cos científicos e científicas do Instituto de As Neves.
Visitaron á Biblioteca, onde había unha exposición de Libros de Ciencia, e o LABORATORIO.
Alí, participaron nun obrdoiro, onde @s "maiores" fixeron unha chea de experimentos asombrosos.
Unha mañán cientificamente perfecta.

jueves, 22 de mayo de 2014
Pan de Millo
Pan de Millo foi un dos agasallos de Nadal que a nosa Biblioteca recibíu. Gústanos moito de Migallas, o seu outro CD, tamén o temos na bibloteca: "Canta connosco", e este novo traballo encantounos. De todas as cantigas a nosa preferidas é: "A nosa abuela Manuela":
Pero o mellor de todo é que
Onte fomos ver actuar a Migallas coa obra de teatro "Pan de Millo"
no auditorio de As Neves!!!.
Que ben o pasamos!, e como non,cantamos
" Miña abuela Manuela, non hai outra coma elaaaa!"

jueves, 7 de noviembre de 2013
Teatro en Ourense
Fumos a Ourense a ver unha preciosa obra de teaatro: "Nuncabunga" de Elefante Elegante, obra ga
ñadora do premio "María Casares" ao mellor montaxe teatral. E non nos defraudou.
Pagou a pena a viaxe e os cartos- 200 euros- que tivemos que pagar pola viaxe ata Ourense.
Servíunos ademáis parar aprender de mapas, vehículos, ríos e encoros, así que, aproveitamos ben a saída.
Se non fora polos cartos haberíamos de facer mais, pero.....

jueves, 21 de marzo de 2013
Detectives primaverais
Tal parecía, pois despois de semanas de chuvia e nubes, o mércores chegou cun sol radiante anunciando a primavera.
Non podíamos desaproveitar a ocasión, así que collimos a cámara de fotos e saímos á procura de follas e flores nacendo nas árbores.
E xa postos a ser científicos/detectives escollimos unha planta con flores que abunda moito ao pé da escola, esta:
para levar a casa e investigar:
- Cal é o seu nome?
- é unha planta útil para........
preguntando a quen pode saber:
- familia, veciños..... ou en internet, como se encarga de recordarme Noa, e a quen rápido Iago apostilla:
- Ou nun libro!
Pois iso.
Etiquetas:
detectives herboristas,
primavera,
saída
lunes, 10 de diciembre de 2012
RecitandoCelsoemiliO
Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) achéganos unha proposta, a todos os centros educativos, para renderlle homenaxe pública:
O mércores, día 12 de decembro, ás 12 da mañán

O mércores, día 12 de decembro, ás 12 da mañán

- Un acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962).
- Un envío masivo a través das redes sociais do lema recitandocelsoemilio, acompañado do texto do poema Deitado fronte ao mar.
Nós, dende a Unitaria de Vide, súmamonos a esta homenaxe pública.
O mércores trasladarémonos nenos e nenas, nais, pais e mestra ata o IES Pazo da Mercé, en As Neves, e alí, cativos e maiores, uniremos as nosas voces nun recitado público.
Etiquetas:
colaboración bibliotecas,
saída
sábado, 30 de junio de 2012
Coas abellas
O martes 26 fomos en autobús a Apípolis en Pontevedra, e os nenos e nenas completaron o traballo feito no mes de xuño:
A comer fomos ata Cotorredondo, que a calor caia sobre nós como unha lousa.
Vestiron o traxe de abelleiros e foron atender ás abellas, cociñaron galletas con mel, elaboraron velas e comprenderon a importancia das abellas para os seres humanos e o medio no que vivimos.
As nais e demáis "acompañantes" aos obradoiros non fomos, pero a exposición e as salas recorrímolas todas con Sita, Estefanía e Mariló facendo de improvisadas monitoras.
As nais e demáis "acompañantes" aos obradoiros non fomos, pero a exposición e as salas recorrímolas todas con Sita, Estefanía e Mariló facendo de improvisadas monitoras.
A comer fomos ata Cotorredondo, que a calor caia sobre nós como unha lousa.
Pasamos a tarde á sombra, falando e xogando e regresamos a Vide.
Ata a acampada!
miércoles, 20 de junio de 2012
As abellas de Antón
Hoxe pola mañán fomos ata a casa de Antón, porque Antón ten abellas.
Acompañáronnos Ana e Mariló, as nais de Samara e Saúl.
O pai de Antón esperábanos para explicarnos como viven as abellas.
Explicounos como eran as colmeas, como se organizaban, como se recollía o mel... tocamos as colmeas, os paneis coa cera, a roupa do apicultor, o afumador... e logo achegámonos ás colmeas para ver como as abellas obreiras entraban e saían traballando.
E logo Edorta, o pai de Antón deunos a probar o mel.
Que mel tan rico!- dicíamos todos, e seguimos comendo os bocadillos que Edorta nos tiña preparado.
Como parecía que quería chover, démoslle as gracias ao pai de Antón e marchamos correndo de volta para a escola, que aínda había camiño que facer.
Cantas cousas aprendimos das abellas!
Gracias Edorta.

viernes, 15 de junio de 2012
Na Biblioteca Pública de Ribadavia
Na biblioteca pública de Ribadavia, paseamos polos seus distintos espacios- moi caladiños que había xente lendo e estudiando- e na sala de infantil, que Tereixa, a bibliotecaria, tiña preparada toda para nós, estivemos un montón de tempoe lendo, escoitando contos e falando. De esta biblioteca e da nosa, de como estaba organizada unha e outra, de libros e editorais..., e de espacios, que foi a única pega que lle atoparon. Un pouquiño escaso para a morea de nenos que o luns pola tarde a invadíu.
Cando marchabamos, Tereixa fixo saltar a todos de alegría: de agasallo un libro para cada un, e para a nosa biblioteca unha bolsa chea deles.
Que gusto da visitar unha biblioteca como esta, cunha bibliotecaria como Tereixa!
E logo, un paseo por Ribadavia, o seu castelo e o barrio xudeo, coas súas rúas estreitiñas e os soportais.
Merendamos no parque, xogamos un pouquiño e... a coller o tren de volta `para Vide!.
jueves, 14 de junio de 2012
Ribadavia
Para ir a Ribadavia preparámonos ben. Buscamos no OPAC Meiga da nosa biblioteca e atopamos dous libros: un dos Bolechas, "Os bolechas e a princesa de Ribadavia", e outro que traía moitas fotografías sobre a vila: "Ribadavia", da editorial Ir Indo.
Para saber máis buscamos información en internet e este foi o resultado:
domingo, 3 de junio de 2012
Visita a A Ponte
O venres tiñamos unha andaina: chegar ata a A Ponte- un lugar de Vide que leva o nome da ponte sobre o río Termes- para achegarnos a casa de Fina e Pepe.
Estabamos invitad@s a visitar o seu eido: casa, horta, xardín.... e tódolos animais: galiñas, canarios, periquitos e peixes.
Para andar o camiño viñeron con nós dous pais: Bruno e Jorge- logo aínda houbo unhas risas, a novedade- e Pepe e Fina portáronse como excepcionais anfitrións, respondendo a todas as preguntas- infinitas- dos nenos , agasallándoos cunha merenda IM presionante e invitándonos a regresar cando queiramos.
Para rematar,sentados á sombra das árbores, limos o conto que levabamos na mochila dos libros: "El caballero y el dragón", de Jane Clarke, editorial SM, e emprendimos o camiño de volta á escola. Magoa que este curso o tempo non nos deixara facer moitas "visitas".

domingo, 20 de mayo de 2012
Visitantes e Coelliño Branco
Viñeron de visita os nenos e nenas das escolas Unitarias de Rubiós e Taboexa coas súas mestras e nós estabámolos agardando con todo disposto:
- A Biblioteca vestida de gala.
- Un obradoiro preparado: "Un coelliño na Biblioteca"
- Unha obra de teatro que levábamos ensaiando UN MES! : O coelliño branco.
- Unha película: Kirikú e a bruxa.
e unha excursión coa merenda ata a carballeira de A Chan de Vide.
Como fixo moi bo día decidimos levar ao "Coelliño Branco" ata a carballeira de A Chan, para que así tamén os pais, nais e avoas poideran quedar abraiados co espectáculo.
Foi un día que soubo a pouco, a todos, aos nenos e nenas e as mestras, que disfrutamos
de poder traballar xuntas co noso alumnado compartindo recursos. O curso que ven ímolo repetir máis veces. Paga a pena o esforzo.
martes, 13 de marzo de 2012
Paxaros
Noa víñanos pedindo dende había varios días que foramos ata a súa casa, que tiña POMBAS DA PAZ.
Bea, a súa nai, propúxonos unha pequena excursión: ir ata Mirenciños, visitar a finca de José de Anselmo, que ten moitos paxaros nunhas enormes gaiolas, e logo ir ata o "campo do cego" onde ela nos invitaría a un pequeno almorzo e poderíamos ver as pombas de Noa.
Meu dito meu feito. O venres alá fomos.
Quedamos abraiadas ao ver as gaiolas de Pepe, pero tamén cos coellos e o loro que tiña María do Farruco, a súa veciña. Na casa de Noa comprobamos que si, eran pombas da paz- igualiñas igualiñas que as que pintamos nós, dixeron todos os nenos- e de remate churros, empanada e galdrumadas variadas, que fixeramos un longo camiño e tiñamos que alimentarnos.
Moitas gracias Bea.
E gracias a Rocío a nai de Alba, esta vez temos un video "pequeniño" de cando saiamos da escola para comenzar a excursión.
Aquí esta:

jueves, 2 de junio de 2011
facer o pan e bibliotecas
Tiñamos cita na EFA A Cancela para facer o pan. Ensináronnos a facelo as alumnas doo Ciclo Formativo de Panadería e Repostería e fixémolo. Pan con forma de sol, de tartaruga, de letras.... e levámolo para casa coa
receta:
1 k. de fairña20 gr. de sal
5 dl. de auga.
40 gr. de levadura
¿Como se fai?
- Peneriamos a fariña na mesa.
- Dámoslle forma de volcán.
- Engadímoslle todos os ingredientes dentro do volcán menos a auga.
- Imos botando a auga moi amodiño mentras imos remexendo ata ter unha masa unida.
- Amasamos moi ben coas mans.
- Deixase repousar a masa, dividímola e dámoslle forma para o pan.
- Cocemos a 220º.
Nós fixémolo así e comimos un pan delicioso.

Pero como de volta tiñamos que pasar por diante no IES Pazo da Mercé aproveitamos para visitar a súa Biblioteca. Unha biblioteca de "grandes". Chegamos na hora do recreo e foi toda nosa.
- Profe, van polos números como na nosa.
- Mira, mira aquí está o 7.
- Eu quero un libro do 5.
..... e así seguiron mentras a recorrían.
Logo, xa experimentados "visitadores" axiña pediron libros e todos serios sentárose nas mesas a ler.
viernes, 27 de mayo de 2011
Biblioteca Pública de As Neves

As nais/pais taxi levaron aos nenos e nenas da escola de Vide ata As Neves, pois hoxe tocaba visitar a Biblioteca Pública. Como pola mañán non está aberta ao público abríronna só para nós.
O que má
is lles chocou aos nenos e nenas foi sobre todo non poder coller os libros da zona de infantil libremente, pois ao estar ordenados correlativamente segundo o número que aparecía no "tejuelo" era moi complicado para eles repoñelos.Logo de ler un conto visitamos o concello e buscamos un lugar onde pegar o cartaz que tiñamos feito anunciando o fiadeiro.
miércoles, 6 de abril de 2011
Biblioteca Pública de Salvaterra
A Biblioteca Pública de Salvaterra de Miño sabíamos que tiña unha Biblioteca Infantil, de aí o noso interés en visitala como actividade dun "Mercoresdadúas".Alá fomos coas nais-taxi vinte nen@s de todas as idades - o maior de nove anos- e nove nais da Comisión de Biblioteca.
A mágoa foi atopar que o espacio adicado- independente da "outra " Biblioteca, amplio e ben iluminado- é tamén o lugar onde se imparten clases de Musica e Movemento para nen@s pequenos, o que determina o seu uso, e os libros infantís atópanse nos andeis sen orden nen concerto.
Ao remate, fixemos unha "posta en común" na que tod@s os nenos e nenas interviron con ideas moi claras e sinxelas:
- Había que buscar outro lugar para a clase de música.
- Avisar aos nen@s que os libros hai que colocalos "dereitos, de canto e no seu sitio".
- Pero antes teñen que poñer uns libros nun andel, outros noutro, según de que tratan para que os nenos e as nenas saiban onde buscar e así xa non desordenan tanto.
- E tamén teñen que ter libros bonitos.
- E .....e.....
E Marta, a pequena, non se cansaba de repetir:
- Pofe, dilles que NON se pode correr na Biblioteca!!!!
A tarde era dunha calor insoportable, pero Salavaterra ten un parque magnífico á beira do Miño: o parque de A Canuda, onde merendamos e os nen@s xogaron incansables e felices.

viernes, 14 de enero de 2011
Botar pola porta para fóra
Por fin parou de chover!
O sol, o sol, imos para fóra!,dixer@n @s nen@s.
E marchamos a dar unha volta.
Atopamos ao señor Franco podando as viñas e paramos onda el. Explicounos que as viñas hai que podalas para que dean bo viño e como logo hai que atar a videira con vimbios,para que o vento non rompa os gromos novos. Seguimos o camiño buscando viñas podadas e viñas sen
Pasamos logo a ver o "noso castiñeiro". Na derradeira visita apañaramos as castañas para o magosto. Agora estaba
Pero a laranxeira estaba chea de follas e laranxas.-O inverno non lle fai nada, aguanta coma os piñeiros- dixo Mateo.
E buscamos arbores que "aguantaban" e que non.O loureiro aguantaba as follas pero Sebas dixo:
-Isto cheira!- Tamén cheira o que hai onda a casa da Teresa, pero non é coma este- dixo Mateo.
Fomos entón averigu
Ao entrar na escola dixo Javi:
- Botamos pola porta para fóra e aprendimos moitas cousas, verdade profe?.
Certo.Tan só con botar pola porta para fóra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)