Mostrando entradas con la etiqueta xaimeaslandras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xaimeaslandras. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Xaime fíxose vello

Seguimos co noso traballo do conto "Xaime e as landras", que xa vai moi avanzado:

Xa sabemos que Xaime non se rendeu, que seguíu plantando landras ata que conseguíu que unha delas se convertese nun FERMOSO CARBALLO onde aniñaban os paxaros e Xaime e os seus amigos podían sentarse a falar  na súa sombra.
Claro que como ben dixo Brandán, no entanto fíxose velliño e a súa familia tiña que cuidalo, a el, ao seu can e as súas galiñas.
- E porque sabes que tiña galiñas? dixo Daniela.
- Pois porque os avós teñen galiñas.
- Pero as galiñas pode matalas e comelas, porfía Daniela.
- Claro, e queda soliño de todo, sin nada que facer pola mañán!
- hhhhhh?
- Pola mañán ten que ir abrir as galiñas e botarlle o millo!
- hhhhhh?
- Que se aburre sen nada que facer todo o díiiiaaaaaaaaaaa!
- Pois si non ten galiñas hai que ir xogar con el, e contarlle un conto- Raul.
- Ou pode ir plantar landras- Ruth.
- Iso si- Brandán.

E chegadoso a este punto seguiron a facer a "ficha".


miércoles, 26 de noviembre de 2014

Animais, landras e carballos

Nós xa sabíamos que aos cabalos lles gustan os gromos dos carballos pequenos, porque baixaron do monte, entraron no comunal, onde se plantaran carballos logo dos incendios de hai uns anos e.....

Comeron e comeron, estragando a meirande parte do plantado, asi que  non nos extrañou que o carballiño que gromou da landra que plantou Xaime tamén se estragara porque o pisou un cabalo.

Pero como Xaime seguíu plantando ladras, hoxe puxemos un pouco de orden, para poder contalo ben:

1ª LANDRA: non gromou. Levouna un ESQUÍO.
2ª LANDRA: groumou pero... Pisouna un CABALO.
3ª LANDRA: gromou, medrou un carballo pero.... Comeuno unha CABUXA

Haberá outro xeito de organizar o que imos sabendo?
Mañán investigaremos, mentras, seguimos traballando.

















domingo, 23 de noviembre de 2014

Xaime e as landras. De ler

Esta adaptación do conto  permítenos a lectura colectiva - vía pizarra dixital- ao telo pasado a maiúsculas significando  as palabras  máis repetidas:

Polo agora , ademáis de XAIME, LANDRAS e CARBALLO, quedámonos cos animais- cantos haberá ?- sobre todo porque algúns deles sonche ben complicados, senón mira ESQUÍO.



Ademáis premendo na imaxe,  tamén podemos xogar , vía Graxaltic infantil cun Lim con actividades :





miércoles, 19 de noviembre de 2014

O carballo nas botas

Dende que estivo na nosa escola, hai anos, o contacontos Anxo Moure, as botas e zapatos vellos teñen unha nova  utilidade: servir de alcoube para  landras e castañas.

 Asi que cando pensamos en facer como Xaime, o neno do conto, e sementar as landras, decidimos facelo nas  botas vellas que tiñamos gardadas do ano pasado, para que cando agromen, ter outra vez "carballos con botas"











martes, 18 de noviembre de 2014

Landras

Coas landras que apañamos andivemos de "matexogos" . Había que escoller as mellores para plantar, e de paso contamos, sumanos e quitamos.... e logo de xogar,
como non chovía fomos correndo ata o carballo de Isabel a facerlle unha visita e tocar a súa pel rugosa, comprobar as ondas das súas follas, e contarlle que as súas landras , cando agromen,  ímolas plantar no baldío, onde os cabalos que baixaron do monte comeron os carballiños que xa estaban medrando na plantación que fixo hai tres anos a Comunidade de Montes.

Logo na escola limos o conto e escoitámolo no video que fixeron os nenos e nenas do CRA de Bergondo








lunes, 17 de noviembre de 2014

Xaime e as landras

"Xaime e as landras",Tim Bowley e Inés Vilpi, editado por Kalandraka , vai ser o noso proxecto de traballo, porque nós como Xaime imos plantar landras, e os carballos que agromen delas plantarémolos no baldío.

Escollimos este conto da biblioteca e mais "O carballo" de Calros Silvar, editado en Baía





Xa temos as landras recolectadas do carballo de Isabel, a nosa veciña. Un carballo ENORME e moi san , na beira do camiño que vai á escola e que enche o chan de landras .