jueves, 21 de marzo de 2013

Detectives primaverais

"O mércores enterouse de que chegara a primavera e botou fora as nubes para que entrara o sol polo ceo adiante"- versión de Uxúe logo de ir ver o ceo para o calendario-

Tal parecía, pois despois de semanas de chuvia e nubes, o mércores chegou cun sol radiante anunciando a primavera.

Non podíamos desaproveitar a ocasión, así que collimos a cámara de fotos e saímos á procura de follas  e flores nacendo nas árbores.


E xa postos a ser científicos/detectives escollimos unha planta con flores que abunda moito ao pé da escola, esta:

para levar a casa e investigar:

- Cal é o seu nome?
- é unha planta útil para........

preguntando a quen pode saber:

- familia, veciños..... ou  en internet, como se encarga de recordarme Noa, e a quen rápido Iago apostilla:

- Ou nun libro!
Pois iso.








Seguindo con Paul Klee

O martes, repasamos o que sabíamos de Paul Klee e chegou a seguinte pregunta:
 ¿Queremos saber algo máis de este pintor ?
 Choveron as preguntas, que fun apuntando no encerado dixital:


Aínda non terminara de escribir e xa Iago dicía:
- Hai un libro na biblioteca. Está no "7", que o vin eu onte. Hai que ir buscalo.
- Buscamos en internet- dicía Noa.
Decidimos consultar no OPAC, para comprobar o do libro e
efectivamente, alí estaba:

"Descubriendo el mundo mágico de Paul Klee", editorial Océano.

Iago foi buscalo e  a min tocoume comenzar a ler.

Enseguida atopamos algunhas respostas.
Escribímolas:



Ao remate:
- Podemos xogar outra vez coa construcción a facer casas?. Si
- Podemos pintar en vez de xogar? Tamén.
- Eu podo ver o libro? Podes.
- Eu voulle ensinar "aos pequenos" a escribir. Vale.....

.... e logo , a comer o bocadillo, que mañán será outro día.

miércoles, 20 de marzo de 2013

As casas de Paul Klee

Seguindo coas CASAS, como estamos en "Marzo pintando", na pizarra dixital apareceron dous cadros con
casas:


 

Expliquei que o pintor se chamaba "Pol Kle" pero que se escribía PAUL KLEE, e foi o primeiro que fixemos: aprender a escribir o seu nome, que por si fora pouco tiña unha letra "interesante"- opinión de Noa- , o K.
O cadro da "Casa voadora" non gustou, pero non pasou o mesmo con "Castelo e sol" que pasou a chamarse por decisión maioritaria:
"Moitas casas  xuntas e o sol laranxa", e como tiñamos pezas de madeira "igualiñas, igualiñas" puxémonos mans a obra e xogamos a construír cadros "igualiños , igualiños"

Logo, preguntei:

Que sabemos de Paul Klee?

contestación:

-  sabemos escribir o seu  nome.
- que era un pintor.
- que lle gustaban os colorines.
- que pintaba casas.




e como xa era hora, recollimos todo para seguir mañan, e dicir martes.







martes, 12 de marzo de 2013

Xogando coas Sumas: Recursos

Xogar coas sumas é divertido, sobre todo se xogamos xuntos:
preme na imaxe a
.....a xogaaar!



lunes, 11 de marzo de 2013

Video de Rosalía

Xa temos a "proba documental" do recitado do poema de Rosalía no Instituto de As Neves, gracias ao "Equipazo" de Normalizaicón Lingüística.
Gracias, gracias, gracias.