![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgcKMiRm0JTmmVthW7LwWzQpObA7OaO4-EbPdMg-3tynofeBOIQfvY5q-1AANr8ge50augpdbNTbyTqVQ_LoaH9nRcTnOdYv7VTtqbYorBeEUUnCnZopyZg_Aonqyw0FP8VYCghEcl1OLo/s200/SAM_4997.JPG)
Na noite do xoves ao venres, 17 de maio, tal como quedaramos ,celebramos na Biblioteca a
"Noite das Letras Galegas". Practicamente todos os nenos e nenas da aldea entre 9 e 12 anos acudiron- faltaron Yoel, Noemi e Laura que viaxaran a Portugal- e foi unha noite memorable.
A bibliotecaria, andaba "preocupadiña" porque as espectativas da "comisión" eran tantas, que tiña medo que se levasen un chasco, pero conforme ía andando a noite decatouse que era imposible o chasco, porque a alegría e ganas de participar que traían, non podía ser cortada por ninguén: respondían a TODAS as propostas da actividades con un "veña a por outra!" rían , falaban e xogaban, facíanse bromas, pedían máis actividades.... outro ensaio máis!!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhRLSYjuwPVI8Ns2wlsjfVtqQQCcHUn69qyznD2GaShBJtBZ1Ys3orIyOz1jeZMsT4-4pm966VWhcs0dSV9ZaFhHreNz2RnwIoDuMt4GW8zIyMXLDkv1vAas3VpFGl557Piifntb2auubQ/s200/SAM_5004.JPG)
Tiñamos unha pequena obra de teatro para traballar: "Os ratos", adaptación propia, e unha achega de Paqui, a pandereteira: "Touporroutou da Lúa e do Sol" de Vidal Bolaño, adaptación para teatro escolar.
E foi un exitazo iso de converterse en actores, tanto, que foi a actividade que máis tempo nos ocupou da noite, pero tamén xogamos na PDI cos
recursos que tiñamos seleccionado, escoitamos música, ceamos, falamos e a iso das tres da mañán fómos durmir - aínda que houbo quen quedou falando ata as "tantas".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi-bfsky-OKAOfMt15JKWaQX_W_HbrGoDVQib20Sq2VwrNKPjYhLAz0g4n8Yl1ZhhK2gB4m03_QiItaE6Ykvv8VZzKzV-p8mieBZVhLKJ6vkZMoBYq2FhGvFVUlfWCWJoeRMNxob1Hu-Vc/s200/SAM_5009.JPG)
Pola mañán o almorzo, caras legañosas, bromas, sorrisos, ganas de repetir.... e unha cita:
o mércores pola tarde ás 6, para preparar o estreno da obra de teatro.