![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhdaYx2AcGhVqECfNGrCP62070eayMeP9wzMGrKPG8pQErfClbtXsuM6t5XwI1jfhExpF7qO7bYlTKuo9Vqk-XGZM50i5Mh54iSyw2lwq-6MiyIgHwUJEiREQTr7P84rMKlioW3N1o9K3E/s200/P1130802.JPG)
Por fin parou de chover!
O sol, o sol, imos para fóra!,dixer@n @s nen@s.
E marchamos a dar unha volta.
Atopamos ao señor Franco podando as viñas e paramos onda el. Explicounos que as viñas hai que podalas para que dean bo viño e como logo hai que atar a videira con vimbios,para que o vento non rompa os gromos novos. Seguimos o camiño buscando viñas podadas e viñas sen
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjKFyXj64Y0WC-_OyD7QJO38J8_m5ry1i4fpMY_TdiLCZFtUM3NzLjVrICy3alRo6m2mEhRM0KJHEu6NX8xVyxjmAZ_rHZpfNJqqXC9SAadxCUH5gOy_Hf4TCmjj1wCl97XttFQbkKRWmc/s200/P1130796.JPG)
podar.
Pasamos logo a ver o "noso castiñeiro". Na derradeira visita apañaramos as castañas para o magosto. Agora estaba
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhpYzkLWB4ovz9hEWNtcPdTxNtbN32B9mx_jRGNeiTTaAK4M5Z4w58ehs_f5IaJJxKD8R11NJ-5eVfwUIsfrnqGr76AC3uIstzl5t9mavt3ijUWiFtBhQBfVJ65fe1QTPomiw6tlLLHNPY/s200/P1130798.JPG)
baleiro, sen ningunha folla.O mesmo acontecera co "noso" carballo e coa "nosa" nogueira.¿Que pasou? Foi o inverno que chegou!!!!
Pero a laranxeira estaba chea de follas e laranxas.-O inverno non lle fai nada, aguanta coma os piñeiros- dixo Mateo.
E buscamos arbores que "aguantaban" e que non.O loureiro aguantaba as follas pero Sebas dixo:
-Isto cheira!- Tamén cheira o que hai onda a casa da Teresa, pero non é coma este- dixo Mateo.
Fomos entón averigu
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhZCpaUM9rarCzIE2l5byF44Nh4aNVgNOu5tO6XzgaWEt5k8dF45UxRm7OyooJuNgUtEVogj0AYBz0KORogHCOJG2ImmX_aDJzw1cJp6hWL7KL5-fItZY9jpWjaw-N6v7E6p8J66sbBY1Q/s200/P1130804.JPG)
ar si era certo. Era o romeu.E Teresa levounos onda Maruja, que tiña ruda- agg que mal cheira!- e melisa que cheiraba a limón.Era hora de volver pero antes saudamos ao cabalo de Isabel e aínda Marta colleu frores amarelas.
Ao entrar na escola dixo Javi:
- Botamos pola porta para fóra e aprendimos moitas cousas, verdade profe?.
Certo.Tan só con botar pola porta para fóra.