jueves, 28 de abril de 2011

Festa Bibliotecaria

Festa na Casa da Auga. Pero era unha festa Bibliotecaria presidida por un enorme cartaz que anunciaba:

BIBLIOTECA A2 DA CASA DA AUGA
SALA DE INFORMÁTICA E INTERNET

Porque por fin chegou internet á Casa da Auga e ás dúas salas "de arriba" logo dun traballo de "restauración, chapa e pintura" convertéronse:

- Na Biblioteca A2 da Casa da Auga, cunha colección de cerca de 300 novelas para adultos e xóvenes en servicio de préstamo, libros de consulta en sala e unha pequena mostra de libros de información que estamos dispost@s a ampliar coas vosas suxerencias.

- Na Sala de informática e internet con 5 ordenadores con acceso a internet.

Esta sección da Biblioteca A2 abrirase todos os mércores de 7 a 8 do serán e os domingos pola tarde de 6 a 8.

Comprendemos que estedes abraiad@s, sobre todo se estivestes hoxe na Casa da Auga e pudestes disfrutar dos petiscos escoitando "@s magnífic@s gaiteir@s e percusionistas" da Escola de Música de As Neves.

Esperámosvos o mércores.
¿Que vos parece?



martes, 26 de abril de 2011

Casa da Auga de Vide e Biblioteca A2



A Biblioteca A2 na Casa da Auga xa está lista para ser "reinaugaurada", non adianto nada, pero quen se achegue o xoves ás 7 da tarde ata a Casa da Auga non vai dar creto. Só diciros que as da Comisión de Biblioteca levan dous meses catalogando e preparando libros, Fabiola e Cia outro tanto de xestións e contactos "informáticos" e que "Juan o da Nati" reconverteuse en "carpinteirototal"

lunes, 11 de abril de 2011

Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas


Xa hai cinco anos que a Biblioteca da Escola Unitaria de Vide participa do PLAMBE, e o venres pasado en Santiago asistín aos Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares. Un espacio de formación e encontro que esperamos cada ano para compartir experiencias, aprender coas compañeiras e compañeiros das outras bibliotecas e reflexionar sobre o noso traballo escoitando esta vez a Mónica Baró e Teresa Mañá falándonos da avaliación.
Traio de Santiago unha maleta chea de ideas e ganas renovadas de continuar o traballo que comenzamos na Biblioteca A2 o grupo de mulleres que nos chamamos "Comisión de Bilioteca"
Gracias a elas, por seguir acompañándome, e gracias a Pilar e Cristina, as "asesoras" por ser quen de ano tras ano organizar de xeito tan magnífico uns Encontros que nos serven de alimento.
E gracias a Loly,a Emilio a Isa.... que nunca esquecen a "documentación gráfica".

Para ter acceso aos materias dos Encontros preme aquí, e entra como convitad@.

jueves, 7 de abril de 2011

Vexo vexo


Estaban @s nen@s a xogar ao "vexo vexo" e apandaba Irene:

- Vexo vexo.
- Que ves?.
- Unha cousa.-
- Que cousa é?
- Unha cousa que empeza por.....BE!
- Bota.
- Nooon!
- Balón.
- Nooon!
- Beso.
- Nooon.
- Pedimos papas.
- VERO!!!!!
Entón Javi dille:

- Non vale!, non vale!!!. Vero empeza por UVE.
Irene achega a súa cara á de Javi e vocalizando di:
- Dixen VE,VE VEROOOO, non dixen U U U U VEEERO.

Javi quedou calado, e u fíxenme invisible.

miércoles, 6 de abril de 2011

Biblioteca Pública de Salvaterra



A Biblioteca Pública de Salvaterra de Miño sabíamos que tiña unha Biblioteca Infantil, de aí o noso interés en visitala como actividade dun "Mercoresdadúas".
Alá fomos coas nais-taxi vinte nen@s de todas as idades - o maior de nove anos- e nove nais da Comisión de Biblioteca.
A mágoa foi atopar que o espacio adicado- independente da "outra " Biblioteca, amplio e ben iluminado- é tamén o lugar onde se imparten clases de Musica e Movemento para nen@s pequenos, o que determina o seu uso, e os libros infantís atópanse nos andeis sen orden nen concerto.

Ao remate, fixemos unha "posta en común" na que tod@s os nenos e nenas interviron con ideas moi claras e sinxelas:
- Había que buscar outro lugar para a clase de música.
- Avisar aos nen@s que os libros hai que colocalos "dereitos, de canto e no seu sitio".
- Pero antes teñen que poñer uns libros nun andel, outros noutro, según de que tratan para que os nenos e as nenas saiban onde buscar e así xa non desordenan tanto.
- E tamén teñen que ter libros bonitos.
- E .....e.....

E Marta, a pequena, non se cansaba de repetir:
- Pofe, dilles que NON se pode correr na Biblioteca!!!!

A tarde era dunha calor insoportable, pero Salavaterra ten un parque magnífico á beira do Miño: o parque de A Canuda, onde merendamos e os nen@s xogaron incansables e felices.





domingo, 3 de abril de 2011

Libro para Van Gogh

Está rematado o libro para Van Gogh. Fixémolo recollendo o traballo de todos os nenos e nenas da escola. O luns regalarémosllo a A Dúas, e tamén levarémolo de regalo para casa.

Xa rematou En Marzo Pintando, e agora comenzamos: Salvando un Libro en Abril.