Mostrando entradas con la etiqueta mercoresdadúas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mercoresdadúas. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de marzo de 2015

O libro das receitas


No mércores da dúas os nenos e nenas aprenderon a ser editores preparando un libro coas receitas do proxecto "Ciencias na cociña" que na escola viñamos traballando dende o mes de decembro.O libro leva no final follas en blanco para que cada quen lle poda ir incorporando as "súas receitas"
Quedou la mar de ben .
E todos e todas marcharon para casa co seu libro, para seguilo compretando.





miércoles, 18 de junio de 2014

Tarde de festa

Como todos anos, co aguinaldo recollido cantando os Reis en Vide e As Neves, facemos unha festa con hinchables e unha merenda chegando o fin de curso.
Esta vez, como viña una semana de moita calor, decidimos facer a festa en A Chan de Vide cun hinchable enooorme que tiña unha piscina e auga para todos os participantes. Menuda festa de nenos e nenas molladas ! E menos mal que logo había merenda, porque de tanta natación todos os nenos e nenas estaban mortos de fame. Non quedou nadiña!






miércoles, 29 de mayo de 2013

Cine da Dúas

Hoxe, nos mércores da Dúas, houbo cine  e obradoiro.
Mentras os máis pequenos disfrutaban con Ice Age 4, os maiores pintaron cartaces para anunciar o Fiadeiro .
Unha boa tarde de traballo e lecer na Biblioteca.




iores pintaron cartaces para anunciar o Fiadeiro .
Unha boa tarde de traballo e lecer.

jueves, 25 de abril de 2013

Na lagoa do Inferno

Onte pola tarde- unha preciosa tarde de primavera- fomos de "paseo con libro", ata  a lagoa de Medáns, tamén coñecida como a "lagoa do Ollo do Inferno" ou "lagoa dos Sapoconchos".
O libro para ler era, como non, "Arturo e Clementina" e volvimos a escoitar as lendas que falan das campás perdidas.

Unha magoa comprobar como os accesos á lagoa estaban tan cheos de maleza que ata impedían achegarnos a ela, e por suposto, albiscar aos sapoconchos.

Pero aínda así foi unha moi boa tarde, que repetiremos outro mércores aproveitando o bo tempo.

Paseos con libro: o Ollo do Inferno on PhotoPeach

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Mércoresdadúas

Pola tarde na escola non entraba nin unha agulla.
Nenos e nenas pequenos e grandes, nais, pais, avoas... e ata algunha tía. Tod@s dispostos a ensaiar os cantos que levaremos cando no Nadal vaiamos cantar os Reis pedindo o aghinaldo polas casas da parroquia.

E cantamos, tocamos coas pandeiretas e as piñas- menudo invento- e eu tan entusiasmada estaba que esquecín " o documento gráfico", e iso que tiña a cámara de fotos preparada.
Logo as 7 fun á "Casa da Auga" para abrir a "Biblioteca da Dúas na Casa da Auga" e atopeime que Fabiola xa se encargara ela de abrir e tódolos ordenadores estaban ocupados con xente traballando.

Hai días que todo sae ben.

Deixo aquí a letra da cantiga nova deste ano. Un arreglo "creativo" dun texto que atopamos:


OS TRES CAMELOS

Os tres camelos dos reis
ao chegaren a Galicia
como non viron deserto
morrían os tres de risa

E ao veren tanta auga
nos regatos e nas rías
Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!

Melchor tocaba unha gaita
Baltasar un tamboril
o Gaspar que non é músico
alumea cun candil

Os camelos coa risa
montaron tal foliada
que saíu a xante fora
para ver o que pasaba.

Entón dixeronlle os reis
á xentiña do lugar:
deannos o aguinaldo
porque lles vimos cantar.

miércoles, 6 de abril de 2011

Biblioteca Pública de Salvaterra



A Biblioteca Pública de Salvaterra de Miño sabíamos que tiña unha Biblioteca Infantil, de aí o noso interés en visitala como actividade dun "Mercoresdadúas".
Alá fomos coas nais-taxi vinte nen@s de todas as idades - o maior de nove anos- e nove nais da Comisión de Biblioteca.
A mágoa foi atopar que o espacio adicado- independente da "outra " Biblioteca, amplio e ben iluminado- é tamén o lugar onde se imparten clases de Musica e Movemento para nen@s pequenos, o que determina o seu uso, e os libros infantís atópanse nos andeis sen orden nen concerto.

Ao remate, fixemos unha "posta en común" na que tod@s os nenos e nenas interviron con ideas moi claras e sinxelas:
- Había que buscar outro lugar para a clase de música.
- Avisar aos nen@s que os libros hai que colocalos "dereitos, de canto e no seu sitio".
- Pero antes teñen que poñer uns libros nun andel, outros noutro, según de que tratan para que os nenos e as nenas saiban onde buscar e así xa non desordenan tanto.
- E tamén teñen que ter libros bonitos.
- E .....e.....

E Marta, a pequena, non se cansaba de repetir:
- Pofe, dilles que NON se pode correr na Biblioteca!!!!

A tarde era dunha calor insoportable, pero Salavaterra ten un parque magnífico á beira do Miño: o parque de A Canuda, onde merendamos e os nen@s xogaron incansables e felices.





miércoles, 30 de marzo de 2011

Mercoresdaduas

Hoxe, coa festa "Dous por unha" inauguramos os "mercoresdaduas".
Como esperamos que chegue o bo tempo , será o día que sacaremos a Biblioteca para fora: paseos con libro, visitas a bibliotecas públicas- xa temos amañado un servicio de nais-taxi para viaxar- actividades na Biblioteca A2 da Casa da Auga....., en fin que esperamos disfrutar, nós e os nen@s de Vide cos libros, coa
música, coas películas e con todas as posibilidades que nos ofrece a Biblioteca.

E foi un bo comenzo. Laura foi a "contacontos" e @s maís pequenos escoitaron prendados dela o conto de "O coelliño" mentras os maiores traballaban no obradoiro de Van Gogh construíndo un cadro-caixa de "Os xirasoles" , logo víu a tarta e as galdrumadas para rematar facéndose fotos de recordo no cadro- tamén a Comisión-

Díxenlles que ían sair no blog, e aquí están.



martes, 29 de marzo de 2011

Dous por unha


Como inauguramos a Biblioteca A2 un 30 de marzo, o día do nacemento de Van Gogh, todos os anos cando chega esta data, celebramos DOUS POR UN, ou UN POR DOUS, é dicir:
celebramos o cumpreanos da Biblioteca plantando xirasoles, contando sobre Van Gogh , facendo un obradoiro, xogando a encontrar libros de arte e pintores no 7.......

Con estes ingredientes máis unha tarta e unhas galdrumadas, todos os anos organizamos unha boa festiña de cumpreanos .

Estades invitad@s.