Hoxe, Día Internacional contra a violencia sobre a muller, e con máis de sesenta mulleres asasiñadas só en España no que vai de ano polo seu cónxugue ou ex-cónxugue, vemos xa que as campañas de sensibilización comenzan a dirixirse non só as mulleres que sofren a violencia, senón e tamén, ao protagonista desta lacra social: o home que exerce esa violencia , na procura do seu rexeitamento social. Un exemplo vémolo estes días na campaña institucional "Contra o maltratador tarxecta roxa".
Teremos XA que, sen subterfuxios, expulsar do campo de xogo social aos homes que se sinten co dereito de exercer violencia contra as mulleres, e en especial contra a "SÚA" muller.Hai uns anos escoitaba a un home- con condena por malostratos- queixarse moi alporizado de que "pola culpa da súa muller", un compañeiro da obra lle retirara a palabra e cambiaba de sitio na hora do bocadillo por non sentarse ao seu carón. Sigo pensando que si tod@s nos comportaramos como "aquel compañeiro" tiñamos dado un paso de xigante contra a violencia de xénero.
Pero é que tamén xa é hora de identificar, visibilizar e dicir "BASTA" as "microviolencias"- os micromachismos dos que fala Luis Bonino- e que son o primeiro peldaño desa longa escaleira que nalgúns casos remata na violencia extrema, no asasiñato dunha muller .
Como di Bonino: ¿Que pasa con ese home- progre, intelixente e encantador- que traballa fora de casa como a súa parella e non se corresponsabiliza das tarefas domésticas pero di que "axuda"?
Microviolencias......Micromachismos.... tan integrados na nosa vida cotiá que non son visibles as máis das veces nen por nós mesmas.
As escolas galegas, a través dos seus blogs non esquecen neste día pronunciarse. Podemos acceder a través desta recopilación de Trafegando Ronseis