miércoles, 10 de diciembre de 2014

Xaime fíxose vello

Seguimos co noso traballo do conto "Xaime e as landras", que xa vai moi avanzado:

Xa sabemos que Xaime non se rendeu, que seguíu plantando landras ata que conseguíu que unha delas se convertese nun FERMOSO CARBALLO onde aniñaban os paxaros e Xaime e os seus amigos podían sentarse a falar  na súa sombra.
Claro que como ben dixo Brandán, no entanto fíxose velliño e a súa familia tiña que cuidalo, a el, ao seu can e as súas galiñas.
- E porque sabes que tiña galiñas? dixo Daniela.
- Pois porque os avós teñen galiñas.
- Pero as galiñas pode matalas e comelas, porfía Daniela.
- Claro, e queda soliño de todo, sin nada que facer pola mañán!
- hhhhhh?
- Pola mañán ten que ir abrir as galiñas e botarlle o millo!
- hhhhhh?
- Que se aburre sen nada que facer todo o díiiiaaaaaaaaaaa!
- Pois si non ten galiñas hai que ir xogar con el, e contarlle un conto- Raul.
- Ou pode ir plantar landras- Ruth.
- Iso si- Brandán.

E chegadoso a este punto seguiron a facer a "ficha".


lunes, 8 de diciembre de 2014

Cantares de Reis

Os venres pola tarde ensaiamos os cantos cos que recorreremos Vide e As Neves os días 2 e 3 de Xaneiro.

"As Xaneiras", Panxoliña de Cadrón", os "Reis de Rinlo" e "Ollando pro ceo", son os éxitos deste ano. De seguro que recolleremos un bo aguinado porque cantar, cantamos DIVIINO!



E por si alguén quere aprender unha "nova", non deixedes de cantar e baillar esta panxoliña  de Chouteira: "O cometido"



miércoles, 3 de diciembre de 2014

Sabela e as zocas máxicas

Seguindo cos libros de ciencias en galego para pequenos, que aínda que poucos, hainos e moi bos, aquí temos unha magnífica proposta de agasallo de Nadal:

"Sabela e as zocas máxicas", que tamén podemos atopar na biblioteca.
Está publicado Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro dos recursos didácticos para educación infantil do Proxecto Terra:

"Da casa á escola é a idea que articula as tres historias deste conto. Un achegamento multisensorial e emocional/afectivo ao espazo vivido, que faga máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha á outra. Tres ámbitos: o privado, o social e o público, que estarán presentes ao longo das nosas vidas e que xa estamos a construír desde pequenos."


lunes, 1 de diciembre de 2014

As marcas dos animais

Nunha eira tan seca como a de "libros de ciencia" en galego para os máis pequenos , a editorial Baía ven de publicar un libro que non pode faltar nas nosas biliotecas, e que é un bo agasallo de Nadal para nenos e nenas:

"As marcas dos animais", con texto de Geneviève Caramel e ilustracións de Graziella Antonini, e  de seguro que aos maiores tamén lles interesará porque:

. Sabes quen é o mais rápido dos insectos?
Sabes cal é o animal mais lento?, e o máis rápido?....