Cando o nadal, saímos cantar os Reis polo centro de As Neves e pola parroquia de Vide, e recollimos o aguinaldo.
E como todos os anos, agora, ao chegar o fin de curso, empregamos ese aguinaldo en alugar un MAGNÍFICO HINCHABLE, que como é tan grande, e ademais acuático, teñen que colocalo en A Chan de Vide. E despois da festa e do baño: merenda na carballeira.
O vindeiro martes, todos os nenos e nenas de Vide, estades invitados.
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
lunes, 15 de junio de 2015
domingo, 14 de junio de 2015
Nenas e nenos árbore
Ao chegar xuño, algunhas árbores do quinteiro da nosa escola decidiron entrar na escola e para iso convertéronse en nenas e nenas árbores.
O alumnado pasou a ser: unha cerdeira, un loureiro, un buxo, un pradairo, un bidueiro e un freixo, e aprendéronnos como son as súa follas, as súas polas e o seu toro, que lles gusta comer, como pasan o invernos, onde lles previren vivir... mentres practicaban escribir con minúsculas e non esquecían comparar, medir, contar..., porque árbores si, pero matemáticos.
e está a ser moi divertido . E este é o libro de Editorial Unitariadevide.
O alumnado pasou a ser: unha cerdeira, un loureiro, un buxo, un pradairo, un bidueiro e un freixo, e aprendéronnos como son as súa follas, as súas polas e o seu toro, que lles gusta comer, como pasan o invernos, onde lles previren vivir... mentres practicaban escribir con minúsculas e non esquecían comparar, medir, contar..., porque árbores si, pero matemáticos.
e está a ser moi divertido . E este é o libro de Editorial Unitariadevide.
domingo, 7 de junio de 2015
Tarde de fiadeiro en Vide
Adrián, que acababa de chegar de Madrid de pasar o seu primeiro ano estudiando "Comunicación Audiovisual", o domingo pola tarde no fiadeiro xa nos dixera:
- Vouvos facer un agasallo.
E ben que nolo fixo:
Velaí esta:
- Vouvos facer un agasallo.
E ben que nolo fixo:
Velaí esta:
miércoles, 3 de junio de 2015
Os árbore contos na biblioteca
As árbore contos están a ter moito éxito e para facilitar que os coñezas se premes na imaxe poderás ver que libros tes na biblioteca nos que as árbores son as protagonistas.
Etiquetas:
biblioteca,
proxecto,
recursos. árbores
martes, 2 de junio de 2015
Recursos árbores
Para o proxecto "As nenas e nenos árbores" preparamos tamén un symbaloo, pois os nenos e nenas están moi familiarizados con este xeito de presentación e xa lles resulta moi doado e cómodo acceder premendo as iconas.
E unha exposición con libros de árbores para consultar, mais un andel co lema: "Os árbore- contos" para levar e ler na casa.
Etiquetas:
árbores,
biblioteca,
proxecto árbores,
recursos
jueves, 26 de marzo de 2015
O libro das receitas
No mércores da dúas os nenos e nenas aprenderon a ser editores preparando un libro coas receitas do proxecto "Ciencias na cociña" que na escola viñamos traballando dende o mes de decembro.O libro leva no final follas en blanco para que cada quen lle poda ir incorporando as "súas receitas"
Quedou la mar de ben .
E todos e todas marcharon para casa co seu libro, para seguilo compretando.
Etiquetas:
ciencias na cociña,
Editorial Unitariadevide,
mercoresdadúas
lunes, 2 de marzo de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)