lunes, 25 de mayo de 2009

Paseos con libro: O Lugar


Xoves pola tarde fomos de novo de PASEO CON LIBROS.

Esta vez foi O Lugar o noso obxectivo.

Chámase así unha pequena aldea da que só quedan unhas poucas casas en ruinas, situada por riba de O Coto e que segundo contan os máis vellos foi onde naceu Vide.
....Hai moito tempo, só había unha casa alá arriba, no Lugar....

Quedaramos de que cada nen@ habería de levar un libro na mochila e alí escolleríamos cal ler, e caseque todos os nenos e nenas cumpriron o acordado, así que tivemos que facer unha pequena exposición de libros nas pedras do Lugar.

Costounos un pouco chegar. A pista estaba desfeita, os carros dos pequerrechos non andaban, o monte estaba queimado e non tiñamos nin unha sombra na que cobixarnos... pero pagou a pena o esforzo.
E alí arriba, no Lugar, sentad@s baixo uns vellos carballos, descansamos, limos e escoitamos os contos mentras merendábamos.

viernes, 22 de mayo de 2009

Á Peneda cos Institutos da Raia II






A camiñada, de sete km vai de Fiae a Lamas de Mouro. Nós subimos en autobús, pero Lurdes e Dina subiron andando coa mocedade.
Mentras agardábamos en Lamas de Mouro a que chegaran os que viñan caminando, deunos tempo a tomar o bocadillo, xogar ás agachadas, saúdar aos cabalos e vacas do monte e ir visitar o Centro de Interpretación
E contra as dúas da tarde centosde rapaces- din que eran máis e tres mil- galegos e portugueses cos seus mestres, asulagaron o parque enteiro nunha marea de risas, carreiras e cores. E no medio deles tamén chegaron Lurdes e Dina.
¿Que como chegaron? Lurdes fresca como unha rosa, pero Dina..¡ai Dina!. Non facía máis que fungar do cansadiña que estaba, menos mal que deseguida a organización- a Escola E.B.2,3 de Melgaço- comenzou co reparto do almorzo e recuperaron forzas.

Pola tarde houbo paseos, baños no rio Mouro e xogos colectivos nos que @s cativ@s de Vide participaron no medio dos grandes.

Mentras, Ignacio coa súa Gaita e as pandeiretas de Vide puxeron música, baile e voces a unha tarde de marabilla na Porta de Lamas de Mouro , unha das cinco portas ao Parque Nacional Peneda- Gêres.

Só nos quedou procurar á fadiña dos brinquedos de ouro, que sae pola noite a brincar con eles e despois escóndeos no monte dentro dun saco.

Iso deixámolo para o curso que ven que....¡¡¡¡¡volveremos!!!!!

jueves, 21 de mayo de 2009

Á Peneda cos Institutos da Raia I


Dende o luns estabamos a prepararnos para ir de excursión cos MAIORES.

Si, cos MAIORES, pero cos MAIORES de todo, ¡cos do INSTITUTO!.

Todos os anos os nen@s do Instituto de As Neves, cos seus profesor@s, participan nun Encontro cos nen@s dos institutos portugueses . Suben xuntos á Peneda, e na Porta de Lamas de Mouro xúntanse tod@s nunha xornada de convivencia.

Pois este ano ¡¡¡INVITÁRONNOS!!!!

Preparámonos ben:
Fixemos o mapa do recorrido, aprendimos a escribir Lamas de Mouro , buscamos o lugar no Google Earth , vimos imaxes do Parque Peneda-Gerês.... en fin, documentámonos. Pero tamén fixemos unhas camisetas chulísimas para que se nos poidera atopar ben no medio dos 3000 maiores, fixemos unhas pegatinas.... e as nais e pais colleron as cestas coa comida, colleron as panderetas e subimos tod@s ao autobús na alameda de Santa Lucía.

No autobús @s pequen@s puxéronse a cantar " Eu tirei un pao ao gato", "O pitiño amareliño".... pero ao pouco comenzaron a "picar" aos do Instituo:
- ¡Que canten os maiores! ¡que canten os maiores!
@s maiores, nada de nada.
Risas.... que non sabemos.... que non nos acordamos... por fin atreveuse unha moza con: ¡¡¡¡¡¡¡¿donde están las llaves materile rilerile?

¡¡¡Eeeeeeh!!!! ¿Que canción é esa?. @s pequen@s miranse uns para os outros facéndose acenos.
Marta, sempre Marta, di:
- ¿Que non saben onde están as chaves?Coma ti , profe!

¡Menudo desfase xeneracional!

Entón decido botarlles unha man:

-@s maiores non saben que cantigas vos gustan. ¿Porque non lles cantades esa que levades ensaiando toda a semana cando facedes as fichas?

¿Te envío poemas?- berra Érika.

E alá foi:

"Te envio poemas de mi puño y letra ,
te envio canssionessss de cuatro cuarenta,
te envio las fotossss de ande marfella

de cando tufimos por fenesssssuela,

asi me recuerdassss que tengas presente

que mi corasssson está colgado en tus manossss,

cuidalooo,
mucho cuidado,
aparta que disse el destino
quedate conmigo.
ah ah ah.


Así cantaron tod@s @s pequn@s de Vide- esta é a versión de Erika/Saray-.

Esta vez tocoulle facer acenos aos do fondo do autobús.

Aplaudían e ademirábanse .

Pero...¿onde pensaban que viven os cativos?. Pois viven no mesmiño mundo ca eles. Diante da mesma tele, dentro das mesmas casas, andando polos mesmos camiños....

e continuará...

jueves, 14 de mayo de 2009

Nova presentación

Durante dez minutos, no Portal Educativo da Xunta de Galicia , apareceu esta cabeceira:


É ben sabido o compromiso de Ramón Piñeiro coa lingua galega pero algo pasou, ou algo lle pasou a algúen, que logo deses dez minutos apareceu esta outra cabeceira, que é a que permanece ata o día de hoxe.


De todos é sabido o compromiso de Ramón Piñeiro co desenvolvemento do ferrocarril?
Ou sería da relación educativa entre ferrocaril e escola?
E non podería ser que o que nos conta Don Ramon na primeira cita é algo EVIDENTE, que todo o mundo sabe, non é ningunha novedade, que aínda agora, cando entras na escola, se falas galego, o máis probable e que te cambien ao castelán, mentras que espallar entre todos ós que poden acceder a este PORTAL EDUCATIVO esa "curiosidade tensa" polo ferrrocarril do protagonista do Día das Letras Galegas 2009, ten un certo aire innovador - metodoloxicamente falando, claro-.

martes, 12 de mayo de 2009

COUSAS QUE PASAN NA ESCOLA CANDO CHOVE


O BLOG DAS LEiTUGAS


Onte choveu e hoxe tamén.

Fixemos unha lista coas cousas "especiais" que pasan na escola cando chove. Quedou así:


COUSAS QUE PASAN NA ESCOLA CANDO CHOVE:








  • ÉRIKA TRAE UN QUEIXO QUE FIXO COA SÚA TIA.
  • NACEU O MILLO.
  • A HERBA DO PATIO MÓLLASE MOITO.
  • CANTAMOS "CHOVE, AI COMO CHOVE..."
  • O PAI DE JOSE TROUXO UN COELLIÑO QUE ATOPOU NO CAMIÑO.
  • PUXEMOS AS BOTAS E PISAMOS AS POZAS.
  • XOGAMOS DENTRO Á MARIQUITILLA DA ALFOMBRA.
  • MARTA TRAE UNHA FRAUTA DE CANA.
  • A BRUXA DO CAMPANARIO TROUXONOS UNHA TENDA DE XOANIÑA.



viernes, 8 de mayo de 2009

¡¡¡¡EN GALEGO!!!!!

Gracias a Un rato na Biblioteca temos este video co rap de Migallas: "En galego"



¡¡¡EN GALEGO, XA, SI!!!!!

¡¡¡EN GALEGO!!!!!

Se queres escoitar o Cd completo, pídeo na Biblioteca A2

jueves, 7 de mayo de 2009

Día internacional da ópera

Nesta escola dende que se leu o libro O último canto, quedamos presos de " O sole mio", e agora de cando en vez, escoitamos algún fragmento de ópera, e buscamos en You Tube para ver o video.

O vindeiro sábado será o Día internacional da Ópera e, para celebralo, queremos compartir con vós este video que descubríu Mateo cun fragmento da Traviata.

¡ Que disfrutedes tanto coma nós!



Paseos con libro. O Ollo do Inferno


Hoxe comenzamos unha actividade nos Xoves da Biblioteca:

Os paseos con libro.

Por ser o primeiro paseo escollimos un paseo longo, á beira do Miño: O paseo ata a lagoa do Ollo do Inferno, a lagoa das tartarugas, pois tiñamos moi bo recordo de cando o ano pasado foramos ata alí na procura de Arturo e Clementina

O libro escollido esta vez foi Dona Carme o que nos permitíu que participaran tod@s, maiores e pequenos e que a súa lectura se convertira nun xogo colectivo.

Logo Marisol, a nai de Abel, explicounos, como lle tiña explicado a ela a súa nai, e a súa nai a súa avoa, que na lagoa estaba o Ollo do Inferno, que tan fondo era que chegaba ata o mar, pero que en Vide había dous ollos máis, un na ermida de San Antoón, xunto a vía do tren, e outro en Bermuín, por riba da furna de Guntín, que estaban agachados e non se podían atopar ata que caías neles.

Aínda estabamos intentado dixerir esta información, cando Mari Carme, a nai de Elena, contounos isto:

Hai moitos anos, no tempo da nai da miña avoa mandaron facer as campás para a igrexa de Vide en Portugal. Eran unhas campás xemelgas das de Lamas de Mouro, a aldea que queda xustiño enfrente de Vide cruzando o Miño polo Coto de Severo. Traían as campás en carro de bois, pero ao pasar pola lagoa fundiuse o carro e levou ao fondo aos bois e as campás. Ninguén poido sacalos de alí, porque cairan no Ollo do Inferno. E dende aquela, as campás de Lamas de Mouro tocan a morto por eles e polos de Vide. E si non o credes, facede a proba: veredes que si escoitades un día soar as campás de Lamas de Mouro tocando a morto, non tarda nada en escoitarse ás de Vide avisando tamén aquí.

Decidimos que desde hoxe iamos estar moi atent@s ás campás para comprobar esta historia, e tamén que o próximo xoves, si non chovera podíamos intentar descubrir onde están os outros Ollos do Inferno.

Eu e Saray estamos desexando que chova, porque....¿que pasa se caímos todos nun Ollo do Inferno deses ?

miércoles, 6 de mayo de 2009

LIBROS RECOMENDADOS


O BLOG DAS LEITUGAS


Dous LIBROS de especial querencia.

Un porque estamos na terra das pesqueiras. O outro para consultar cando imos de paseo por Vide.

LAMPREAS E PESQUEIRAS.
Miguel Piñeiro. Editorial Galaxia.

Como dí Miguel VIla en Colineta

"Se non soupera que todo o que conta Piñeiro é certo, pensaría que estou lendo un libro de mitos. Creo que a próxima lamprea me vai saber mellor."



Guía das plantas de Galicia.
Xosé R. García. Edicións Xerais
.


"......que chegue a tódolos recantos do país unha obra coma esta, que debería estar en tódolos fogares para ler e compartir camiñando polos campos en calquera época do ano, ou sentados á sombra dunha árbore pondo a proba os cinco sentidos” (Xilberte Manso)