martes, 23 de junio de 2009

Herbas de San Xoán e fogueira

Onte polo serán, que hoxe estaremos moi ocupadas preparando a festa e a fogueira, quedamos para ir a procura das Herbas de San Xoán , e foi traballo doado porque nun cantiño xa tiñamos collidas sete herbas. Non dabamos atopado a herba de san xoáon, e sustituímola por xesta. Había xa poucos estralotes, pero sorprendentemente moito fento macho. O que non había por ningures era malva, Sita dixera que nas Puntaleiras, onda a ponte románica ela vira algunha , pero non nos pagou a pena ir ata alá a por ela. Fixemos unha morea de ramos, primeiro os nosos, claro, pero logo decidimos facer moitos máis para regalalos ás que non viñeron.

Ah! e cando xa tiñamos os ramos feitos, de volta á casa, apareceu a herba de san xoán. E que nesta parroquia está visto que hai de todo. E mañán pola mañán xa veredes como vai chamar a atención a frescura da nosa piel e o ben que sabemos manter á raia o mal de ollo e os feitizos traidores.

Só tivemos un problema , que quedou en nada gracias como sempre a solidariedade vidense. O Concello non nos daba permiso para facer a fogueira porque non tiñamos un Seguro de Responsabilidade Civil para cubrir a festa. Enteradas as mulleres da Comisión de Festas, que si teñen este seguro, ofrecéronse para solicitar elas o permiso e poder seguir adiante. Gracias. Se non chega a ser por vós, este ano quedabamos sen fogueira - no Concello fixéronnos pagar 18 euros de tasa, pero, será por cartos!-

lunes, 15 de junio de 2009

AS LINGUAS SUMAN

Este é o tríptico informativo elaborado pola Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística:

viernes, 12 de junio de 2009

¿Tontos?.....non, PARVOS!!!!!!


Un libro que nos gustou moito foi ¡TONTOS! de Elisa Mariscal Vacas, publicado epor Ediciones Serres. É moi doado de dramatizar, asi que decidimos unha "adaptación".

E quedou convertido en PARVOS!!!!.

Pasen e vexan señores, ¡unha morea de parvos!



sábado, 6 de junio de 2009

As herbas de San Xoán

Como en nada estamos en San Xoán, deixámosvos o noso Boletín das Herbas de San Xoán, así non tedes disculpa paro non saír o martes, 23 de xuño, á noitiña á procura delas. Logo pola mañán lavas a cara e o teu cutis, xa sabes, quedará ¡¡¡¡¡DIVINO!!!

jueves, 4 de junio de 2009

XORNADA NO CEIP DE AS NEVES

Como todos os anos, eu coas nenas e nenos que marchan de Vide para As Neves, fixemos unha xornada de convivencia para favorecer, sobre todo, o cambio de escala. Tocou hoxe.

Dende o outro día que Marta se enfandou conmigo - seica lle rifei por algo- e me dixo:

" ¡Cando marche para as Neves, xa non te volvo a esta escola nunca máis!!, ¡¡¡NUNCA MÁIS!!!, e dado que Marta ten unha notable influencia no grupo de 5 anos, e que Yoel, que marchou o curso pasado pero ven con nós os martes pola tarde e ás actividades dos xoves, fartábase de dicirlles:

- Cando veñades para "arriba" xa veredes o que é unha escola de VERDADE, que esta escola non vale para NADA. ¿Que facedes aqui? NADIÑA. "Arriba" facemos MILES de fichas, e temos MILES de libros de estudiar, e facemos MILES de contas. Na escola hai que TRABALLAR, non andar de "juerga".
e sempre remataba o "discursiño" con un :
-....pero claro eu son MAIOR, e vos sodes PEQUENOS,

a min parecíame que había consenso niso de ¡por fin! converterse en MAIORES.

Pero hoxe o día de MAIORES non saíu nada ben.

Brais a media mañán deu en chorar, agarrábase a min e dicía:
- Lévame para Vide, profiña, que eu aquí non quero quedar. E non había xeito de consolalo. Carliños aguantaba o tipo e dicíalle:
- Non chores , Brais, que se queres nos ESCAPAMOS.
Menos Érika e Marta que estaban encantadas con tantos nen@s nov@s aos que facerlle o tercer grao : ¿e ti como te chamas? ¿ e ti de onde eres? ¿ e sabes "te envío poemas"?¿ e sabes ler? e..e..., os outros catro estaban un tanto aboiados.

Recuperaron un pouco cando chegou a hora de ir ao comedor.

Ata que lles puxeron a comida diante.

¡¡¡MENESTRA DE VERDURAS!!!

David chorando, Brais que se marchaba, Carliños listo para botar a correr, Marta berrando isto eu non o como, Yanira escurríndose da silla.... e Érika..... Érika ¡comendo e pedindo repetir!.

Ao final todos comeron un pouco do primeiro plato, máis do segundo pero o postre - flan- houbo que negocialo, e quedou sen tocar.

Menos mal que @s compañeir@s de As Neves pola tarde foron capaces de facerlles ver outra cara da ESCOLA DOS MAIORES con xogos e actividades no xinnasio, e poidemos regresar a Vide no autobús escolar con mellor ánimo. Ata Brais tiña mellor cara.


.......e que converterse en MAIORES pode ser moi traumático.

miércoles, 3 de junio de 2009

MIGALLAS





Onte estivemos con MIGALLAS e o seu

Libro Máxico.

Cando esteas aburrido

¡¡¡ou aburrida!!!

e non saibas qué facer

colle un libro, meu amigo

¡¡¡¡ou amiga!!!

todo pode suceder.





¡Que ben o pasamos!,

Agora na escola traballaremos coa Unidade didáctica que Migallas nos ofrece na súa páxina web- está chea de xogos-, cantaremos ás súas cantigas - sabemos moitas-, e buscaremos en A Dúas o noso libro máxico.