Charo, a nai de Dimas fíxonos un agasallo:
unha casa de monecas!
e non viña sóa, viña tamén cunha morea de pequenos mobles para que poidésemos xogar con ela.
Pois xa temos traballo para toda a semana, pois non hai quen poida separar aos nenos e as nenas dela, así que, aproveitando o tirón imos traballar A CASA, AS DEPENDENCIAS, e sobre todo traballaremos "os traballos na casa" e "compartir os traballos".
Preciosa casa verdade?
E para traballar, a Biblioteca preparounos estes xogos:
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
jueves, 28 de febrero de 2013
martes, 26 de febrero de 2013
Con Rosalía no Instituto
E alí estivemos, celebrando o día de Rosalía xunto ao alumnado do Instituto de As Neves, os seus poemas e os nosos poemas, recordando a Rosalía.
jueves, 21 de febrero de 2013
Día de Rosalía
Mañán trasladarémonos ata o Instituto de As Neves , para celebrar xunto co seu alumnado o día de Rosalía. Recitaremos o poema que tanto traballamos: " Vente rapaza".
Coas fichas de traballo elaboramos un libriño de Unitariadevide e na Biblioteca un boletín informativo cunha pequena biografía de Rosalía e uns poemas, para que as nais/pais e fill@s podan lelos xuntos na casa.

Etiquetas:
boletín,
Editorial Unitariadevide,
Rosalía
Rosalía de Castro
Aínda non nos deramos borrado da cara os bigotes de Dalí cando xa estabamos visitando- virtualmente,claro- a casa de Rosalía en Padrón , pois un ano máis sumámonos ás actividades de celebración do Día de Rosalía.
Recollimos na Bilioteca o libro "Parece unha rosa" e "Adiós ríos, adiós fontes" e logo de darlle moitas voltas quedámonos con:
Recollimos na Bilioteca o libro "Parece unha rosa" e "Adiós ríos, adiós fontes" e logo de darlle moitas voltas quedámonos con:
Vente, rapaza,
vente, meniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente; Minguiño,
Minguiño, vente;
douche, senón
polo demos do dente.
E como estes nenos e nenas de Vide son marabillosos aprenderon o poema nun plisplás e aínda nos deu tempo de ir de "excursión" por Vide na procura de fontes con pilón.
Aquí podedes ver e escoitar a estes verdadeiros "rapsodas"
Pintando o entroido
Este ano decidimos ir de pintores no entroido- parecía doado pero, ai que traballiño nos deu!-
O pintor escollido fora Dalí- polos bigotes e reloxios brandos-, pero Noa cando xa estaban os disfraces feitos elevou unha protesta:
- Eu non vou de Dalí, eu vou de "chica" pintora, que tamén hai.
E como tiña moita razón, ela e as súas amigas non levaban bigote porque ian de...Maruja Mallo!
Así, as pintoras e pintores pasearon por Vide, xogaron e disfrutaron na nosa festa de Entroido, que coma sempre rematou cunha xantar na escola de nenos e nenas,e as súas familias.
Pasámolo la mar de ben ata ben entrada a tardiña, e aquí deixamos a proba:

viernes, 15 de febrero de 2013
Seis barbudos
No mes de xaneiro traballamos ao redor do libro "Seis barbudos" , un precioso conto de OQO que serve para decatarnos de que guiarnos polas apariencias só nos leva a equivocarnos coas personas.
O conto gustounos tanto que fixemos un conto novo.
Ademáis serviunos tamén para aprender a escirbir unha morea de palabras novas:
De remate coas fichas traballadas en Unitaria de Vide elaboramos un conto novo para levar para casa e lerllo á nosa familia.
Quedounos la mar ben.
O conto gustounos tanto que fixemos un conto novo.
Ademáis serviunos tamén para aprender a escirbir unha morea de palabras novas:
BARBUDOS
ATA LOGO!
PAN
TENDA
CHOURIZO
PALLASOS
GLOBO
CONTO.....
xogar aos oficios e as tendas, e contar para arriba e para abaixo quitando unha.De remate coas fichas traballadas en Unitaria de Vide elaboramos un conto novo para levar para casa e lerllo á nosa familia.
Quedounos la mar ben.
Etiquetas:
Editorial Unitariadevide,
libros,
paz,
videos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)