jueves, 30 de abril de 2009

Visitando un CIFP


O BLOG DAS LEITUGAS


Hoxe fomos visitar o CIFP " A Granxa"- Centro Integrado de Formación Profesional- en Ponteareas, para ver as súas hortas , os seus invernadoiros e tamén para coñecer este centro de referencia agrícola en toda a nosa bisbarra.
Para trasladarnos ata alí fomos nos coches das nais e pais que nos acompañaron na visita , asi como os irmáns maiores que hoxe non tiñan clase, porque en As Neves era festivo local.
Os cativos plantaron pementos e tomates e recolleron fabas e zenorias. Tod@s escoitamos moi atentamente as explicacións dos mestres que ao remate prepararon un obradoiro para que aprendéramos a facer o nos propio compost.

Foi unha mañán ben aproveitada. Tod@s, maiores e pequenos aprendimos a cultivar a horta de xeito eficiente e ecolóxico, divertímonos xuntos, e descubrimos unha opción de formación na agricultura ou na enoloxía.

Erika non deixaba de repetir.

- Eu de maior vou vir estudiar aquí.

E a súa irmá Vanesa dicíalle:

- Ti non sei, pero eu seguro.

sábado, 25 de abril de 2009

SI CHOVE CÓNTAME UN CONTO

Onte tiñamos que ir visitar a horta da nai de Elena, e alá fomos.
Paramos no camiño con Eugenia, que tamén nos ensinou a súa horta, paramos coas ovellas que estaban pacendo no camiño , e desviámonos ata un lugar secreto que coñecía Jose Ángel, onde medraban os marotes, pero non collimos ningún. Como eran poucos, deixámolos estar.
Ao pouco de chegar, cando a nai de Elena nos estaba a ensinar unhas leitugas que lle naceran no xardín, púxose a chover e fumos correndo para o cuberto.

¿Que facemos agora?¡¡¡¡Un conto, un conto!!!, e Elena trouxo un conto e púxose a ler. Era La vaca que puso un huevo. Gustounos tanto que alí mesmo decidimos compralo para a Biblioteca.

Ah! aínda que o conto viña en castelán Elena leuno en... ¡galego!. Tradución simultánea, como dicía o seu pai.

Cando parou de chover, Carmen, a nai de Elena, levounos ata a horta . Tamén tiña as leitugas coas cebolas, vese que son moi amigas, pero había moitas máis hortalizas e verduras, e aprendimos alí mesmo os seus nomes.

Logo de pasar a saudar ás galiñas, años e coellos, marchamos correndo para a escola, porque empezaba a poallar outra vez.
Corrimos e corrimos todo o camiño. Cando por fin chegamos, estabamos un "pouco" mollad@s e un "moito" esgotad@s.

Tanto, que David dixo:

- Eu ao chegar a casa voume deitar a durmir.
E unha chea de voces contestaron:
- Eu tamén!


Aquí queda o "documento gráfico", e si queres ver as leitugas de
Carmen ou de Eugenia , podes ir ao Blog das leitugas



miércoles, 22 de abril de 2009

Investigando leitugas apareceron lampreas


Quedaramos de ir ata a casa de Sita, a nai de Marta, para ver a súa horta e sobre todo as leitugas que tiña plantadas. Ata alí fomos e Sita respondeu a todas as preguntas cunha paciencia ¡infinita!. Logo invitounos a unha merenda que tod@s agradecimos.

Á volta pasamos pola veiga de Isabel, que tamén nos foi ensinando as distintas variedades de leitugas que plantara.

Tanto Sita como Isabel tiñan posto plástico no solo dos bancais, cousa que nós non facemos, pero acordamos probar tamén na nosa veiga , nun bancal novo, e comprobar a diferencia.

A crónica desta saída atoparédela no Blog das Leitugas.

Pero Isabel tíñanos unha sorpresa:
Levounos ata o seu cuberto e alí vimos colgadas máis de vinte lampreas escaladas.

E isto foi o que nos explicou:

Chámanse lampreas escaladas, as lampreas secas, saladas e afumadas que logo se usarán para facer recheas, asadas ou en empanada.

Para escalalas ábrense en canal e co seu sangue se impregna toda a carne. Logo póñense en sal e máis tarde ábrense ben colocándolle unhas caniñas, cólganse e afúmanse.

Deste xeito poden conservarse algún tempo e logo, para cociñalas, só tes botalas en auga unhas horas para que perdan o sal e "engorden".

lunes, 20 de abril de 2009

lampreas

Hoxe estivemos moi ocupado@s coa palabra leituga e logo escribindo a primeira entrada do noso novo blog:
O BLOG DAS LEITUGAS

pero logo tivemos unha visita coa que nos divertimos moito:

O señor Pepe, o Curro, cando volvía da pesqueira que se chama Paneliña, de levantar as lampreas, parou na escola e abriu o saco....

¡¡¡Viñan dúas lampreas enormes!!!

Érika, Marta e Carliños, sen medo algún a eses bichos un pouco feos que parecen serpes, botaron man delas mentras as lampreas se retorcían e querían escapar abrindo e pechando a súa boca/ventosa.
Houbo quen escapou berrando, eu, e quen se fartou de rir, tod@s.
Despois, vimos que José o Camiña ía para as pesqueiras, tamén a levantar as lampreas e pedímoslle a Luís, que o acompañaba, que levara a nosa cámara para sacar unhas fotos.

Cando as trouxo, explicounos que o rio ía moi cheo e pasaran moito traballo para levantar as redes, e que só poideran levantar a da pesqueira que se chama Carreteira, pero que tamén colleran dúas boas lampreas.

Vimos todas as fotos e escollimos as que máis nos gustaron.
Deixámolas para que vós tamén pasedes un poquiño de medo.

¡Co feas que son e o ricas que saben!





sábado, 18 de abril de 2009

Educación documental e leitugas


Xa dixemos noutra ocasión que nos gustan as leitugas, por iso todas as primaveras as leitugas ocupan o mellor bancal da nosa horta.

Pero este ano cando chegaron as "leitugiñas" a escola para ser plantadas, decatámonos que non todas eran iguais. Había leitugas de folla lisa e verde, leitugas de folla marrón e ovalada, unhas coas follas lobuladas, outras rizadas.... e as nais falaban de raiñas de maio, de marabillas do verán...

Nun plis plas pasaron de ser leitugas a converterse en ¡¡¡LEITUGAS!!!, e as bocas enchéronse de preguntas, os ollos de cores e as caras de maravillas.

E aquí estamos. Cunha boa lista de traballo e brincadeira.

Porque @s nen@s e eu, vimos que sabiamos ben pouco e agora, queríamos saber MOITO.

  • - Coñecer o nome e as características das distintas variedades de leitugas que se plantan en Vide.
  • - Saber que variedades son as preferidas e por que.
  • - Averiguar quen planta leitugas, cando, cantas, donde e como.
  • - Plantar moitas variedades de leitugas na nosa veiga e cuidalas para que crezan sans e fermosas.
  • - Facer moitas ensaladas e comprobar se teñen distintos sabores.

E para saber tanto imos ter que:

- Preguntar as nais, avoas, veciños....
- Buscar información na Biblioteca e en internet.
- Visitar moitas hortas e facer entrevistas.

E sabe Deus cantas cousas máis que iremos contando no blog da veiga , que este ano imos chamar....... O BLOGUE DAS LEITUGAS!!!!!!

E como non podiamos deixar as leituguiñas esperando, xa as plantamos na nosa veiga, á espera de que aprendamos máis cousas delas e de paso, aprendamos a "documentarnos".

viernes, 17 de abril de 2009

¡¡¡¡Outro agasallo!!!

¿Podedes crer isto?. Pois é de crer.
@s compañeir@s da Biblioteca Brea Segade veñen de facernos un agasallo moi, moi especial: " O Selo Violeta".

Esta é unha iniciativa posta en marcha por Blogstorias Essenciais .

O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Recibir o premio implica cumprir unhas regras:


- Exhibir o Selo Violeta no blogue xunto coas regras.
- Indicar cantos blogues consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Nós consideramos que tamén son blogues violeta:

Ti tamén contas


Bibliobrey

¿E que dous poderes máxicos pensamos que temos?

- Sabemos como entrar no mundo da fantasía.
- Podemos escoitar ás árbores e as plantas.


Moitas gracias Bilioteca Brea Segade polo voso agasallo.

martes, 14 de abril de 2009

Marta


Marta, que hoxe era a encargada, ficou toda enfadada. Era martes, ela a encargada, e polo tanto tocáballe escribir no blogue Cousas das nenas e nenos de Vide, e por máis que lle explicabamos que este trimestre imos facer outro blog: O blog da veiga, non se daba conformado.

Como Marta e moita Marta pedíu.. ¡¡¡¡que se votara!!!!

¿Que se votara?¡Como cambiou o mundo!

Lembrei o primeiro día na escola de Marta. Tan pequeniña, cos tres anos recén cumplidos. Estabamos sentad@s na roda e eu recordaba cos maiores "as normas de funcionamento". Nun momento dado, dixen algo de que era eu quen mandaba na escola. Marta levantou a man, e eu quedei encantada do axiña que esa nena "aprendera" a pedir a palabra. Gabeina diante de tod@s polo ben que o fixera e deille a palabra, entón coa súa sonora voz púxose de pé, e mirando para min dixo ben alto:
- ¡ EU TAMÉN MANDO!
Quedei muda, e cando me recuperei, logo de darlle as gracias pola súa opinión , para sair do paso improvisei non sei xa que historia da que recordo sobre todo que conxuguei moito o verbo mandar : eu mando ti mandas el manda.....¡eu que sei como saín!. Era o seu primeiro día e fíxo que me "comera o coco" unha semana.

Ben, o caso e que hoxe tiven que "fiar ben fino" para que a decisión final- logo de votar, por suposto- fose o que eu tiña preparado: iniciar un novo blog.

Aínda así Marta, tirando da corda, diante dos feitos consumados dixo:
- Bueno, pero entón hoxe tócame a min buscar no jujel leituga.

E eu apresureime a dicir: ¡¡¡Por suposto!!!!

¡Ai Marta, canto vou votar de menos o ano que ven as túas "discrepancias"!E sigue sempre así, batindo ben forte as túas ás!

lunes, 13 de abril de 2009

¡¡¡Un premio!!!

Á volta das vacacións esperabanos un agasallo de Ti tamén contas, o blog dos nenos e nenas do Ceip Mestres Goldar : o premio "Olha que blog Maneiro" que significa " Mira que blog tan creativo, tan bonito...."

Moitas gracias, nenos e nenas do Ceip Mestres Goldar por este
agasallo.

Cando nos puxemos a "pensar" a quen lle pasar o premio decatámonos que moitos dos nosos blogues amigos xa tiñan recibido tamén este premio. Noraboa a todos.

Este premio ten as súas normas, que son:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.




Pasámoslle o premio a:

Tegriña
O Rincón da Fantasía.
Dous en Vide
Bibliobelesar
Bloguelendo
Pequesreboreda
Pasiño a pasiño
Os Pequerrechos
Un rato na biblioteca
As Tartarugas de Panxón

jueves, 2 de abril de 2009

Dia Internacional do libro infantil

Esta semana foi trepidante: cumpreanos de Van Gogh, cumpreanos da Biblioteca , Día Internacional do Libro infantil e día de dar vacacións.

¿Quen da máis?

Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil, fixemos un repaso dos libros da Biblioteca que máis gustaron. Cocorico ganou por goleada outra vez e os Bolechas segue a ser a colección que tod@s prefiren.

Imprimimos "convites" e logo levamos a Biblioteca os dous novos libros da nosa Editorial : Unitariadevide:

- En marzo pintando: Mondrian e Miró
- En marzo pintando: Van Gogh

Se queres , podes consultalos premendo aquí

Logo, e para rematar, escoitamos o conto "El patito feo", xogamos e vimos este video:

Cumpreanos de A Dúas.

Polo cumpreanos da Biblioteca, que foi onte, mercámoslle dous libros como agasallo e puxémolos nunha caixa de cores cun lazo que deixamos enriba da mesa azul.

Hoxe cando chegamos, a caixa estaba aberta e os libros colocados na mesa do ordenador, como se a A2 nos dixera :

- Gustáronme moito, agora tedes que poñelos no MEIGA e levalos para casa.

Puxémolos . Eran estos:



Firmin. Sam Savage. Editorial Seix Barral.

Un libro de libros, lixeiro de ler, con frases lapidarias para partirse de risa, no que se relata a historia dunha rata que vive no soto dunha librería "devorando libros", e á vez que alimenta o seu estómago, vai alimentando o seu cerebro.




O último canto. Pablo Albo. Editorial OQO.

O galo cantor esperta a toda a aldea, todos os días cantando dende o alto do campanario "O soooooole mioooo......"
Pero pasan os anos e faise vello.
Un día decide poñerse a durmir e xa non se acorda de despertar.



Para a volta das vacacións témoslle preparada unha boa festa, pero hoxe limos o libro "O último canto" ben alto, e logo, subid@s as sillas da Biblioteca cantámoslle "Paravens pra vose" e , por suposto "OOOO sooooole miooooooooooooooo.....!, que estivemos a aprender gracias a este video.

Deixamos tamén a letra por si vos animades a cantar. Veredes que ben o pasades.
Á nosa Biblioteca encantoulle.

CHE BELLA COSA NA JURNATA 'E SOLE,
N'ARIA SERENA DOPPO NA TEMPESTA!
PE' LL'ARIA FRESCA PARE GIA` NA FESTA,
CHE BELLA COSA NA JURNATA 'E SOLE.


MA N'ATU SOLE CCHIU` BELLO, OJE NE',

'O SOLE MIO, STA 'NFRONTE A TE!
O SOLE, 'O SOLE MIO, STA 'NFRONTE A TE, STA 'NFRONTE A TE!