sábado, 30 de junio de 2012

Coas abellas

O martes 26 fomos en autobús a Apípolis en Pontevedra, e os nenos e nenas completaron o traballo feito no mes de xuño:
Vestiron o traxe de abelleiros e foron atender ás abellas, cociñaron galletas con mel, elaboraron velas e comprenderon a importancia das abellas para os seres humanos e o medio no que vivimos.
As nais e demáis "acompañantes" aos obradoiros non fomos, pero a exposición e as salas recorrímolas todas con Sita, Estefanía e Mariló facendo de improvisadas monitoras.











A comer fomos ata Cotorredondo, que a calor caia sobre nós como unha lousa.

Pasamos a tarde á sombra, falando e xogando e regresamos a Vide.

Ata a acampada! 

San Xoán

Non podiamos deixar de celebrar a noite de San Xoán e o sábado quedamos na escola pola tarde para facer o meco. Geni, como todos os anos, trouxonos a roupa e de Digna era a palla para enchelo. Fomos ao "Avelino" a polos petardos que sempre leva dentro e entre uns e outros armamos un bo meco que levamos ata Chan de Vide no tractor de Celestino e alí, logo de montar a fogueira coa leña e madeira que os viciños foran deixando, Bruno subíu ás escaleiras para colgar a "Delfino" ben alto.
O traballo viusenos enriba e non nos deu tempo de ir á procura das herbas de san xoán, para facer o cacho, así que é posible que a pel das nosas preciosas facianas tome nota delo. Xa veremos.

Ceamos na carballeira de A Chan e ás 12 en punto prendimos lume a fogueira.

Antes, todos os nenos e nenas, e algún que outro "infiltrado", puxeramonos en roda arredor dela para cantarlle:

Delfino vai en coche
Delfino en coche vai
Delfino vai en coche
á fogueira de San Xoán.

Despois, cando o lume chegou ata Delfino e levouse con el todo o malo que fixemos, que sentimos, que pasou neste ano, choramos e berramos pero tamén aplaudimos por estar  xuntos cantando e bailando na noite de San Xoán.




E tocamos as pandeiretas e as gaitas, e bailamos e cantamos mentras esperábamos que chegase a mañán da noite de San Xoán.





sábado, 23 de junio de 2012

Leitugas da nosa veiga

Ainda que este curso falamos pouco dela no blog, a nosa veiga está PETIOSA - no idioma particular de Iris e Noa- .

Entre as herbas que nos afanamos por arrincar nos recreos, foron medrnado as LEITUGAS, ESPINACAS, CEBOLAS, TOMATES, ERVELLAS, REMOLACHAS, XUDÍAS,  ACELGAS e XIRASOLES.

Observade que marabilla:






Non podíamos pasar sen probar as leitugas, así que recollimos unha leituga marabilla - ENOOORME- e unha leituga folla de carballo, e cuns ovos cocidos que nos trouxo Fátima, a nai dos xemelgos, fixemos unha ensalada/pallaso, adornándoa cun pouco de tomate.

 Estaba exquisita e...artística!









viernes, 22 de junio de 2012

Vai ser que non

Todo parece indicar que o curso está rematado, pero en Vide resistímonos .
Así que vai ser que non.
Aínda queda por facer: a festa de San Xoán, a excursión en autobús e a acampada de verán.

Se te queres apuntar, aínda estás a tempo:

Festa cantareira

A festa do mércores pola tarde  pasámola para o choves - a chuvia, como sempre-, e esta vez si que nos acompañou o bo tempo.
Menudo festa houbo na Unitaria o xoves pola tarde!, tanto que Lucía  dicíame preocupada:
- Profiña, isto ten que custar moitos cartos. Chegará o que temos de cantar os Reis?
Chegou, chegou!
Había tantas cousas que  os nenos e as nenas non sabían a que atender:
A fabulooooso tobogán, o obradoiro de globoflexia, o karaoke, os xogos....
E claro as nais tamén se animaron e houbo que poñer quendas para o tobogán: agora os nenos e nenas. agora nais e pais.....

Era de ver!
E que isto de ser cantantes da unha marcha...contaxiosa!!!!

Festa cantareira on PhotoPeach

miércoles, 20 de junio de 2012

As abellas de Antón

Hoxe pola mañán fomos ata a casa de Antón, porque Antón ten abellas.
Acompañáronnos Ana e Mariló, as nais de Samara e Saúl.
O pai de Antón esperábanos para explicarnos como viven as abellas.

Explicounos como eran as colmeas, como se organizaban, como se recollía o mel... tocamos as colmeas, os paneis coa cera, a roupa do apicultor, o afumador... e logo achegámonos ás colmeas para ver como as abellas obreiras entraban e saían traballando.

E logo Edorta, o pai de Antón deunos a probar o mel.
Que mel tan rico!- dicíamos todos, e  seguimos comendo os bocadillos que Edorta nos tiña preparado.

Como parecía que quería chover, démoslle as gracias ao pai de Antón e marchamos correndo de volta para a escola, que aínda había camiño que facer.

Cantas cousas aprendimos das abellas!
Gracias Edorta.




lunes, 18 de junio de 2012

Festa na A2

Cando no Nadal fumos cantar os Reis a As Neves e por Vide, recollimos aguinaldo. Algún en especies, pero tamén en cartos.
Por "apabullante maioría" decidíuse empregar os cartos en xogos de colchonetas, para cando viñese o bo tempo.
O bo tempo parece que ao fin deu chegado, e o vindeiro mércores   a Biblioteca vai agasallar a todos os nenos e nenas que foron cantar os Reis, aos seus amigos e familias, cunha tarde de festa rachada: colchonetas, burbullas, un obradoiro de globoflexia, contacontos, merenda......
Aquí queda anunciado.

domingo, 17 de junio de 2012

ABELLAS

Hai unha semana que estamos a investigar e aprender sobre as abellas. En Vide hai varias familias con colmeas, e a semana que ven iremos ata a casa de Antón onde o seu pai esnsinaranos as súas colmeas, logo o día 26 de xuño iremos ata Apípolis a pasar o día. Mentras seguimos aprendendo e bailando a danza das abellas.

 Premendo na IMAXE, enlazas coa páxina de recursos que elaboramos:


viernes, 15 de junio de 2012

Na Biblioteca Pública de Ribadavia

O luns pola tarde tivemos unha boa excursión. Fomos en tren ata Ribadavia, a visitar a súa biblioteca e coñecer a vila. Para preparar a viaxe investigamos, buscamos e aprendimos sobre Ribadavia, do seu castelo, do seu barrio xudeu, do río Avia, e ata un pouquiño do seu famoso viño do ribeiro.
Na biblioteca pública de Ribadavia, paseamos polos seus distintos espacios- moi caladiños que había xente lendo e estudiando- e na sala de infantil, que Tereixa, a bibliotecaria, tiña preparada toda para nós, estivemos un montón de tempoe  lendo, escoitando contos e falando. De esta biblioteca e da nosa, de como estaba organizada unha e outra, de libros e editorais..., e de espacios, que foi a única pega que lle atoparon. Un pouquiño escaso para a morea de nenos que o luns pola tarde a invadíu.

Cando marchabamos, Tereixa fixo saltar a todos de alegría: de agasallo un libro para cada un, e para a nosa biblioteca unha bolsa chea deles.

Que gusto da visitar unha biblioteca como esta, cunha bibliotecaria como Tereixa!

E logo, un paseo por Ribadavia, o seu castelo e o barrio xudeo, coas súas rúas estreitiñas e os soportais.
Merendamos no parque, xogamos un pouquiño e... a coller o tren de volta `para Vide!.

jueves, 14 de junio de 2012

Ribadavia

Para ir a Ribadavia preparámonos ben. Buscamos no OPAC Meiga  da nosa   biblioteca e atopamos dous libros: un dos Bolechas, "Os bolechas e a princesa de Ribadavia", e outro que traía moitas fotografías sobre a vila: "Ribadavia", da editorial Ir Indo.
Para saber máis buscamos información en internet e este foi o resultado:





                                 






E tamén un Boletín de A2 con información sobre Ribadavia para os nosos pais:






domingo, 3 de junio de 2012

Visita a A Ponte

O venres tiñamos unha andaina: chegar ata a A Ponte- un lugar de Vide que leva o nome da ponte sobre o río Termes- para achegarnos a casa de Fina e Pepe.
Estabamos invitad@s a visitar o seu eido: casa, horta, xardín.... e tódolos animais: galiñas, canarios, periquitos e peixes.
Para andar o camiño viñeron con nós dous pais: Bruno e Jorge- logo aínda houbo unhas risas, a novedade- e Pepe e Fina portáronse como excepcionais anfitrións, respondendo a todas as preguntas- infinitas- dos nenos , agasallándoos cunha merenda IM presionante e invitándonos a regresar cando queiramos.


Para rematar,sentados á sombra das árbores, limos o conto que levabamos na mochila dos libros: "El caballero y el dragón", de Jane Clarke, editorial SM, e emprendimos o camiño de volta á escola. Magoa que este curso o tempo non nos deixara facer moitas "visitas".