
O vídeo da súa actuación sabémolo de memoria: como subir a unha silla, como tocar a guitarra, como chorar..... aaaaauuuuuuuhhh!!!! asi que decidimos dar un paso máis e aprender de outro grande mestre, esta vez do MIMO: Marcel Marceau.

Dí Alba que o que máis lle gusta de facer de Marcel, é que hai silencio TOTAL e a Iago o de poder falar coas mans, pero a todos encántalle o doado que é cambiar de triste a alegre: un toque na túa frente ..e listo!
Mañán xogaremos a imitarnos. Habémonos de divertir ben, que levamos unha semaniña que non paramos de traballar.