Acampada de verán: 19,20 e 21 de Xullo de 2011
As nenas e nenos de Vide acamparon un verán máis no patio das escola, pero este ano decidimos que o grupo dos maiores acamparan a segunda noite en San Fins, no monte. Foi unha boa decisión porque a experiencia non a esqueceremos. Ao chegar a noite baixaron a visitarnos as vacas e a brétema. O único que escoitabamos no medio da escuridade era o "tolón,tolón" e pouco a pouco as vacas foron rodeando as tendas de campaña. Puxeramolas no lugar onde as vacas baixaban a durmir!!!!. NOn nos quedou máis remedio que durmir con elas. Pola mañanciña marcharon sin despedirse aínda que por pouco levan por diente algunha tenda.
O ano que ven repetimos.
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
Mostrando entradas con la etiqueta acampada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta acampada. Mostrar todas las entradas
viernes, 22 de julio de 2011
miércoles, 25 de agosto de 2010
VIII Acampada da Unitaria
Pois teño que falar de outra acampada, a que todos os anos facemos no verán no patio da escola. Unha pequena acampada de tres días e dúas noites, con xogo de pistas pola noite e subida- e baixada- ata Ribarteme para @s maiores o segundo día.
Nesta acampada non hai máis adultos que a mestra. As nais e pais "SO" botan unh
a man para montar e desmontar as tendas, preparan a cea da primeira noite na carballeira de A Chan de Vide, acompañarnos na subida a Ribarteme, vir tomar un cafeciño de madrugada conmigo.... pero non participan na acampada propiamente dita. En canto entramos no patio da escola, só quedan as tendas de campaña, @s nen@s e Sabela. E non se precisa de máis . Faise unha asemblea onde facemos inventario de recursos: tendas,sacos, mochilas....,necesidades e actividades a desenvolver, logo facemos a distribución por tendas segundo as súas preferencias e logo os máis pequniños, os de 3, 4 e 5 anos, escollen "pai ou nai" ,que será @ maior que termará e cuidará de cada un deles.E abofé que son uns pais/nais do máis reponsable.
Son tres días tranquilos, nos que hai moitos tempos nos que só teño que "estar" pois eles se organizan pola súa conta, e disfrutan facéndoo sen a miña intervención.
e dixen ben días tranquilos porque as noites son outro cantar: entre o chan, os xogos, as risas, o vento, as curuxas e as apostas para ver quen aguanta máis sen durmir..... as noites son unha romería.
Todos os anos sorpréndeme o xeito no que está integrada a Biblioteca. Esta vez tamén
na primeira noite cando quedan a durmir os cativos, os maiores que facían de pais/nais foron pola súa conta ata a Biblioteca na procura dun conto para lles ler, e os que non foron houberon de ir pitando pois ningún pequeno quería durmir "sen o conto". Pola mañán,mentras se estaba a espera de que quentara o leite, uns charlaban, outr@s xogaban ou arrumbaban a tenda, pero tamén houbo @s que foron ata a Biblioteca e deitad@s na alfombra pasaban as follas dos "libros sorprendentes".
Xa imos na 8ª acampada de verán, agora a esperar pola novena.
Nesta acampada non hai máis adultos que a mestra. As nais e pais "SO" botan unh
a man para montar e desmontar as tendas, preparan a cea da primeira noite na carballeira de A Chan de Vide, acompañarnos na subida a Ribarteme, vir tomar un cafeciño de madrugada conmigo.... pero non participan na acampada propiamente dita. En canto entramos no patio da escola, só quedan as tendas de campaña, @s nen@s e Sabela. E non se precisa de máis . Faise unha asemblea onde facemos inventario de recursos: tendas,sacos, mochilas....,necesidades e actividades a desenvolver, logo facemos a distribución por tendas segundo as súas preferencias e logo os máis pequniños, os de 3, 4 e 5 anos, escollen "pai ou nai" ,que será @ maior que termará e cuidará de cada un deles.E abofé que son uns pais/nais do máis reponsable.Son tres días tranquilos, nos que hai moitos tempos nos que só teño que "estar" pois eles se organizan pola súa conta, e disfrutan facéndoo sen a miña intervención.
e dixen ben días tranquilos porque as noites son outro cantar: entre o chan, os xogos, as risas, o vento, as curuxas e as apostas para ver quen aguanta máis sen durmir..... as noites son unha romería.
Todos os anos sorpréndeme o xeito no que está integrada a Biblioteca. Esta vez tamén
na primeira noite cando quedan a durmir os cativos, os maiores que facían de pais/nais foron pola súa conta ata a Biblioteca na procura dun conto para lles ler, e os que non foron houberon de ir pitando pois ningún pequeno quería durmir "sen o conto". Pola mañán,mentras se estaba a espera de que quentara o leite, uns charlaban, outr@s xogaban ou arrumbaban a tenda, pero tamén houbo @s que foron ata a Biblioteca e deitad@s na alfombra pasaban as follas dos "libros sorprendentes".
Xa imos na 8ª acampada de verán, agora a esperar pola novena.
jueves, 8 de julio de 2010
Limens de novo
Comenzamos este curso indo tod@s, mestra, nen@s nais e avoas e un pai a acampar a Limens e así decidimos rematalo.
Charo ofreceunos de novo a posibilidade de facelo e non fomos quen de rexeitar a oportunidade de novamente ir pasar uns días a beira do mar.
Esta vez eramos máis e a novedade foi que varios pais, tres, viñeron tamén con nós.
Organizámonos do mesmo xeito: a mestra a cargo da rapazada e os pais e nais a cargo da intendencia.
Foi unha moi boa experiencia colectiva de compartir, organizar e distribuir o traballo, administrar recursos..... e en condicións escasamente favorables pois
pouco faltou para que o segundo día tiveramos que levantar as tendas e voltar para casa: choveu todo o día e non dispoñíamos e espacio suficiente onde acoller os nen@s-¡dezaoito!- pero as ganas de seguir, a imaxinación e a boa vontade poido máis que a chuvia e aguantamos descubrindo xeitos impensables de pasalo ben nun espacio reducido: inventamos centos de historias e xogos e rímonos da chuvia e o mal tempo. Aguantamos, e o premio chegou co bo tempo dos dous días seguintes.

domingo, 6 de septiembre de 2009
Santa Marta de Liméns
¡Que boísima idea irnos xunt@s nen@s, nais e mestra de acampada!. Ao final foron tres días, non dous, porque o lugar o merecía e sobre todo mereciamolo nós.
E voltamos contentas de ter ido,cunha morea de historias que recordar, moreniiiiiisimas e, por mor das cociñeiras, cuns quiliños de máis que nos sentan de maravilla. E @s nen@s a pedir:
-¡Por fa, un día máis......!
E eu, que dicir. Con estas nais e avoas e con estes nenos e nenas son a mestra con máis sorte do mundo.
E por suposto, gracias Charo pola túa xenerosidade.

martes, 1 de septiembre de 2009
Chegamos e.........¡¡¡¡¡¡marchamos!!!!!!
E aquí estamos de volta logo dun verán ben movido. Fixemos a acampada de verán no patio da escola, fomos andando a San Fins, a San Nomedio, á Franqueira... bailamos e tocamos na tractorada logo de recorrer toda a parroquia cos tractores probando o viño, repetimos festa coas gaitas e as pandeiretas en Mirenciños na festa do carneiro....en fin, menos mal que rematou o verán que senón o verán ía rematar con nós.
Xa estabamos praparadas para comenzar un novo curso sereo e tranquilo cando Charo, a nai de Dimas,vai e fainos unha proposta:
-¿E porque non imos pasar dous días nunha finca que eu teño na praia?
- ¿QUEEEEEEE?
- Non está moi lonxe, está en Cangas, na praia de Santa Marta de Liméns. Sería un xeito diferente de empezar o curso. E seguro que para @s nen@s sería unha boa experiencia. E ademáis xa están afeitos a ir de acampada. E tamén está a casa a vosa disposición. Unha boa data sería
- ¿Que que nos parece??????
¡¡¡¡¡ORGHANISASIÓN!!!!!!!
1-¿ Que nen@s levamos? : Alumnado e ex-alumnado menor de 8 anos: 18 apuntados
2-¿Cantas nais poden acompañar? : Seis nais e dúas avoas.
3-¿Cantos coches para a viaxe?: Seis coches. Xusto.
4- ¿Tendas de ca
5- ¿Cando marchamos? . Saímos da escola o xoves, 3 de setembro ás 10 da mañán. De volta o venres, 4 de setembro á noitiña.
6- ¿Algo máis?. Si. As nais/avoas ocúpanse da intendencia e a mestra, eu, da programación e das actividades cos cativ@s.
Pois xa está todo.
Aínda non chegamos e xa nos estamos indo.
PD. Díxome un paxariño que Fabiola quere vir con nós, ela e mailo pequeno Xaime que xa ten ¡un mes e máis algúns días!. Seica xa ten todo preparado.
domingo, 20 de julio de 2008
ACAMPADA 2008
Xa rematou a Acampada 2008 da Unitaria de Vide. Este ano participaron 41 nenos e nenas, 24 maiores e 17 pequenos que só se quedaron a durmir unha noite.
¡Que ben nolo pasamos!
Como sempre contamos cun comité de apoio de nais, avoas e pais que nos axudaron coa "infraestructura": montar as tendas, poñer a luz no patio, preparar o churrasco da cea da primeira noite, colocar as pistas do xogo nocturno, acompañar na subida ao monte.... e o que faga falta, pero na acampada non hai máis adultos que a mestra e son os máis maiores quen cuidan dos pequenos.
E fixérono de maravilla, ¡ata lle leron un conto pola noite antes de durmir!
Os pequenos - case todos quixeron durmir na tenda grande con Sabela- quedaron durmidiños deseguida, pois xa era moi tarde logo do paseo buscando as pistas de noite polas corredoiras da parroquia ata atopar o tesouro que nos deixara a Bruxa do Campanario. Os maiores tamén durmiron, claro, pero... como non tiñan sono....¡menuda festa!, e menos mal que non durmían porque o vento case nos leva unha tenda polo aire, e as cinco da mañán houbo que facer "traslados".
Sin problema, porque como aínda non tiñan sono....
Pero cando as nove e media da mañán chegaron Geni e Dina para levalos andando ata San Fins,alí estaban todos preparados e cunhas caras...¡como rosas!. Menos a de Sabela, que semellaba que a atropellara un camión.
En San Fins, pasamos o día e deixamos feita unha preciosa cabana, perfecta para pasar a noite cando a romaría do mes que ven.
E si alguén pensa que esa segunda noite había ganas de durmir, é que non se entera de nada. Había que facer xogos, cantar, bailar, falar, falar, falar...rir, e seguir xogando, falando e despois¡¡¡¡¡por fin!!!!!!, durmir.
E así chegou a derradeira mañán da acampada. Almorzamos, recollimos as tendas e aínda quedou forza e tempo para coller as pandeiretas e cantar:
"miña nai e maila tuá
van xuntas a romeriá
malo demo parta a tuá
porque se levou a miñá
porque se levou a miñá
porque se levou a miñá
a tua ía borrachá
a miña xa non se tiñá"
A pesares da cantiga tan irreverente, as nais que ían chegando sentábanse tamén a cantar, e cheas de envexa dicían....
- ¿E cando imos facer unha acampada para nós?.
Pero iso é outro conto. Primeiro haberá que despertar á Sabela, que acaba de quedarse durmida agarrada á mochila.

lunes, 14 de julio de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)