Celebramos unha festa de Entroido chinesa. Adornamos con faroles a escola, puxemos música chinesa , pintámonos os ollos e puxemos os traxes que tiñamos preparados.
A algunhas mamás gustáralle tanto a vestimenta que fixeron tamén os seus traxes igualiños que os nosos e participaron na festa.
Como tiñamos medo de que chovera, cando saímos a pasear procuramos non apartarnos moito da escola, por si tiñamos que escapar correndo.
Logo, na escola, mentras os nenos e nenas vían a película de Kun Fu Panda 2, as mamás prepararon unha espléndida comida, porque na festa do Entroido sempre comemos todos na escola, e alí comimos, e xogamos, e falamos....ata ben entrada a tardiña.
Tan tardiña era que xa nos quedamos para tocar a pandeireta... e seguimos de festa!
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
viernes, 28 de febrero de 2014
jueves, 27 de febrero de 2014
China: arroz tres delicias
miércoles, 26 de febrero de 2014
China: Tai chi
.
O Tai chi é unha arte marcial orixinaria do imperio chino que actualmente é practicada en todo o mundo, especialmente pola súa relación coa meditación e a promoción da saúde, pois a súa práctica está relacionada coa consecución dun maior equilibrio físico e síquico.
Nós tamén aprendimos un pouquiño de tai chi:

Os seus fundamentos orientanse a :
- Vencer o movemento a través da quietude.
- Vencer a dureza a través da suavidade
- Vencer o rápido a través do lento.
Nós tamén aprendimos un pouquiño de tai chi:
lunes, 24 de febrero de 2014
Entroido: preparando quipaos e hanfus
Logo de moito debatir escollimos os traxes de chineses que imos facer para o entroido.
A votación foi reñida pero ao fin chegouse a acordo:
- As nenas un quipao
- Os nenos un hanfu.
E puxémonos ao traballo:
domingo, 23 de febrero de 2014
Día de Rosalía
Hoxe celebramos o día de Rosalía. Xa tiñamos a porta da Biblioteca preparada para ela e tiñamos tamén unha cesta con camelias para agasallala no día do seu cumpreanos. Recordamos os poemas que tiñamos aprendidos e memorizamos un novo que nos ensinou Marcos:
e outro máis que escollimos de un dos libros da Biblioteca:
Adios rios, adios fontes,
adios regatos pequenos.
adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos.
e outro máis que escollimos de un dos libros da Biblioteca:
Corre o vento, o rio pasa,
corren nubes, nubes corren,
camiño da miña casa.
sábado, 22 de febrero de 2014
viernes, 21 de febrero de 2014
miércoles, 19 de febrero de 2014
China: pagodas
As pagodas son construcións de madeira de varios pisos e tellados superpostos, normalmente con funcións relixiosas, que podemos atopar en China e outros paises de Asia oriental
Hoxe imos colorear pagodas:
Hoxe imos colorear pagodas:
lunes, 17 de febrero de 2014
China: a muralla chinesa
A Gran Muralla Chinesa foi construída no século III adc para protexer ao imperio chinés dos mongoles e manchures. É moi longa, perto de 12.000 kilómetros. Non se fixo dunha vez, tardouse uns dous mil anos en construíla toda.Actualemente a súa meirande parte atópase en ruínas quedando moi pouco dela en bo estado.
Nós fixemos a nosa Muralla Chinesa e quedounos IMpresionante:
Nós fixemos a nosa Muralla Chinesa e quedounos IMpresionante:
jueves, 13 de febrero de 2014
China: xogos chineses na pizarra dixital
Hoxe xogamos na pizarra dixital e nos ordenadores.
Para xogar, preme nas imaxes:
Para xogar, preme nas imaxes:
O Chi chiao pan- tangram-
O PAI, FILLO, NAI :
martes, 11 de febrero de 2014
China: os xogos tradicionais chineses
Moitos dos xogos que xogan os nenos e nenas do mundo teñen a súa orixe en xogos tradicionais chineses:
- O peón.
- Os papaventos.
- As canicas.
- O dominó.
- O pai, fillo, nai.
- O tangram,que os chinenes chaman chi chiao pan.
- O mikado.
.......
Na biblioteca tiñamos dominós e un xogo de mikado, así que fixemos varios tableiros de "Pai, fillo, nai" e uns cantos tangram, ou chi chiao pan, e xogamos, xogamos e xogamos.

viernes, 7 de febrero de 2014
miércoles, 5 de febrero de 2014
China: libros de infantil na biblioteca.
Están á túa disposición na Biblioteca:
Os sete irmáns chineses. Rodolfo Castro. Editorial OQO
Os sete irmáns chineses eran seis, ou eran cinco, vivían preto do mar e ninguén os podia distinguir porque eran todos iguais. Para non confundirse, súa nai chamáballe Li a todos, pero cada un era diferente.
Lian. de Chea Jian-Hong. Editorial Corimbo.
Lo é un pescador que un día axuda a unha velliña a cruzar un río, ela, regálalle unhas sementes da boa sorte. Das sementes naces lotos, e entre os seus pétalos está Lian, unha cativa con poderes. Estes poderes poñerana en perigro e Lo deberá rescatala.
.
Yo, Ming, de Clotilde Bernos. Editorial Kókinos.
O avó Ming podía haber nacido Emperador e vivir rodeado de criados e riquezas, pero menos mal que non foi así, porque a el gúastalle vivir na súa aldea. falar co seu amigo Liam e sobre todo, levar á escola todas as mañáns á súa neta Nam.
Un jarrón de la China. Begoña Ibarrola. Editorial SM
Perteñecía a un pobre labrego e levaba na sua familia moitos, moitos anos, pero un día tivo que vendelo a un comenrciane para poder comprar comida.
La reina Trotamundos en China.Montse Ganges. Editorial Combel.
A raíña Trotamundos cóntanos a súa viaxe por China co seu cabalo viaxeiro.
China, grandes secretos para pequenos viajeros. Scott Forbes. Editorial Loney Planet.
Este libro os nenas e nenos de infantil téñeno que "ler acompañados", pero...
.....sabías que en Pekín hai moitísima calor non verán e un emperador, hai uns catrocentos anos tivo a 10.000 traballadores durante 14 anos cavando para cosntruir un lago artificvias e así "refrescarse"?

martes, 4 de febrero de 2014
Proxecto China, recursos
Chu foi o neno escollido para saber máis sobre el, así que iniciamos un novo proxecto de traballo : CHINA, que nos servirá ademáis para o noso disfraz de Entroido.
Para comenzar a traballar aquí están os enlaces:
:
Mapa interactivo
Google maps China
Nomes chineses e o seu significado
Caracteres chinos, pronunciación e significado
O teu nome en chinés
Comida china
Coñecer China
Cultura China
Animais da China
Imaxes para colorear
Libros infantís: China

lunes, 3 de febrero de 2014
Chu e An
Como no conto de Rodari "Un e sete" - si, aínda seguimos con el- só había nenos, eu decidira "adaptalo" e así apareceu en París unha nena : Adele, e en Nova Iorque outra, Emily. Tamén fixen que algúns dos pais se convertisen en nais para que o "cadro" quedara máis completo.
A pesares diso, cando chegamos a CHU, que vivía en Shanghai, unha das primeiras preguntas foi:
-É neno ou nena?
Eu propuxen que decidiran eles, e comenzou a discusión.
- Pois eu digo que é neno- Marcos-
- Debe ser nena, porque hai moi poucas, só dúas- Samara-
-É verdade- Saul- ten que ser nena.
E foi nena.
Eu quero pensar que a Rodari lle parecería ben a "miga" que pode ter o seu conto.
E agora estamos a buscar nomes chinos de nena e neno e a coñecer un pouquiño de Shanghai .
De entre todos os nomes , escollimos AN, que significa PAZ

Suscribirse a:
Entradas (Atom)