Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de marzo de 2011

Pilarita de Camilo, pandereteira


Estabamos o venres pola tarde tocando a pandeireta na escola cando petaron na porta .
Era a nai de Camilo, que hai uns meses se víu a vivir con el e a muller .
-Podo tocar con vós?
- Claro que podes, pasa e séntate !!
- Eu tamén era pandereteira, pero xa hai moitos anos que non toco.

Pilarita- agora chámanme Pilar, pero eu sempre fun Pilarita- ten 97 anos.

Colleu unha pandeireta na man e aínda lle repenicaba á xota e á muiñeira - ai, este brazo non me deixa mover ben a man! - mentras recordaba cantares da súa mocedade - mira que eu sabía, pero agora xa non me lembro ben das letras, cantai vós- e contounos como cando era nova non había serán ao que non fora- faciamos seráns todas as semanas, e alá ía eu, a todos, coa miña pandeireta- e como bailaba e cantaba, ela e as súas amigas.
Nestas, Pilarita empezou a preguntar.
- E a volta? cando facedes a volta?
Nós mirabamonos unha ás outras sen saber o que preguntaba. Que volta?
- Non facedes un serán?
Entón entendimos. Había mulleres, nenas, pandeiretas, risas, café,
bizcoito, era a hora apropiada.....só faltaba poñerse a bailar, e xa tiñamos a festa completa: un serán.
Non lle gustou nada que nos quedaramos coa festa a medias.
Aínda cando marchaba díxonos:
- Tedes que facer a volta.
Pero ela ben sabe que non tiñamos para facer a volta completa, que a volta se facía para poder "mocear", e..... onde estaban os mozos?

jueves, 11 de marzo de 2010

Amparo Ochoa

Amparo Ochoa, naceu en Sinaloa, Mexico en 1946 e foi mestra rural ata que decidíu deixar o ensino e estudiar música para cumplir o soño da súa vida: cantar.
Incorporarase ao movemento do Canto Lationoamerica e convertirase nunha gran figura da Nova Canción.

Irá de praza en praza, de lugar en lugar chamando a conquistar un mundo máis xusto onde ninguén sexa escravo e a ningún neno lle falte o sorriso.
Non atendeu aos intereses comerciais, polo que sacrificou a fama e os cartos polo pracer de cantar na súa terra, libre e sen ataduras.

Morre en 1994, pero a súa música segue a ser un documento vivo da súa vida e do su compromiso social.


Dúas cancións que estremece escoitalas.
- Muller, letra de Gloria Martin, venezolana cun recorrido vital inverso: de cantautora a profesora.
- A Muller, letra de León Chávez



miércoles, 3 de marzo de 2010

LÁ VAI UMA

Estamos aprendendo a cantar e bailar unha cantiga dos nosos veciños. Esta é a letra:


LÁ VAI 1

LÁ VAN 2
3 POMBIÑAS A VOAR
UNHA É MIÑA,
OUTRA E TÚA

OUTRA É DE QUEN A APAÑAR


7 E 7
SON 14

CON MÁIS 7
21

TEÑO 7 NAMORADOS
E NON GOSTO DE NINGÚN.


Na Virada, no seu primeiro disco Rolada de Cantigas ten unha adaptación desta cantiga, na que inclúen letras portuguesas, galegas e brasileiras: unha cantiga TRILINGÜE.





No libro/cd "Cancionero infantil del papagayo" da Editoiral Kokimos tamén podemos atopar esta cantiga:

jueves, 7 de mayo de 2009

Día internacional da ópera

Nesta escola dende que se leu o libro O último canto, quedamos presos de " O sole mio", e agora de cando en vez, escoitamos algún fragmento de ópera, e buscamos en You Tube para ver o video.

O vindeiro sábado será o Día internacional da Ópera e, para celebralo, queremos compartir con vós este video que descubríu Mateo cun fragmento da Traviata.

¡ Que disfrutedes tanto coma nós!



sábado, 28 de febrero de 2009

Novidades fresquiñas

Chegaron á Biblioteca dous novos Cds, un deles para @s cativ@s- e veño de decatarme que tamén para avoas-, de Mamá cabra: Patatín, patatán.
Cando me puxen a escoitalo descubrín unha cantiga de cando eu era pequena, que cantabamos e bailabamos na roda; eu cantaba " A chata Berengüela", Mamacabra cambialle a letra pero esa é a cantiga. Como non lembraba ben os pasos do baile, pregunteille ao día seguinte a algunha das nais se elas sabían.
-¿A chata que.....?
Non tiñan nin idea, pero nisto, a nai de Mateo dixo algo así como:
-A miña nai cantaballa ao neno cando era pequeno, sóame de escoitarlla.
E Mateo dixo:
- Si, si, a miña avoa sábea.
¿A súa avoa?¿A SÚA AVOA!!!!!!
¡Xesús como pasa o tempo!
Pois teremos que xuntarnos unha cantas avoas para ver si podemos ensinarlles "a quen houbere menester" a danza que acompañaba a esta cantiga tan divertida que Mamacabra-que non é ningunha avoa- tivo o bó sentido de recuperar para as nenas e nenos de agora.

E si queredes escoitar a cantiga, aquí queda:



O outro Cd é un agasallo especial para as pandereteiras.Unha manchea de preciosas cantigas que as Tanxedoras nos ofrecen . Escollín unha Xota para que vaiades facendo boca. A letra podedes atopala no blogue das pandereteiras

martes, 6 de mayo de 2008

Tan, tarán ...

DIARIO DA VEIGA


Onte, en canto chegamos, fumos á veiga para ver que tal lle sentaran os días de sol con un pouco de chuvia. As leitugas e tomates están que hai que velos,¡enormes! e todo o demáis, menos os pementos, medrando. Os xirasoles medraran unha cuarta e a herba tamén, por iso hoxe o traballo era arrincar herbas.

Pero había poucas ganas de arrincar herbas, polo que ao pouco decidimos deixalo para mañán e hoxe, facer matemáticas na veiga.

E puxémonos a contar leitugas, tomates, calabacíns...Contamos todo o que se nos puxo por diante. Averiguamos si había máis calabacíns que pepinos, cantas leitugas máis que tomates, cantos xirasois grandes, cantos medianos.... ata que nos cansamos e volvimos á escola a escribir no blog da veiga e na pizarra dixital todos os números que recordábamos.

Logo descansamos escoitando a "Serenata nocturna" de Mozart, e acompañamos aos violíns cantando:

TAN,TARÁN
TARÁN TARÁN
TAN TAN
TAN, TARÁN
TARÁN TARÁN TAN TAN.

Hoxe, ¡por fin! ninguén se acordou do "Chiqui chiqui".