Mostrando entradas con la etiqueta visita unitarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visita unitarias. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de abril de 2014

As Unitarias visitan a nosa Biblioteca

Todos os anos no mes de Abril-  o mes dos libros- o alumnado das outras dúas Unitarias de As Neves, pasan o día na nosa Biblioteca.
E onte foi ese día
A mañán deu para moito.

  • Na Biblioteca as nenas e nenos de Vide explicaron aos seus compañeiros das outras escolas como se organizan os libros, como se colocan nos andeis, os distintos espacios... e sobre todo, que hai que falar moi baixiño! Logo disfrutaron todo do seu tempo cos libros. Por suposto que o maior éxito lle correspondeu ao andel de libros sorprendentes. Era de esperar.
  •  Houbo tempo para o Contacontos, o libro elexido foi: 

          un precioso conto que permite a participación das nenas e nenos e a súa dramatización de xeito moi             doado. A escola encheuse de:
          miauuu, miauu...! socorro, socorro..!, gua, gua....! e de risas.
          Para rematar fixemos a ficha do libro: Titulo... Autor.... Editorial....

  • E, como na Biblioteca tiñamos preparada a exposición de libros de "Ciencia na Biblioteca", fixemos maxia e transformámonos en científicos facendo experimentos.
Un día cansado pero....completiño, completiño!!!