lunes, 15 de junio de 2015

Festa na carballeira

Cando o nadal, saímos cantar os Reis polo centro de As Neves e pola parroquia de Vide, e recollimos o aguinaldo.
E como todos os anos, agora, ao chegar o fin de curso, empregamos ese aguinaldo en alugar un MAGNÍFICO HINCHABLE, que como é tan grande, e ademais acuático, teñen que colocalo en A Chan de Vide. E despois da festa e do baño: merenda na carballeira.

O vindeiro martes, todos os nenos e nenas de Vide, estades invitados.

domingo, 14 de junio de 2015

Nenas e nenos árbore

Ao chegar xuño, algunhas árbores do quinteiro da nosa escola decidiron entrar na escola e para iso convertéronse en nenas e nenas árbores.

O alumnado pasou a ser: unha cerdeira, un loureiro, un buxo, un pradairo, un bidueiro e un freixo, e aprendéronnos como son as súa follas, as súas polas e o seu toro, que lles gusta comer, como pasan o invernos,  onde lles previren vivir...  mentres practicaban escribir con minúsculas e non esquecían comparar, medir, contar..., porque árbores si, pero matemáticos.


e está a ser moi divertido . E este é o libro de Editorial Unitariadevide.

domingo, 7 de junio de 2015

Tarde de fiadeiro en Vide

Adrián, que acababa de chegar de Madrid de pasar o seu primeiro ano estudiando "Comunicación Audiovisual", o domingo  pola tarde no fiadeiro xa nos dixera:
- Vouvos facer un agasallo.

E ben que nolo fixo:

Velaí esta:




miércoles, 3 de junio de 2015

Os árbore contos na biblioteca

As árbore contos están a ter moito éxito e para facilitar que os coñezas se premes na imaxe poderás ver que libros tes na biblioteca nos que as árbores son as protagonistas.



https://docs.google.com/presentation/d/1_jc2fbqTb-EbmBpMOiz1kqOJ72HAfn6-OFl5-Gp6rUw/pub?start=true&loop=false&delayms=3000

martes, 2 de junio de 2015

Recursos árbores

Para o proxecto "As nenas e nenos árbores" preparamos tamén un symbaloo, pois os nenos e nenas están moi familiarizados con este xeito de presentación e xa lles resulta moi doado e cómodo acceder premendo as iconas.
https://www.symbaloo.com/mix/asnosasarbores


E  unha exposición con libros de árbores para consultar, mais un andel co lema: "Os árbore- contos" para levar e ler na casa.

jueves, 26 de marzo de 2015

O libro das receitas


No mércores da dúas os nenos e nenas aprenderon a ser editores preparando un libro coas receitas do proxecto "Ciencias na cociña" que na escola viñamos traballando dende o mes de decembro.O libro leva no final follas en blanco para que cada quen lle poda ir incorporando as "súas receitas"
Quedou la mar de ben .
E todos e todas marcharon para casa co seu libro, para seguilo compretando.





miércoles, 10 de diciembre de 2014

Xaime fíxose vello

Seguimos co noso traballo do conto "Xaime e as landras", que xa vai moi avanzado:

Xa sabemos que Xaime non se rendeu, que seguíu plantando landras ata que conseguíu que unha delas se convertese nun FERMOSO CARBALLO onde aniñaban os paxaros e Xaime e os seus amigos podían sentarse a falar  na súa sombra.
Claro que como ben dixo Brandán, no entanto fíxose velliño e a súa familia tiña que cuidalo, a el, ao seu can e as súas galiñas.
- E porque sabes que tiña galiñas? dixo Daniela.
- Pois porque os avós teñen galiñas.
- Pero as galiñas pode matalas e comelas, porfía Daniela.
- Claro, e queda soliño de todo, sin nada que facer pola mañán!
- hhhhhh?
- Pola mañán ten que ir abrir as galiñas e botarlle o millo!
- hhhhhh?
- Que se aburre sen nada que facer todo o díiiiaaaaaaaaaaa!
- Pois si non ten galiñas hai que ir xogar con el, e contarlle un conto- Raul.
- Ou pode ir plantar landras- Ruth.
- Iso si- Brandán.

E chegadoso a este punto seguiron a facer a "ficha".


lunes, 8 de diciembre de 2014

Cantares de Reis

Os venres pola tarde ensaiamos os cantos cos que recorreremos Vide e As Neves os días 2 e 3 de Xaneiro.

"As Xaneiras", Panxoliña de Cadrón", os "Reis de Rinlo" e "Ollando pro ceo", son os éxitos deste ano. De seguro que recolleremos un bo aguinado porque cantar, cantamos DIVIINO!



E por si alguén quere aprender unha "nova", non deixedes de cantar e baillar esta panxoliña  de Chouteira: "O cometido"



miércoles, 3 de diciembre de 2014

Sabela e as zocas máxicas

Seguindo cos libros de ciencias en galego para pequenos, que aínda que poucos, hainos e moi bos, aquí temos unha magnífica proposta de agasallo de Nadal:

"Sabela e as zocas máxicas", que tamén podemos atopar na biblioteca.
Está publicado Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro dos recursos didácticos para educación infantil do Proxecto Terra:

"Da casa á escola é a idea que articula as tres historias deste conto. Un achegamento multisensorial e emocional/afectivo ao espazo vivido, que faga máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha á outra. Tres ámbitos: o privado, o social e o público, que estarán presentes ao longo das nosas vidas e que xa estamos a construír desde pequenos."


lunes, 1 de diciembre de 2014

As marcas dos animais

Nunha eira tan seca como a de "libros de ciencia" en galego para os máis pequenos , a editorial Baía ven de publicar un libro que non pode faltar nas nosas biliotecas, e que é un bo agasallo de Nadal para nenos e nenas:

"As marcas dos animais", con texto de Geneviève Caramel e ilustracións de Graziella Antonini, e  de seguro que aos maiores tamén lles interesará porque:

. Sabes quen é o mais rápido dos insectos?
Sabes cal é o animal mais lento?, e o máis rápido?....


viernes, 28 de noviembre de 2014

Cantares de Reis


Este é o repertorio deste ano. Incorporamos dous cantares novos:
- Os da manta.
- Ollei para o ceo.

jueves, 27 de noviembre de 2014

A Unitaria de Vide na prensa

Os nenos e nenas da escola de Vide, estaban onte en "La voz de la escuela".
Os periódicos en toda a zona desapareceron , porque todo o mundo quería ver a Diego e Samara facendo o experimento de "a torre de auga", a Ruth xogando a mariquitilla ou a Sabela contando como os nenos e nenas de Vide convértense en pequenos científicos e buscan, descubren, xogan e aprenden utilizando os recursos da súa biblioteca.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Animais, landras e carballos

Nós xa sabíamos que aos cabalos lles gustan os gromos dos carballos pequenos, porque baixaron do monte, entraron no comunal, onde se plantaran carballos logo dos incendios de hai uns anos e.....

Comeron e comeron, estragando a meirande parte do plantado, asi que  non nos extrañou que o carballiño que gromou da landra que plantou Xaime tamén se estragara porque o pisou un cabalo.

Pero como Xaime seguíu plantando ladras, hoxe puxemos un pouco de orden, para poder contalo ben:

1ª LANDRA: non gromou. Levouna un ESQUÍO.
2ª LANDRA: groumou pero... Pisouna un CABALO.
3ª LANDRA: gromou, medrou un carballo pero.... Comeuno unha CABUXA

Haberá outro xeito de organizar o que imos sabendo?
Mañán investigaremos, mentras, seguimos traballando.

















martes, 25 de noviembre de 2014

25 de Novembro Día internacional contra a violencia sobre a muller.

Hoxe, unha catiga:




Un libro:

"Unha feliz catástrofe", de Adela Turín que ben de ser publicada en galego por Kalandra:





e un xogo: crebacabezas  que nos recordan que, se se comparten as tarefas, combátese a violencia de xénero:




domingo, 23 de noviembre de 2014

Xaime e as landras. De ler

Esta adaptación do conto  permítenos a lectura colectiva - vía pizarra dixital- ao telo pasado a maiúsculas significando  as palabras  máis repetidas:

Polo agora , ademáis de XAIME, LANDRAS e CARBALLO, quedámonos cos animais- cantos haberá ?- sobre todo porque algúns deles sonche ben complicados, senón mira ESQUÍO.



Ademáis premendo na imaxe,  tamén podemos xogar , vía Graxaltic infantil cun Lim con actividades :





miércoles, 19 de noviembre de 2014

O carballo nas botas

Dende que estivo na nosa escola, hai anos, o contacontos Anxo Moure, as botas e zapatos vellos teñen unha nova  utilidade: servir de alcoube para  landras e castañas.

 Asi que cando pensamos en facer como Xaime, o neno do conto, e sementar as landras, decidimos facelo nas  botas vellas que tiñamos gardadas do ano pasado, para que cando agromen, ter outra vez "carballos con botas"











martes, 18 de noviembre de 2014

Landras

Coas landras que apañamos andivemos de "matexogos" . Había que escoller as mellores para plantar, e de paso contamos, sumanos e quitamos.... e logo de xogar,
como non chovía fomos correndo ata o carballo de Isabel a facerlle unha visita e tocar a súa pel rugosa, comprobar as ondas das súas follas, e contarlle que as súas landras , cando agromen,  ímolas plantar no baldío, onde os cabalos que baixaron do monte comeron os carballiños que xa estaban medrando na plantación que fixo hai tres anos a Comunidade de Montes.

Logo na escola limos o conto e escoitámolo no video que fixeron os nenos e nenas do CRA de Bergondo








lunes, 17 de noviembre de 2014

Xaime e as landras

"Xaime e as landras",Tim Bowley e Inés Vilpi, editado por Kalandraka , vai ser o noso proxecto de traballo, porque nós como Xaime imos plantar landras, e os carballos que agromen delas plantarémolos no baldío.

Escollimos este conto da biblioteca e mais "O carballo" de Calros Silvar, editado en Baía





Xa temos as landras recolectadas do carballo de Isabel, a nosa veciña. Un carballo ENORME e moi san , na beira do camiño que vai á escola e que enche o chan de landras .


viernes, 14 de noviembre de 2014

Castañas en almibre

E xa fixemos tamén a conserva de castañas: "CASTAÑAS EN ALMIBRE".
O que máis traballo nos deu foi pelar as castañas, menos mal que Ruth e Daniela colléronlle o xeito axiña, que senón non dabamos feito, sobre todo porque Talía e Raul non paraban de comelas.
Puxémoslle unha etiqueta co nome e un "libriño" coa receta, para que as mamás e papás tamén o fagan na casa.

E agora a esperar un mes para probar.

Conseguirémolo?