Seguindo cos libros de ciencias en galego para pequenos, que aínda que poucos, hainos e moi bos, aquí temos unha magnífica proposta de agasallo de Nadal:
Está publicado Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro dos recursos didácticos para educación infantil do Proxecto Terra:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjGBoZUPmL0ZFS77NLWYYKZe_b5SD5UQARM6HXabRYY8Zyr-cHeUcfsCqLKMmEvOm0KDtVweslEf9zcmuhNcFL-CHxg4TMqwhq3DLXY9ux4Vq-enTnFwSRYKwM8k4sex0noR_V9mBaCi40/s1600/PC150085.JPG)
"
Da casa á escola é a idea que articula as tres historias deste conto. Un achegamento multisensorial e emocional/afectivo ao espazo vivido, que faga máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha á outra. Tres ámbitos: o privado, o social e o público, que estarán presentes ao longo das nosas vidas e que xa estamos a construír desde pequenos."
No hay comentarios:
Publicar un comentario