domingo, 27 de abril de 2014

Miró: o libro


Unha das actividades de "Abril dos libros", foi a elaboración por parte do alumnado da unitaria, dun libro da nosa editorial: Editorial Unitariadevide .


No obradoiro de editor@s, fomos construíndo un libro coas fichas e material elaborado por cada neno e nena durante o desenvolvemento do Proxecto Miró.

Estas foron as tarefas que cada un deles realizou:

-Ordenar e alisar as follas.

- Facer a portada e contraportada.

- Escribir a ficha da primeira páxina.

- Picar as follas pouquiño a pouco.

- Poñer a espiral.

- Numerar as páxinas.




E este foi o resultado:

 

1 comentario:

pandereteira dijo...

Que agasallo máis bonito tiven no día da nai. Quitei unha folla do libro e xa teño na casa un cadro de "Joan Antón"!