Seguimos co noso traballo do conto "Xaime e as landras", que xa vai moi avanzado:
Xa sabemos que Xaime non se rendeu, que seguíu plantando landras ata que conseguíu que unha delas se convertese nun FERMOSO CARBALLO onde aniñaban os paxaros e Xaime e os seus amigos podían sentarse a falar na súa sombra.
Claro que como ben dixo Brandán, no entanto fíxose velliño e a súa familia tiña que cuidalo, a el, ao seu can e as súas galiñas.
- E porque sabes que tiña galiñas? dixo Daniela.
- Pois porque os avós teñen galiñas.
- Pero as galiñas pode matalas e comelas, porfía Daniela.
- Claro, e queda soliño de todo, sin nada que facer pola mañán!
- hhhhhh?
- Pola mañán ten que ir abrir as galiñas e botarlle o millo!
- hhhhhh?
- Que se aburre sen nada que facer todo o díiiiaaaaaaaaaaa!
- Pois si non ten galiñas hai que ir xogar con el, e contarlle un conto- Raul.
- Ou pode ir plantar landras- Ruth.
- Iso si- Brandán.
E chegadoso a este punto seguiron a facer a "ficha".
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
miércoles, 10 de diciembre de 2014
lunes, 8 de diciembre de 2014
Cantares de Reis
Os venres pola tarde ensaiamos os cantos cos que recorreremos Vide e As Neves os días 2 e 3 de Xaneiro.
"As Xaneiras", Panxoliña de Cadrón", os "Reis de Rinlo" e "Ollando pro ceo", son os éxitos deste ano. De seguro que recolleremos un bo aguinado porque cantar, cantamos DIVIINO!
"As Xaneiras", Panxoliña de Cadrón", os "Reis de Rinlo" e "Ollando pro ceo", son os éxitos deste ano. De seguro que recolleremos un bo aguinado porque cantar, cantamos DIVIINO!
E por si alguén quere aprender unha "nova", non deixedes de cantar e baillar esta panxoliña de Chouteira: "O cometido"
Etiquetas:
cantares de reis,
nadal,
videos
miércoles, 3 de diciembre de 2014
Sabela e as zocas máxicas
Seguindo cos libros de ciencias en galego para pequenos, que aínda que poucos, hainos e moi bos, aquí temos unha magnífica proposta de agasallo de Nadal:
"Sabela e as zocas máxicas", que tamén podemos atopar na biblioteca.
Está publicado Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro dos recursos didácticos para educación infantil do Proxecto Terra:
"Da casa á escola é a idea que articula as tres historias deste conto. Un achegamento multisensorial e emocional/afectivo ao espazo vivido, que faga máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha á outra. Tres ámbitos: o privado, o social e o público, que estarán presentes ao longo das nosas vidas e que xa estamos a construír desde pequenos."
lunes, 1 de diciembre de 2014
As marcas dos animais
Nunha eira tan seca como a de "libros de ciencia" en galego para os máis pequenos , a editorial Baía ven de publicar un libro que non pode faltar nas nosas biliotecas, e que é un bo agasallo de Nadal para nenos e nenas:
"As marcas dos animais", con texto de Geneviève Caramel e ilustracións de Graziella Antonini, e de seguro que aos maiores tamén lles interesará porque:
. Sabes quen é o mais rápido dos insectos?
Sabes cal é o animal mais lento?, e o máis rápido?....

viernes, 28 de noviembre de 2014
jueves, 27 de noviembre de 2014
A Unitaria de Vide na prensa
Os nenos e nenas da escola de Vide, estaban onte en "La voz de la escuela".
Os periódicos en toda a zona desapareceron , porque todo o mundo quería ver a Diego e Samara facendo o experimento de "a torre de auga", a Ruth xogando a mariquitilla ou a Sabela contando como os nenos e nenas de Vide convértense en pequenos científicos e buscan, descubren, xogan e aprenden utilizando os recursos da súa biblioteca.

miércoles, 26 de noviembre de 2014
Animais, landras e carballos
Nós xa sabíamos que aos cabalos lles gustan os gromos dos carballos pequenos, porque baixaron do monte, entraron no comunal, onde se plantaran carballos logo dos incendios de hai uns anos e.....
Comeron e comeron, estragando a meirande parte do plantado, asi que non nos extrañou que o carballiño que gromou da landra que plantou Xaime tamén se estragara porque o pisou un cabalo.
Pero como Xaime seguíu plantando ladras, hoxe puxemos un pouco de orden, para poder contalo ben:
1ª LANDRA: non gromou. Levouna un ESQUÍO.
2ª LANDRA: groumou pero... Pisouna un CABALO.
3ª LANDRA: gromou, medrou un carballo pero.... Comeuno unha CABUXA
Haberá outro xeito de organizar o que imos sabendo?
Mañán investigaremos, mentras, seguimos traballando.

martes, 25 de noviembre de 2014
25 de Novembro Día internacional contra a violencia sobre a muller.
domingo, 23 de noviembre de 2014
Xaime e as landras. De ler
Esta adaptación do conto permítenos a lectura colectiva - vía pizarra dixital- ao telo pasado a maiúsculas significando as palabras máis repetidas:
Polo agora , ademáis de XAIME, LANDRAS e CARBALLO, quedámonos cos animais- cantos haberá ?- sobre todo porque algúns deles sonche ben complicados, senón mira ESQUÍO.
Ademáis premendo na imaxe, tamén podemos xogar , vía Graxaltic infantil cun Lim con actividades :

carballo,
matemáticas,
xaimeaslandras
miércoles, 19 de noviembre de 2014
O carballo nas botas
Dende que estivo na nosa escola, hai anos, o contacontos Anxo Moure, as botas e zapatos vellos teñen unha nova utilidade: servir de alcoube para landras e castañas.
Asi que cando pensamos en facer como Xaime, o neno do conto, e sementar as landras, decidimos facelo nas botas vellas que tiñamos gardadas do ano pasado, para que cando agromen, ter outra vez "carballos con botas"

ciencia,
xaimeaslandras
martes, 18 de noviembre de 2014
Landras
Coas landras que apañamos andivemos de "matexogos" . Había que escoller as mellores para plantar, e de paso contamos, sumanos e quitamos.... e logo de xogar,
como non chovía fomos correndo ata o carballo de Isabel a facerlle unha visita e tocar a súa pel rugosa, comprobar as ondas das súas follas, e contarlle que as súas landras , cando agromen, ímolas plantar no baldío, onde os cabalos que baixaron do monte comeron os carballiños que xa estaban medrando na plantación que fixo hai tres anos a Comunidade de Montes.
Logo na escola limos o conto e escoitámolo no video que fixeron os nenos e nenas do CRA de Bergondo

ciencias,
matemáticas,
xaimeaslandras
lunes, 17 de noviembre de 2014
Xaime e as landras
"Xaime e as landras",Tim Bowley e Inés Vilpi, editado por Kalandraka , vai ser o noso proxecto de traballo, porque nós como Xaime imos plantar landras, e os carballos que agromen delas plantarémolos no baldío.
Escollimos este conto da biblioteca e mais "O carballo" de Calros Silvar, editado en Baía
Xa temos as landras recolectadas do carballo de Isabel, a nosa veciña. Un carballo ENORME e moi san , na beira do camiño que vai á escola e que enche o chan de landras .

libros,
matemáticas,
xaimeaslandras
viernes, 14 de noviembre de 2014
Castañas en almibre
E xa fixemos tamén a conserva de castañas: "CASTAÑAS EN ALMIBRE".
O que máis traballo nos deu foi pelar as castañas, menos mal que Ruth e Daniela colléronlle o xeito axiña, que senón non dabamos feito, sobre todo porque Talía e Raul non paraban de comelas.
Puxémoslle unha etiqueta co nome e un "libriño" coa receta, para que as mamás e papás tamén o fagan na casa.
E agora a esperar un mes para probar.
Conseguirémolo?

miércoles, 12 de noviembre de 2014
Polo San Martiño
O día 11 de novembro celebrouse o "Día do Peón", pero nós celebrámolo onte, porque parou de chover un pouco e poidemos sair ao camiño, porque
peóns ao camiño.
Polo San Antón,
peóns ao caixón.
Polo San Amaro,
peóns ao faiado
Xa na escola procuramos información sobre o peón, e recollímola de nenas e nenos de outras escolas, que xa tiñan feita a "investigación":
cantamos, contamos e memorizamos o lengalenga
e escribimos:
PEÓN
BUXAINA
TROMPO
E antes de marchar para casa aínda xogamos un pouco á mariola e escollimos co
Rei, rei
cantos anos durarei
vintecinco non o sei
un, dous, tres, catro, cinco, ...
porque xogamos.......MATEMÁTICO!
Etiquetas:
matemáticas,
peón,
recursos,
xogo
lunes, 10 de noviembre de 2014
Premio para "En marzo pintando con MIró"
No mes de xuño presentamos o traballo feito na Unitaria no mes de marzo: Pintando con Miró, ao Concurso de " traballo por proxectos coordinados pola bilbioteca escolar", convocado pola Consellería de Educación, e hoxe vimos de nos enterar que :
O NOSO PROXECTO FOI PREMIADO!!!
e estamos máis que contentos , máis que contenta, e xa poensando en que actividade da bilioteca empregar os 1000 euros- cando os ingresen, claro-
e deixámosvos con MIró - se premes na imaxe-

jueves, 6 de noviembre de 2014
lunes, 3 de noviembre de 2014
Ciencias na cociña
Estamos no mes de Novembro o "Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas" e nós, que neste curso temos unha escola matemática, biblioteca incluída, e non paramos de contar, medir, comparar, xuntar... imos comenzar a pesar, e que mellor que si facemos
ciencias na cociña
porque na unitaria temos unha cociña, cunha placa de inducción que é unha marabilla, unha báscula, un forno pequeniño, unha nevera do século pasado pero que fuciona... en fin, que estamos preparad@s para investigar cociñando.
E imos cociñar castañas, que temos moitas.
Cando fomos apañar castañas ao castiñeiro da nosa veciña a "Argentina", collimos tantas que nos sobraron moitas despois de facer o magosto, asi que discutimos que facer con elas:
- outro magosto non que chove.
- caldo de castañas non que é moito traballo.
- castañas con leite ummmm non sei , non sei...
- castañas en almibre si, siiiii
agora só nos queda investigar como se fan castañas en almibre.
Mañán empezamos.

viernes, 31 de octubre de 2014
SAMAÍN MATEMÁTICO
Quedamos en que este é un curso matemático non?, pois entón tamén o Samaín e o magosto son matemáticos.
Ademais de facer series coas castañas e landras, ordenar os cocos, agrupar as castañas e as landras, calcular que coco pesaba máis.... en fin , todo o que se nos ocurríu, fixemos unhas fichas " de avaliación matemática" para os libros do samaín:

jueves, 30 de octubre de 2014
Chega o Samaín
Como imos facer unha FESTA na Casa da Auga para celebrar o Samaín e o Magosto, con todos os nenos e nenas e veciños de Vide, para non perdernos no rebumbio, decidimos facer un "obradoriño" de caveiras e un Magostiño hoxe na escola "só para pequeniños".
Menos usar o coitelo para cortar os cocos, todo o demais o fixeron os nenos e as nenas: ir a apañar castañas, escollelas, preparar as candeas, asar as castañas, comelas......todo!
Como antes pintaramos as caras, parecímaos uns "mortos vivientes", e ata o carteiro asustouse de nós- antes de que o invitaramos a castañas-.

martes, 28 de octubre de 2014
Ler polo Samaín
Xoves, venres, sábado e domingo..... catro días perfectos para pasear, apañar cogumeos e castañas, festexar o samaín ou facer un magosto, pero tamén tempo para ler, por iso a biblioteca A2 vaivos facer unha proposta de lectura:
Etiquetas:
biblioteca,
boletín,
exposición,
samaín
sábado, 25 de octubre de 2014
viernes, 24 de octubre de 2014
BIBLIOTECA DE MATEXOGOS
Xa temos unha biblioteca de xogos matemáticos na escola:
e agora tamén una Biblioteca de MATEXOGOS para xogar na PDI, no ordenador, na casa ou na escola, con solo premer un botón:
Preme na imaxe e...LISTO:
Etiquetas:
biblioteca,
dia das bibliotecas,
matemáticas,
recursos
jueves, 23 de octubre de 2014
Día das bibliotecas: Matemático !
Como temos unha biblioteca matemática, para o "Día das Bibliotecas" preparamos a lista dos 10 libros máis matemáticos pois este curso imos
Estes son:
Si queres descargar a presentación preme AQUÍ
Contar cos contos
Estes son:
Si queres descargar a presentación preme AQUÍ
Etiquetas:
dia das bibliotecas,
matemáticas,
recursos
viernes, 17 de octubre de 2014
Números nos contos
Levamos uns días "investigando" na biblioteca buscando libros que nos permitan contar: 1,2,3,4...., primeiro, segundo...., ou que no seu título apareza un número.
Hai moitos, así que preparamos unha pequena exposición con eles e fixemos unha lista cos libros que máis nos gustan.
Fixemos grandes cartaces cos números e pasamos moito tempo a xogar con eles e ordenanando os libros polo número do título.
Como non se me ocurríu antes?

Suscribirse a:
Entradas (Atom)