![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhC8sQriwI868UTnQ8mbZtNjpaJxxuQOJ5BtS2ip8visoeJP7bt2a-t4sfpSl8BSEj-ukQtG-BMyHs3MWZR1rjkkhF-mDiv11tzw1Xm26eG0DWBUUemlgN_2q6VTsKu8z7G_KEPBUGv2ks/s200/SAM_3836.JPG)
Non podiamos deixar de celebrar a noite de San Xoán e o sábado quedamos na escola pola tarde para facer o meco. Geni, como todos os anos, trouxonos a roupa e de Digna era a palla para enchelo. Fomos ao "Avelino" a polos petardos que sempre leva dentro e entre uns e outros armamos un bo meco que levamos ata Chan de Vide no tractor de Celestino e alí, logo de montar a fogueira coa leña e madeira que os viciños foran deixando, Bruno subíu ás escaleiras para colgar a
"Delfino" ben alto.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiwBj1fFqNtvUPhNHy6CgmV_yr_9gkZxzvCG6SbJsprPlzcLrdoyo6BQi40v7N195CZR7LzwIDEeY0bWzv5e5Fl2Bg4DUbyvRRLRhr43OaxXQW6zZ0XPrzwxcUpM6ib_M3khE1IFKqEI7c/s200/SAM_3845.JPG)
O traballo viusenos enriba e non nos deu tempo de ir á procura das
herbas de san xoán, para facer o cacho, así que é posible que a pel das nosas preciosas facianas tome nota delo. Xa veremos.
Ceamos na carballeira de A Chan e ás 12 en punto prendimos lume a fogueira.
Antes, todos os nenos e nenas, e algún que outro "infiltrado", puxeramonos en roda arredor dela para cantarlle:
Delfino vai en coche
Delfino en coche vai
Delfino vai en coche
á fogueira de San Xoán.
Despois, cando o lume chegou ata Delfino e levouse con el todo o malo que fixemos, que sentimos, que pasou neste ano, choramos e berramos pero tamén aplaudimos por estar xuntos cantando e bailando na noite de San Xoán.
E tocamos as pandeiretas e as gaitas, e bailamos e cantamos mentras esperábamos que chegase a mañán da noite de San Xoán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario