martes, 15 de mayo de 2012

Instrumentos pobres

Unha chamada dende o IES Pazo da Mercé e a máquina púxose en marcha: o alumnado da Unitaria estaba invitado a acudir á charla/concerto que Xavier Blanco daría baixo título "Instrumentos Pobres" dentro das actividades organizadas ao redor da celebración do Día das Letras Galegas no Instituto.
As nais e pais, unha vez máis, organizáronse como nais/taxi, e todo quedou preparado.
E alí estivemos, apampados, escoitando a Xavier Blanco interpretando preciosas melodías tradicionais cunha palla de centeo, ou unha vara de sabugueiro, ou como non, coa gaita de cana.
A voz de Xavier chamaba á vaca Pinta mentras as súas mans voaban tocando a muiñeira cunha pedra no legón, e os pequenos rían mentras miraban ás ventás esperando ver aparecer á vaca.
Foi unha mañán memorable.
E agora Noa vai beber petando no cazo e dí:
-Mira!!!, como o profe dos maiores!
E Marcos, especialista en levarse todo a boca, agora fai o mesmo pero.....está tocando a gaita!!!, e   Antón  e Soraya, baten na mesa movendo as mans arriba e abaixo, como facía Xavier, mentras Alba mira para eles dicindo:
- Que ben vos está saíndo!

E eu no medio do barullo penso:


Gracias compañeiros do instituto por pensar en nós!!!

 

1 comentario:

pandereteira dijo...

Foi precioso ver e escoitar a Xavier Blanco tocar con tanto cariño e respeto os instrumentos dos nosos avós. Tocar unha cabaza seca con dedas de avelá como quen toca o instrumento máis importante do mundo... Por certo, se tedes algunha dúbida de como tocar algún deles, preguntádelle a Saúl, que tomou boa nota de todo.