viernes, 31 de diciembre de 2010

Cantando os reis en As Neves

Hoxe era día de feira en As Neves, e as doce da mañán alá fumos, tal como tiñamos decidido, a cantárllelos Reis.
Nós eramos unha boa tropa: nais, pais,avoas,tias, nenos e nenas....ben preparada para cantar os Reis e pedir o aguinaldo a quen atopáramos por diante.

Tiñamos ensaiadísimo o repertorio:
Para presentarnos:

"Aquí estamos os de Vide
señorá dona María
se vostede da licencia
cantaremos noite e día.....


Se estaban animados seguiríamos cos Reis de Rinlo, ou co Nadal de Luíntra, e aínda nos quedaba - para os bises- "Metido nun ovo" ou "No Pendello".

Ademáis ía con nós Edorta, o pai de Mateo, co acordeón, e Digna, a avoa de Fabiola, coa cesta onde recoller o aguinaldo, e se non nolo daban, escoitarían "O kikirikí"

Unha programación tan boa, un repertorio tan planificado, unha organización do transporte tan perfecta..... e en As Neves non había ninguén polas rúas. Nen sequera na feira, agás os feirantes.

Menos mal que somos de Vide e non nos bota para atras una "pequenez" como esa.

Empezámos por cantarllelos reis aos feirantes, logo fomos ao Concello, despois bar por bar, restaurantes, ata fumos á porta do super a cantar !
E a xente empezou a sair ás ventás,ás portas, a aplaudir aos nen@s....e nós a cantar e Digna veña a recoller o aghinaldo.... e ata nos daban as gracias!!!!!

Ao remate, fomos comer rosquillas e celebrar o BOS CANTANTES que somos e a cesta de Digna estaba chea.

E todos dicíamos: "O ano que ven volvemos!!!!"

Mentras, preparámonos para cantarlle aos nosos viciños de Vide o vindeiro martes 4 de Xaneiro.



2 comentarios:

BIBLIOCERVO dijo...

Sodes moito!!! Que mágoa que non esteñades cerca de Cervo para vir cantar por aquí, xa que esa tradición está esquecida.
Unha aperta de María e como dicides" pequeñeces coma esa" que non vos boten para atrás!

Unitariadevide dijo...

Ai Maria! iríamos con ganas se non fora o lonxe, que onte non cantamos en Vide que chovía e seica mañán tamen vai chover.....Tanto ensaio para tan pouco!!!