martes, 1 de junio de 2010

AS OVELLAS DE ISABEL

Hai dúas semanas Isabel contounos na escola unha historia moi triste: tiña dous años sen nai, ás súas mamás morreron despois de nacer eles. Viñera o veterinario pero non conseguira salvar a ningunha. ¿Que ía pasar con estes años que non tiñan quen lle dera de mamar?
- Tes que darlles biberón!, dixeron todos.
- Pero iso é moito traballo, e non teño quen me axude.
- Axudamos nós- ofrecéronse.

E hoxe cumpriron o prometido.
Fomos con Isabel ao prado onde estaban coas outras ovellas e años, a levarlles os biberóns e darlle de comer.

Un chámase Sol, o branco, e outro Estrela, o negro.
Os dous viñeron corrrendo dicindo beeee! beeeee! en canto escoitaron a voz de Isabel a chamalos.

@s nen@s déronlle os biberón a un e a outro, e aínda quedamos un rato sentados na herba mirando para eles.


De volta na escola buscamos na Biblioteca o libro/canto de Suso Vaamonde e Manuel María, "Os soños na gaiola" e escoitamos " O meu año"


Teño un año branco
como outro non hai.
Teño un año branco
que quedou sin nai.


E por si queredes aprender a cantiga deixamosvos este video:


No hay comentarios: