domingo, 18 de abril de 2010

NOVA TAREFA

A semana pasada iniciamos un novo blog de tarefas.


TAREFA: DIARIO DA VEIGA 2010

e a tarefa marcada deunos traballo para toda a semana. Como xa temos experiencia non foi moi difícil pero o meu empeño en plantar as leitugas cubrindo a terra con plástico para librarnos de ter que andar a limpar as herbas- que é o que MENOS lles gusta a tod@s- complicou un pouco o proceso de plantado de leitugas.

Este ano levaremos dous Diarios da veiga, un en papel e individual: O CADERNO DA VEIGA , e outro no blog e colectivo.

Esta primeira semana temos ademáis un "documento gráfico", este:



2 comentarios:

pandereteira dijo...

As novas tecnoloxías chegan ata a veiga!!!
Un gran traballo o de est@s agricultor@s do século XXI.

Bicos.

Leo dijo...

Que gusto, Sabela, ver este xeito de ensinar e aprender!
Felicita ós labregos/as!