Wangari Maathari cos anos foi cada vez máis consciente do vínculo esencial que hai entre diversidade biolóxica e diversidade cultural:
" Para dar voz
e voto á poboación local, nas reunións do Movemento do Cinto Verde nas zonas rurais empréganse sempre as linguas vernáculas- no lugar do swahili- aínda si é precisa a presencia dun traduct@r" " O renacemento cultural é o único que pode evitar a destrucción do medio ambiente, o único xeito de perpetuar o coñecemetno e a sabiduría herdados do pasado e imprescindible para a supervivencia das xeneracións futuras". "Unha nova actitude cara a natureza permite adoptar unha nova actitude cara a cultura e a súa influencia no desenvolvemento sostible: unha actitude baseada en entender que a propia identidade, o repecto a un e unha mesma, teñen un papel fundamental na vida dunha comunidade e na súa capacidade de emprender accións que beneficien e garantan a súa supervivencia"vía Revista Medi Ambient
A min gústame esta muller.
E entendo a importancia de promocionar o swahili en Kenia sen esquecer a defensa da propia identidade ao través do respecto ás linguas tribais.
Na escola aprendimos esta cantiga: é un canto tradicional do Congo en lingua lingala.
2 comentarios:
Defender o idioma de noso é esencial en calquera cultura, o noso sinal de identidade máis relevante.
Tiñamos que mandar a algúns a Kenia, a ver si aprendían algo...
Publicar un comentario