![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjFWd9nAGFYxEIEjdoHU-PT1DZd2EUcRe06mvIuU7RxtiXWGiyV8eHW6SiFVO6-aFkzTlmINgu2YZk0bC3UoZT_Yq91Sk4ORPQM3AtOftVP25v-DsKnFqy_nXcoZElz3jOjjxLnYn6v61k/s200/febreiro08+051.jpg)
Onte saímos pola aldea na procura carballos, castiñeiros e nogueiras e sacamos unhas cantas fotos. Pero a saída no foi-outra vez- como eu tiña pensado. Polo camiño atopamos a Isabel que ía darlle de comer ós porcos, e os porcos convertironse no interés principal. Non me quedou máis remedio que cambiar árbores por porcos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiyL38gBwnldk0zpXZmiY4crOIOQuA42w9y1emvKSOeLrKhIeKnw5xb6lMcUU06ijGFfqE-bEQ2ltnteuQdKx5F20qRA_N3PB82V4_BpvShzZjuZ-n-IPyPv9mumngBeiwRz1C5z-2qWSw/s200/febreiro08+041.jpg)
Menos mal que de volta , ó pé do camiño había un enorme carballo, e no medio das conversacións sobre quen tiña porcos, de que colores e de que tamaño, puiden "reconducir o interés principal" - os porcos comen landras- e puxémonos a mirar si esa nai carballo tiña fillos. E sí, ó seu redor e entre as follas secas moitas landras prenderan, e os carballiños saían por todas partes. Arrancamos un con moito cuidado e ó chegar á escola plantámolo na bota vella.
Pero a "reconducción" foi efímera. Na roda a ninguén lle interesou falar de árbores, senón de porcos. E ó final, a clase foi o cortello, eu Isabel, e eles os porquiños que agachados por debaixo das mesas corrían onda min dicindo "oic" "oic" ó escoitarme berrar: ¡nenoooos...neniñooos!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario