miércoles, 30 de diciembre de 2009

Predicción metereolóxica

Disque o sábado vai chover. Danlle un 100% de probabilidades.
Pois témola boa.
O sábado é o día que símos cantar os reis pola parroquia.

Onte, na xuntanza que tivemos na Unitaria os tanto por cento non nos botaron para atrás, e iso que fora, os trebóns e os lóstregos sacudían as ventanas. Nós nin caso: ensaiamos os cantos, os pequen@s tiveron película, os máis maiores andiveron fedellando nos ordenadores, logo para nós un café cos biscoitos que trouxo Fabiola, unhas cantiguiñas coas pandeiretas e xa quedamos preparados para tomar dicisións:

Se non chove, que en Vide todo é posible, por iso do microclima, tod@s aos tractores a cantar e pedir o aghinaldo.
E si chove, que chova.
Facemos festa na Casa da Auga. Xa repartimos quen leva tortillas, empanadas e galdrumadas. Invitamos a toda a parroquia, cantamos os reis, levamos as gaitas e as pandeiretas e ....¡festa rachada!

Así que xa sabedes, o sábado ide preparando o aghinaldo que a nós non nos para ningunha "predicción metereolóxica".
Velahi vai o noso cartaz anunciador:

martes, 22 de diciembre de 2009

Agasallos de Nadal

A Biblioteca A2 proponnos estes agasallos de Nadal.
Paga a pena. Eu xa teño escollido un. ¿Será o da avoa?






E vía Bibliomilladoiro chegounos un precioso folleto : O noso Nadal, galego e verde, que como di Orella Pendella

Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades.

Clica aquí para descargala, tod@s nós estamos nela.




domingo, 20 de diciembre de 2009

Ensaio Xeral


O venres pola tarde, antes de ir de cea, fixemos ensaio xeral de "Cantareir@s de Reises". Estamos feitos uns profesionais. Mónica, Severo e Edorta co bombo, tamboril e acordeón, as pandereteiras coas pandeiretas e un feixe de rapaces de todas as idades coas súas voces AFINADÍiiiisimas!!!!cantando unha tras doutra as cantigas que escollimos. A que mellor nos sae é a do Kikiriki, como non, que levamos por si hai alguén que non se lembra de darnos un bo aghinaldo.
O día que sairemos a cantar pola parroquia xa está decidido:

sábado 2 de Xaneiro

iremos en catro tractores que adornaremos o mesmo día pola mañán, os cartaces anunciadores colocarémolos pouco a pouco e como se nos facía moi longo o tempo sen vernos decidimos que:

Martes, 29 de Decembro , ás 5 da tarde, a Biblioteca abrirá as súas portas con

Película sorpresa

e de paso ensaiaremos un pouquiño, por asegurar, nada máis, non vaiades a pensar que aínda non sabemos as letras.

E polo aghinaldo que ninguén se preocupe, conformámonos con calqueira cousa:

Deanolo aghinaldo
anque sexa pouco
un bo bacallau
e a metade doutro
de postre castañas
boas e ben grandes
un molete enteiro
e un queixo de Flandes.

Xogando no Nadal

Sempre queda tempo para xogar e bailar.

Send your own ElfYourself eCards


E tamen os máis pequenos:

Send your own ElfYourself eCards

domingo, 13 de diciembre de 2009

Para Nadal

Estamos a facer unhas bolas de corda para adornar, que están quedando "PRECIOSAS" e o venres pola tarde tod@s preguntaban ¿como o facedes?
Lamentablemente non as inventamos , pero podedes aprender de quen nolas apendeu a nós:



E mentras secan, que tardan unhas horas, aqui quedan unhas páxinas de actividades par xogar c@s cativ@s que nos propoñen @s compañeir@s da Biblioteca do Colexio de Cervo

E si queredes seguir xogando e aprendendo, máis recursos:

jueves, 10 de diciembre de 2009

Cantar os Reises

Este ano tamén a Biblioteca A2 mandou aviso "@s de Vide" para ir cantar os reises pola parroquia, xa levamos unhas semanas ensaiando os venres pola tarde e sae " DE MARAVILLA"

Das cantigas que escollimos para levar hai unha, xa vella na escola, que dado o "éxito" que ten entre tod@s @s raparig@s non nos quedou máis remedio que incorporar:

Trátase dunha "adaptación ao galego" do tradicional TAN TAN.

Esta é a letra:

Tan tan van polo deserto
tan tan Melchor e Gaspar
tan tan vi diante un rei negro
que todos lle chaman
o rei Baltasar.

Tan tan viron unha estrela
tan tan virona brilar

ten tan tan grande e tan bela
que todos a seguen
por ver onde irá.

Tan tan cansanse os camelos
tan tan cansanse de andar
tan tan van tan cargadiños
con tantos regalos
para quen serán.

E chegados a este punto móntase un follón fenomenal porque tod@s @s "cantor@s" berran:

PARA MIIIIIIIN !!!!!!!!
PARA MIIIIIIIN!!!!!!!!!



Esta é a "cartilla" cun recopilatorio de letras dos cantos:

martes, 8 de diciembre de 2009

Daniela

Navia, Amara, Saray, Irene, Arianna, Noemi....





Vía Coeducación