Que mellor agasallo polo Nadal que un libro para ler, outro para xogar, outro para inventar e outro para bailar?
Abre o boletín e verás as nosas propostas:
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
miércoles, 18 de diciembre de 2013
martes, 17 de diciembre de 2013
lunes, 16 de diciembre de 2013
Escola en Nadal
Este mes todo vai de Nadal, o traballo vai arredor dos contos ,os cantares e tamén xogos plásticos co tema do nadal ou do inverno, e todos, nen@s e mais eu empezamos a inventar, a facer... e era tan divertido que seguimos a facer a a facer...
E como cada día inventabamos algo, cada día a escola quedaba máis bonita.
jueves, 5 de diciembre de 2013
Uñas de cores: profe, hai un problema
Chegou Antón a clase coas uñas pintadas, cada unha da súa cor. Pintáraas na casa da súa avoa e viña todo contento. Como houbo alguén que dixo que iso non era cousa de nenos, na roda falouse, e chegaron á conclusión de que pintarse as uñas de cores estaba "guai", foras neno ou nena.Quedamos que para o día seguinte, TODOS, iamos vir a escola coas uñas de colorines. Na hora da saída falamos coas nais e pais e quedou decidido.
Pero o mércores pola mañan, á chegada, Saul achegouse a min todo cariacontrecido:
- Profe, hai un problema...
- E logo , qaue pasa?.
- Pois que os nenos da cidade non se enteran de nada....
- ....?
- Que onte fumos eu, Marcos e Diego á cidade ao cumpreanos do meu primo, e todos se riron de nós por levar as uñas pintadas! Están chouchos! Non se enteran de naaaadiña!
Entón intervén Marcos:
- De verdade que non se enteran. Tampouco sabían onde se poden cazar rás, así que mira ti.
- Profe, vas tes que ir a explicarlles ti as cousas, porque imos ter un problema- rematou Saul.
Diego que ata aquí estaba ao seu, poñendo o mandilón, saca a man pola manga e di:
- E tamén lle explicas o do río Miño!
-........?
E marcharon os tres, Saul e Marcos e Diego, correndo e saltando pola escola adiante .
Eu quedei chantada no chan, mirando para eles.
Pois si que hai un problema......... e iso que a "cidade" era Ponteareas.........
lunes, 2 de diciembre de 2013
Recursos para o nadal
Chegou decembro e con el o Nadal.
Nesta entrada recollo algúns recursos para traballar na escola:
Nesta entrada recollo algúns recursos para traballar na escola:
- Para traballar O APALPADOR, enlace a un recopilatorio de videos, cantigas, contos... AQUÍ
- Para decorar a escola, se premes na imaxe, unhas ideas que recollín na rede:
E preme nesta outra imaxe para atopar enlaces a xogos co tema de Nadal
miércoles, 27 de noviembre de 2013
Xogos tradicionais
Chegou Saul de visitar a súa avó da aoutra marxe do Miño e tentou ensinarnos un xogo-cantiga que lle cantara ela.
- É un xogo, pero tamén é unha cantiga e máis un chiste.
Pero non se lembraba del, así que chamamos a Mariló, a súa nai, que víu onda nós a escola e aprendéunolo a todos.
Comenza como un conto:
E despois de estar a xogar toda a mañán, quedounos así:
- É un xogo, pero tamén é unha cantiga e máis un chiste.
Pero non se lembraba del, así que chamamos a Mariló, a súa nai, que víu onda nós a escola e aprendéunolo a todos.
Comenza como un conto:
As campás de Sela anunciaban:
- TEN LENDIAS, TEN LENDÍAS!!!
E as campás de Barcela contestaron:
- QUITAILLAS, QUITAILLAS, QUITAILLAS!!!
As campás de Ribarteme dixeron:
- CON QUE?, CON QUE?, CON QUE?
Entón dixeron as campás de Vide:
- CO MARTELOOOÓN, CO MARTELOOOOÓN !!!!!
E despois de estar a xogar toda a mañán, quedounos así:
martes, 26 de noviembre de 2013
Novidades Outono
Estamos a piques de desmontar a exposición NOVIDADES DE OUTONO que servíu para achegarnos aos novos libros da biblioteca.
De entre todos , recomendamos estas "novidades"
"A historia dos bonobos con lentes", de Adela Turín e Nella Bosnia, tiñámolo en castelán e agora temos a oportunidade de lelo en galego gracias á editorial Kalandraka
Polo difícil que é atopar libros informativos en galego para os máis pequenos, recomendamos a colección O MEU MUNDO da Editorial Monterrey : "O olfato" "O oído" "O tacto" "A vista"
De Patasdepeixe Editora, "O libro dos opostos" , cheo de lapelas para levantar e pestanas para turrar delas.
Debuxar con...Joan Miró", da editorial Gallimard Jenesse, un libro para xogar mentras se aprende a debuxar como Miró.
"La librería ambulante", de Christopher Morley, en editorial Periférica, un libro para ler "as maiores" cun sorriso na boca

Suscribirse a:
Entradas (Atom)