Todo parece indicar que o curso está rematado, pero en Vide resistímonos .
Así que vai ser que non.
Aínda queda por facer: a festa de San Xoán, a excursión en autobús e a acampada de verán.
Se te queres apuntar, aínda estás a tempo:
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
viernes, 22 de junio de 2012
Festa cantareira
A festa do mércores pola tarde pasámola para o choves - a chuvia, como sempre-, e esta vez si que nos acompañou o bo tempo.
Menudo festa houbo na Unitaria o xoves pola tarde!, tanto que Lucía dicíame preocupada:
- Profiña, isto ten que custar moitos cartos. Chegará o que temos de cantar os Reis?
Chegou, chegou!
Había tantas cousas que os nenos e as nenas non sabían a que atender:
A fabulooooso tobogán, o obradoiro de globoflexia, o karaoke, os xogos....
E claro as nais tamén se animaron e houbo que poñer quendas para o tobogán: agora os nenos e nenas. agora nais e pais.....
Era de ver!
E que isto de ser cantantes da unha marcha...contaxiosa!!!!
Festa cantareira on PhotoPeach

miércoles, 20 de junio de 2012
As abellas de Antón
Hoxe pola mañán fomos ata a casa de Antón, porque Antón ten abellas.
Acompañáronnos Ana e Mariló, as nais de Samara e Saúl.
O pai de Antón esperábanos para explicarnos como viven as abellas.
Explicounos como eran as colmeas, como se organizaban, como se recollía o mel... tocamos as colmeas, os paneis coa cera, a roupa do apicultor, o afumador... e logo achegámonos ás colmeas para ver como as abellas obreiras entraban e saían traballando.
E logo Edorta, o pai de Antón deunos a probar o mel.
Que mel tan rico!- dicíamos todos, e seguimos comendo os bocadillos que Edorta nos tiña preparado.
Como parecía que quería chover, démoslle as gracias ao pai de Antón e marchamos correndo de volta para a escola, que aínda había camiño que facer.
Cantas cousas aprendimos das abellas!
Gracias Edorta.

lunes, 18 de junio de 2012
Festa na A2
Cando no Nadal fumos cantar os Reis a As Neves e por Vide, recollimos aguinaldo. Algún en especies, pero tamén en cartos.
Por "apabullante maioría" decidíuse empregar os cartos en xogos de colchonetas, para cando viñese o bo tempo.
O bo tempo parece que ao fin deu chegado, e o vindeiro mércores a Biblioteca vai agasallar a todos os nenos e nenas que foron cantar os Reis, aos seus amigos e familias, cunha tarde de festa rachada: colchonetas, burbullas, un obradoiro de globoflexia, contacontos, merenda......
Aquí queda anunciado.

domingo, 17 de junio de 2012
ABELLAS
Hai unha semana que estamos a investigar e aprender sobre as abellas. En Vide hai varias familias con colmeas, e a semana que ven iremos ata a casa de Antón onde o seu pai esnsinaranos as súas colmeas, logo o día 26 de xuño iremos ata Apípolis a pasar o día.
Mentras seguimos aprendendo e bailando a danza das abellas.
Premendo na IMAXE, enlazas coa páxina de recursos que elaboramos:
Premendo na IMAXE, enlazas coa páxina de recursos que elaboramos:
viernes, 15 de junio de 2012
Na Biblioteca Pública de Ribadavia
Na biblioteca pública de Ribadavia, paseamos polos seus distintos espacios- moi caladiños que había xente lendo e estudiando- e na sala de infantil, que Tereixa, a bibliotecaria, tiña preparada toda para nós, estivemos un montón de tempoe lendo, escoitando contos e falando. De esta biblioteca e da nosa, de como estaba organizada unha e outra, de libros e editorais..., e de espacios, que foi a única pega que lle atoparon. Un pouquiño escaso para a morea de nenos que o luns pola tarde a invadíu.
Cando marchabamos, Tereixa fixo saltar a todos de alegría: de agasallo un libro para cada un, e para a nosa biblioteca unha bolsa chea deles.
Que gusto da visitar unha biblioteca como esta, cunha bibliotecaria como Tereixa!
E logo, un paseo por Ribadavia, o seu castelo e o barrio xudeo, coas súas rúas estreitiñas e os soportais.
Merendamos no parque, xogamos un pouquiño e... a coller o tren de volta `para Vide!.
jueves, 14 de junio de 2012
Ribadavia
Para ir a Ribadavia preparámonos ben. Buscamos no OPAC Meiga da nosa biblioteca e atopamos dous libros: un dos Bolechas, "Os bolechas e a princesa de Ribadavia", e outro que traía moitas fotografías sobre a vila: "Ribadavia", da editorial Ir Indo.
Para saber máis buscamos información en internet e este foi o resultado:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)