miércoles, 20 de junio de 2012

As abellas de Antón

Hoxe pola mañán fomos ata a casa de Antón, porque Antón ten abellas.
Acompañáronnos Ana e Mariló, as nais de Samara e Saúl.
O pai de Antón esperábanos para explicarnos como viven as abellas.

Explicounos como eran as colmeas, como se organizaban, como se recollía o mel... tocamos as colmeas, os paneis coa cera, a roupa do apicultor, o afumador... e logo achegámonos ás colmeas para ver como as abellas obreiras entraban e saían traballando.

E logo Edorta, o pai de Antón deunos a probar o mel.
Que mel tan rico!- dicíamos todos, e  seguimos comendo os bocadillos que Edorta nos tiña preparado.

Como parecía que quería chover, démoslle as gracias ao pai de Antón e marchamos correndo de volta para a escola, que aínda había camiño que facer.

Cantas cousas aprendimos das abellas!
Gracias Edorta.




lunes, 18 de junio de 2012

Festa na A2

Cando no Nadal fumos cantar os Reis a As Neves e por Vide, recollimos aguinaldo. Algún en especies, pero tamén en cartos.
Por "apabullante maioría" decidíuse empregar os cartos en xogos de colchonetas, para cando viñese o bo tempo.
O bo tempo parece que ao fin deu chegado, e o vindeiro mércores   a Biblioteca vai agasallar a todos os nenos e nenas que foron cantar os Reis, aos seus amigos e familias, cunha tarde de festa rachada: colchonetas, burbullas, un obradoiro de globoflexia, contacontos, merenda......
Aquí queda anunciado.

domingo, 17 de junio de 2012

ABELLAS

Hai unha semana que estamos a investigar e aprender sobre as abellas. En Vide hai varias familias con colmeas, e a semana que ven iremos ata a casa de Antón onde o seu pai esnsinaranos as súas colmeas, logo o día 26 de xuño iremos ata Apípolis a pasar o día. Mentras seguimos aprendendo e bailando a danza das abellas.

 Premendo na IMAXE, enlazas coa páxina de recursos que elaboramos:


viernes, 15 de junio de 2012

Na Biblioteca Pública de Ribadavia

O luns pola tarde tivemos unha boa excursión. Fomos en tren ata Ribadavia, a visitar a súa biblioteca e coñecer a vila. Para preparar a viaxe investigamos, buscamos e aprendimos sobre Ribadavia, do seu castelo, do seu barrio xudeu, do río Avia, e ata un pouquiño do seu famoso viño do ribeiro.
Na biblioteca pública de Ribadavia, paseamos polos seus distintos espacios- moi caladiños que había xente lendo e estudiando- e na sala de infantil, que Tereixa, a bibliotecaria, tiña preparada toda para nós, estivemos un montón de tempoe  lendo, escoitando contos e falando. De esta biblioteca e da nosa, de como estaba organizada unha e outra, de libros e editorais..., e de espacios, que foi a única pega que lle atoparon. Un pouquiño escaso para a morea de nenos que o luns pola tarde a invadíu.

Cando marchabamos, Tereixa fixo saltar a todos de alegría: de agasallo un libro para cada un, e para a nosa biblioteca unha bolsa chea deles.

Que gusto da visitar unha biblioteca como esta, cunha bibliotecaria como Tereixa!

E logo, un paseo por Ribadavia, o seu castelo e o barrio xudeo, coas súas rúas estreitiñas e os soportais.
Merendamos no parque, xogamos un pouquiño e... a coller o tren de volta `para Vide!.

jueves, 14 de junio de 2012

Ribadavia

Para ir a Ribadavia preparámonos ben. Buscamos no OPAC Meiga  da nosa   biblioteca e atopamos dous libros: un dos Bolechas, "Os bolechas e a princesa de Ribadavia", e outro que traía moitas fotografías sobre a vila: "Ribadavia", da editorial Ir Indo.
Para saber máis buscamos información en internet e este foi o resultado:





                                 






E tamén un Boletín de A2 con información sobre Ribadavia para os nosos pais:






domingo, 3 de junio de 2012

Visita a A Ponte

O venres tiñamos unha andaina: chegar ata a A Ponte- un lugar de Vide que leva o nome da ponte sobre o río Termes- para achegarnos a casa de Fina e Pepe.
Estabamos invitad@s a visitar o seu eido: casa, horta, xardín.... e tódolos animais: galiñas, canarios, periquitos e peixes.
Para andar o camiño viñeron con nós dous pais: Bruno e Jorge- logo aínda houbo unhas risas, a novedade- e Pepe e Fina portáronse como excepcionais anfitrións, respondendo a todas as preguntas- infinitas- dos nenos , agasallándoos cunha merenda IM presionante e invitándonos a regresar cando queiramos.


Para rematar,sentados á sombra das árbores, limos o conto que levabamos na mochila dos libros: "El caballero y el dragón", de Jane Clarke, editorial SM, e emprendimos o camiño de volta á escola. Magoa que este curso o tempo non nos deixara facer moitas "visitas".