martes, 18 de marzo de 2008

Alia, a bibliotecaria


Cando en 2003 se producíu a invasión de Irak, Alia, era a bibliotecaria da cidade de Basora. Alia, muller amante dos libros, percatouse de que a biblioteca podía ser atacada ou incendiada e todos os libros gardados se perderían, e decidíu sacalos da biblioteca. Non llo permitiron pero ela foinos sacando pola noite, en carros, e gardounos na súa casa, nas casas dos seus amigos e ata nun restaurante que quedaba ó lado da biblioteca.
A cidade foi bombardeada e a biblioteca incendiada e destruída, pero Alia xa conseguira salvar o setenta por cento dos libros
No seu momento, falouse na prensa de Saad Eskader, director da Biblioteca Nacional de Irak, pero ninguén falou de Alia ata que a unha reportera do New York Times, Shaila K. Dewan que estaba a xantar nun restaurante de Basora, perto da biblioteca,o seu intérprete contoulle unha historia incrible sobre a guerra. E así foi.


O libro “A Bibliotecaria de Basora” de Jeanette Winter, editado en Juventud , cóntanos esta historia real: a loita da bibliotecaria Alia por salvar o valioso fondo da súa biblioteca.
Un libro cunhas preciosas ilustracións para lerlle as nosas fillas ou fillos pequenos ou para que lean sós

sábado, 15 de marzo de 2008

Para ler



Si buscas un libro fácil de ler, ameno e entrañable, que te provoque un sorriso mentras non podes deixar de identificarte coa protagonista, este é o teu libro:"As lágrimas da xirafa" de Alexander McCall Smith, publicado por Umbriel.É o segundo libro da serie sobre Mma Ramowtse,a primeira Detective de Botsuana,unha señora que vendeu todas as súas vacas para montar unha axencia de detectives.Seguro que cando o remates te alegrará saber que hai máis, e correrás a buscalos. Na Biblioteca A Dúas temos tres máis na sección de "Para Maiores"
Para que te animes, aquí vai un fragmento:

Mma Ramotswe tenía un regalo para la mujer americana, una cesta que, obedeciendo a un impulso , había comprado en el viaje de vuelta de Bugalawo a una mujer que estaba sentada en el borde de la carretera de Francistown. La mujer parecía apurada, y Mma Ramotswe, que no necesitaba ninguna cesta,se la había comprado para ayudarla. Era una cesta botsuana tradicional, con un diseño trabajado en el tejido.
-Estas pequeñas marcas aquí son lágrimas- señaló-. La jirafa da sus lágrimas a las mujeres y ellas las entretejen en la cesta.
La mujer americana tomó la cesta educadamente, con las dos manos, como se acostumbra coger los regalos en Botsuana.¡Qué grosera era la gente que los cogía con una sola mano, como si los estuviera arrebatando a quienes se los daban! esta mujer sabía hacerlo.
-Es usted muy amable, Mma- dijo- pero, ¿por qué las jirafas dan sus lágrimas?.
Mma Ramotswe se echó a reir; nunca había pensado en ello.
-Supongo que significa que todos podemos dar algo. Una jirafa no puede dar más que sus lágrimas.- ¿Significará eso? se preguntó a sí misma. Y por un momento imaginó a una jirafa, asomándose entre los árboles,con su extraño y zancudo cuerpo camuflado entre las hojas; sus húmedas mejillas de terciopelo y sus ojos llorosos; y pensó en todas las risas, en toda la belleza y en todo el amor que hay en Africa.

viernes, 14 de marzo de 2008

Carta de Clementina

Hoxe a carteira trouxo unha carta de Clementina, o sapoconcho.

A sorpresa foi total. ¿A que "Clementina" se lle ocurríu?.

¡Menudo follón se montou na escola!. Houbo que ler a carta tantas veces que eu pensei que tiñan pensado memorizala. Caseque era hora de sair e el@s, que non, que había que contestarlle á carta. Menos mal que @s convencín para deixalo para a volta das vacacións.
A carta tamén foi leída, e comentada, polas nais, pais e avoas.
Entre elas a pregunta era:
-¿Quen tivo a idea?.
Logo de darlle voltas- e revisar o franqueo do sobre- chegamos a conclusión de foi Clemetina-Estefanía a que tivo a maravillosa idea de mandarnos esta misiva. Moitas gracias "Clementifanía"

Pero agora, xa sabes, tes que vir- tal como contas- de visita á "lagoa do ollo do inferno" . ¡En menudo lío te metiches! Vanche mandar unha carta para preguntarche o día que chegas e irte esperar á lagoa. E van contarche algo moi importante:

Non eres un sapoconcho común - Emys orbicularis- Eres un sapoconcho leproso-Mauremys leprosa-. Foi o que nos dixeron en Medio Ambente dos sapoconchos da lagoa. Así que xa podes escribir o teu nome e apelidos:Clementifanía Mauremys Leprosa.

jueves, 13 de marzo de 2008

Os muíños da Ponte

Os dous muíños da Ponte, que Manolo "o Nené" se ocupa de ter en perfecto estado para moer, hoxe traballaron para nós.
Na biblioteca da escola tiñamos moi pouca información, e por iso atendimos moi ben o que o señor Manolo nos contaba para logo poder facer un libro e regalarllo a nosa biblioteca.

A auga do río Termes chega ata o muíño por una levada. A auga ao pasar por debaixo do muíño move o rodicio, e o rodicio move a moa. Na adella botamos o millo, que vai caíndo pouco a pouco e a moa ao rodar móeo, convertíndoo en fariña que cae ao chan, de onde nós a recollimos.
Mentras esperábamos pola muiñada,cantamos e bailamos muiñeiras.

Muiñeria muiñeira
muiñeira ribeirana
muiñeira muiñeira
tococha de mala gana
Maruxiña do forneiro
cando cozas faime un bolo
si mo fas faimo de millo
que eu de trigo non cho como.
Unha noite no muíño
unh anoite non é nada
unha semaniña enteira
esa si que é muiñada.


Para facer o bolo primeiro peneiramos a fariña e despois botámoslle auga quente para preparar a masa, amasamos, preparamos os bolos e....¡á tixola!
Logo fomos ata Mirenciños a merendar, e alí nos esperaban uns chourizos asados para acompañar aos bolos de millo, que estaban boísimos.


miércoles, 12 de marzo de 2008

Noticias frescas da veiga




- O PAI DE BRAIS FRESOU ONTE Á VEIGA DA ESCOLA.

- XA PODEMOS TRABALLAR A HORTA.

- COMENZAREMOS NA VOLTA DAS VACACIÓNS.

- PRIMEIRO VAN AS LEITUGAS.

martes, 11 de marzo de 2008

pan de millo


O Xoves de A Dúas- o día que a Biblioteca abre pola tarde- estase a converter nun día viaxeiro.

O xoves pasado volvendo da lagoa, andando andando.... encargámoslle a Dina, a avoa de Fabiola, que falara coa dona do muíño, para ir alí a moer millo.
O luns pola mañá xa estaba todo preparado:

O xoves 13,ás 4,30 da tarde, a Biblioteca A Dúas vai de viaxe ó muíño da Ponte cunha saca de millo branco para intentar convertela nun bolo de pan.

¿Será posible?

Preguntando as nais e avoas averiguamos que se pode conseguir, moi fácil e sen maxia algunha, en cinco pasos:

1- Moemos o millo no muíño.Peneiramos, e xa temos fariñamilla.
2- Levamos a fariña é escola e amasámola para facer un bolo.
3- Encendemos a cociña de ferro para que se quente o forno.
4- Cocemos o bolo no forno.
5- ¡Xa temos pan!

O xoves veremos se da resultado.

Mentras na escola estamos moi ocupad@s.

Buscando palabras amigas de muiÑo: MIÑA, COCIÑA, FARIÑA, CAMIÑO.
Intentando averiguar como se amasa o bolo.
Buscando en internet o tempo que vai facer o xoves, que si chove non podemos ir.
Preguntándolle á Meiga de outras Bibliotecas si teñen libros de PAN ou de MILLO.
Buscando fotos de muiños,escoitando como soan ou escribindo os nomes.

E seguimos de fotógraf@s das nosas nais, que o prazo para presentar as fotografías remata o venres.

viernes, 7 de marzo de 2008

8 de marzo, Día da Nai Traballadora

Cartaz colectivo: "A miña nai traballa"
















Títulos e autor@s:

1. Nai limpando as mesas e as sillas. Yoel.
2. Nai coa filla no carro e outra máis saíndo de casa.Lucía.
3. Nai collendo o chimpín para ir ás veigas. Iván.
4. Nai lavando a roupa. María.
5. Nai plantando leitugas, patacas e de todo. Brais.
6. Nai atando a cabra. Noemí.
7. Nai facendo a comida. José Ángel.
8. Nai cavando nas veigas. Guiomar.
9. Nai detrás das ovellas cando escaparon. Elena.
10.Nai planchando a roupa de toda a familia. Marta.
11.Nai fregando o chan.David.
12.Nai dando de comer aos porcos. Yanira.
13.Nai Levando a Érika á escola. Érika.
15.Nai na fábrica. Saray.