un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
lunes, 31 de marzo de 2014
miércoles, 26 de marzo de 2014
MIró: de Barcelona a Mallorca
A Samuel, que ten "yayos" en Barcelona, a parte que máis lle gusta da vida de Miró, é que vivíu en Barcelona pero cando foi maior quixo irse a vivir a Mallorca, de onde eran os seus avós.
E hoxe estivemos investigando que lonxe lle quedaba Mallorca desde Barcelona a Miró, e se podía ir en coche.
Descubrimos que Mallorca é unha illa, e que Miró tiña que viaxar en barco ou en avión.
E nós fixemos unha "viaxe" vía satélite, la mar de divertida, utilizando o Google maps

martes, 25 de marzo de 2014
MIró: onde está o can?
Para facer o panel escollimos o cadro: "Personaxe e can diante do sol"
Buscamos os tres peliños na figura e decidimos por votación que era unha muller. O sol atopámolo sen problema: alí estaba redondo e vermello pero...onde estaba o can?
Mirando mirando, descubrimos que había outro personaxe- outra vez os tres peliños- "patas para arriba", tal como indicou Diego, pero ...o can?
Vos sodes quen de atopalo?
Se aínda non o atopaches, imos axudarte.
Dámoslle a volta ao cadro e velai está:

domingo, 23 de marzo de 2014
Miró: boletín informativo
Este é o boletín editado pola biblioteca para as familias:
Etiquetas:
boletín,
enmarzopintando,
Miró
viernes, 21 de marzo de 2014
Miró: autorretratos
En Marzo Pintando, desde que pintamos con Van Gogh, gústannos especialmente os autorretratos.
-que palabra tan difícil!-
Miró unha vez pintouo o seu autorretrato. No cadro veíase con cara de enfado.
Moitos anos despois, colleu unha copia e pintoulle por riba "outro" autorretrato, máis "verdadeiro".
E quedoulle así.
Nós probamos a facer como Miró, coa nosa foto e mirando polo libro no encerado.
Quedounos así de ben:

miércoles, 19 de marzo de 2014
Miró: medimos
No noso museo temos unha fotografía de "Muller e paxaro na cabeza" e quedaramos con Samuel- a súa nai vivíu en Barcelona- que hoxe investigaríamos sobre esa escultura. Queríamos saber:
- Onde estaba colocada.
- Canto medía de alto.
- Como se fixo....
A primeira sorpresa foi a súa altura: 22 metros, que comprobamos estirando unha cinta métrica . Tivémonos que subir ao piso e medir dende a ventana!
E como tiñamos a cinta na man, seguimos medindo, e non había quen nos parase:
-Medimos o columpio.
-Medimos mesas.
-Medimonos nós.
Foi moito traballo, pero comprobamos que MEDIR é moi divertido.
E para rematar o día, seguimos xogando:
lunes, 17 de marzo de 2014
Miró: artista
Hoxe falamos de IGUAIS /DIFERENTES e descubrimos que:
Miró falaba catalán, nós en galego.
Miró foi un pintor moi famoso, as nenas e nenos de Vide van camiño de selo.
Miró "pintaba raro", pois máis raro aínda podemos pintar en Vide.
Miró foi:
e aqui quedamos pasmados porque, a tanto, a tanto, non sei se chegaremos.
Neste video esoitamos falar a Miró: en catalán e en francés.
Antón dixo:
- Ten o pelo de prata como din no conto "O cadro máis bonito do mundo"
Está claro que en memoria non hai quen nos gane.

PINTOR
ESCULTOR
CERAMISTA

viernes, 14 de marzo de 2014
Miró: biografía
Hoxe aprendimos unha: nova palabra
BIOGRAFÍA
Biografía levounos a:
MASÍA
co cadro que Joan Miró comenzou a pintar cando estaba na casa dos seus avós.
No cadro xogamos a atopar :
SOL, ESCALEIRAS, MULLER, POZO, ÁRBORE e ANIMAIS.
Logo fixemos unha ficha/folla de libro, e seguimos aprendendo a pintar como Miró.
Xa casi remataramos cando Samara se decatou de que, cambiando de lugar unha cifra, 1893- ano no que naceu Miró- convertíase no ano da súa morte- 1983- , así que inventamos un xogo novo:
Maxia cos números nun só movemento,
Será que tamén somos inventores?
BIOGRAFÍA
Miró obras from MJEdcstr

jueves, 13 de marzo de 2014
Miró: o noso museo
Estivemos escollendo cadros de Miró para o noso Museo.
O noso "encerado"-a PDI- é marabilloso para estes traballos: proxectamos nel os cadros, imos falando deles e ao final votamos .
Os ganadores imprimímolos, plastificámolos e levámolos para o noso museo:
Tamén fixemos fichas, para recordar o que sabemos e xogamos con Miró:
O noso "encerado"-a PDI- é marabilloso para estes traballos: proxectamos nel os cadros, imos falando deles e ao final votamos .
Os ganadores imprimímolos, plastificámolos e levámolos para o noso museo:
Etiquetas:
enmarzopintando,
Miró,
recursos
miércoles, 12 de marzo de 2014
Miró: Pintando coma el
Estamos pintando coma Miró, seguindo o libro da biblioteca:" Dessiner avec...Joán Miró":
- Muller diante da estrela, de Antón
- Nena cabeza abaixo, de Samara
- Amarelo, de Samuel
- A nena que voaba cunha estrela, de Soraya.
Tamén averiguamos que a Miró lle gustaba pintar coas cores primarias: VERMELLO, AMARELO e AZUL. e aprendimos unha cantiga en brasileiro que foi todo un éxito.
foi divertido, pois hai que facelo por orden e logo darlle a volta:
1º CÍRCULO
2º TRIANGULO
3º OLLOS
4º ESTRELA
5º DARLLE A VOLTA.... e este é o resultado:
- Nena cabeza abaixo, de Samara
- Amarelo, de Samuel
- A nena que voaba cunha estrela, de Soraya.
Tamén averiguamos que a Miró lle gustaba pintar coas cores primarias: VERMELLO, AMARELO e AZUL. e aprendimos unha cantiga en brasileiro que foi todo un éxito.
Etiquetas:
enmarzopintando,
Miró,
recursos
martes, 11 de marzo de 2014
Miró: buscando información
Que queríamos saber sobre Miró?
- onde vivía.
- como se chamaban os pais.
- que cousas pintaba.
- que cores usaba.
Primeiro, antes de ir á Biblioteca buscamos no Opac Meiga da Biblioteca , logo en Google, pero había "Mirós por todas partes"- Saul- así que aprendimos a buscar no
symbaloo
Escollimos ver o video do conto qeu atopamos na Biblioteca: "Pequeña Historia de Joan Miró", de Editorial Mediterránea:
)
Tamén este outro video para coñecer as súas obras:
E este xogo DIVERTIDÍIIISIMO!

formación documental,
Miró,
recursos
sábado, 8 de marzo de 2014
8 de marzo
Este 8 de marzo chegounos a escola a contrapé. Aínda nos remataramos de dixerir o proxecto traballado, China, a festa do Entroido coas súas vacacións, iniciando o novo proxecto sobre Miró, cando tiñamos xa diante esta celebración.
Pero é un día que non podemos deixar pasar, e apresurámonos a acudir á Biblioteca e montar unha pequena exposición para visibilizar os libros de xénero e coeducativos, que ademáis de poder levar prestados nos "Contos de pola noite", poderán ser utilizados na "Hora de ler"; e durante a semana que ven, o alumnado escollerá de entre eles os que a mestra, eu, leerá en voz alta na " Hora do conto", ou eles se lerán uns a outros nos pequenos momentos de lectura que sempre buscan nos tempos libres.
E si son "boíños" veremos algúns videos de contos que temos en "Contos para ver e ler" e non temos na Biblioteca, como
El Príncipe Ceniciento
SuperLola ou
Una feliz catástrofe
E eu quero homenaxear neste día a dúas mulleres mestras: as irmáns Cossettini, que na primeira metade do século XX puxeron en práctica, contra vento e marea, un modelo de escola diferente que hoxe, coa LONCE cabalgando en lontananza,sigue vixente máis que nunca,
E unha cousa máis:
Cando eu era moza saín á rúa para reclamar a supresión do delito de adulterio, reivindicar o dereito ao divorcio e máis tarde o dereito das mulleres para decidir sobre o noso corpo. Logo, cando vin medrar a miña filla nunha sociedade con estes dereitos acadados, nunca pensei que as miñas netas terían que sair de novo á rúa, e correr diante dos "grises", en defensa dos seus dereitos como mulleres.
Pero parece que vai ser que si.
Por iso mañán, eu, a miña filla e as miñas netas, estaremos en Santiago defendendo de novo o dereito das mulleres a un aborto libre e gratuito.

celebracións,
coeducación,
muller,
xénero
viernes, 7 de marzo de 2014
En marzo pintando
Xa comenzamos o proxecto que todos os anos lle corresponde ao mes de marzo: EN MARZO PINTAMOS. Para iso escollemos un pintor ou pintora e todo o mes investigamos, aprendemos, buscamos, pintamos....
Este curso chegamos a marzo sen unha idea clara de sobre quen investigar, así que preparei unha pequena preswentación con cadros de varios pintores e pintoras: Picasso, Rosario Varo, Maruja Mallo, Miró, Mª Antonia Dans e Modigliani. O trato era que entre todos escollerían o cadro que máis lles gustase e sería ese o pintor ou pintora que investigaríamos.
E nin fixo falta votar.
O cadro de Miró foi o preferido.
Pois xa está.
Este marzo, pintamos con MIRÓ, porque como dixo Soraya do cadro:
en marzo pintando 1
Pero eu sei que escolleron Miró non tanto polo cadro, que tamén, senón polo libro:"Dessiner avec...Joan Miró", de Ana Salvador, que estivo na cesta dos libros da "Hora de ler" no primeiro trimestre, e andivo de man en man.
En canto escoitaron MIRÓ.....Tate!

- Gústanos porque, aínda que é raro, é moi bonito.
Esta foi a presentación:
en marzo pintando 1
Pero eu sei que escolleron Miró non tanto polo cadro, que tamén, senón polo libro:"Dessiner avec...Joan Miró", de Ana Salvador, que estivo na cesta dos libros da "Hora de ler" no primeiro trimestre, e andivo de man en man.
En canto escoitaron MIRÓ.....Tate!
Etiquetas:
enmarzopintando,
Miró,
pintura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)