O domingo pola tarde a chuvia decidíu non visitar Vide.
E todas nós agradecímosllo.
Eran as 3 da tarde cando os veciños e veciños de Vide comenzaron a chegar coa súa aportación para a merenda coa que convidaríamos aos asistentes: tortillas, chourizos, empanadas, bizcoitos, viño branco e tinto.....
E as 5 da tarde comenzou o Fiadeiro.
Todo estaba disposto en A Chan de Vide: a carpa chea de adobíos, as avoas fiando, o escenario preparado, os gaiteiros Trancalevadas tocando xotas e muiñeiras, a xente enchendo a carpa, as pandereteiras bailando, a "comisión de bibliotecari@s" cos "Libros de Man en Man", as Saíñas listas para sair a cantar......
....e vivimos unha tarde chea de cantos, bailes, pandeiretas e gaitas, mentras probabamos as viandas e o viño.
....e costounos, coma sempre, despedirnos dela ata o ano que ben.
....e quedámonos todas, cansadiñas, iso si, pero cun sorriso nos beizos e o peito cheo de agradecemento aos veciñas e veciños de Vide, coma sempre xenerosos, aos 17 grupos de gaiteiros e pandereiteiras que nos acompañaron, aos nenos e nenas da Biblioteca.....
... e cheas de fachenda porque un ano máis amosamos que XUNTAS PODEMOS!
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
martes, 11 de junio de 2013
lunes, 3 de junio de 2013
Fiadeiro
O domingo 9 de Xuño, celebraremos a IV Tarde de Fiadeiro en Vide. Niso estamos a traballar.
Parécenos que vai chover pero temos unha MARABILLOSA - e carísima- carpa preparada.
Xa sabedes,estades TODOS e TODAS invitados a merendar con nós na carballeira de Vide mentras escoitamos como cantan os grupos de pandereteiras e tocan os gaiteiros.
Parécenos que vai chover pero temos unha MARABILLOSA - e carísima- carpa preparada.
Xa sabedes,estades TODOS e TODAS invitados a merendar con nós na carballeira de Vide mentras escoitamos como cantan os grupos de pandereteiras e tocan os gaiteiros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)