Onte pola tarde- unha preciosa tarde de primavera- fomos de "paseo con libro", ata a lagoa de Medáns, tamén coñecida como a "lagoa do Ollo do Inferno" ou "lagoa dos Sapoconchos".
O libro para ler era, como non, "Arturo e Clementina" e volvimos a escoitar as lendas que falan das campás perdidas.
Unha magoa comprobar como os accesos á lagoa estaban tan cheos de maleza que ata impedían achegarnos a ela, e por suposto, albiscar aos sapoconchos.
Pero aínda así foi unha moi boa tarde, que repetiremos outro mércores aproveitando o bo tempo.
Paseos con libro: o Ollo do Inferno on PhotoPeach
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
jueves, 25 de abril de 2013
miércoles, 24 de abril de 2013
lunes, 22 de abril de 2013
ABCDElibros
Hoxe presentamos o noso novo blog das tarefas:
ABCDElibros
A primeira letra/libro foi:
S de SACAPENAS, apadriñado por Saúl .
Saúl, como Bieito, o protagonista do libro, tampouco durmía ben porque tiña moitas preocupacións, por iso decidimos facer un sacapenas para el, e de paso outro para cada un de nós.
Este foi o resultado do traballo

domingo, 21 de abril de 2013
Abril dos libros
En Abril, o mes dos libros, recuperamos o proxecto de traballo cancelado cando o proxector da pizarra dixital deixou de funcionar.
Xa temos novo proxector- prestado pola Unitaria de Rubiós- e levamos unha semana facendo este blog:
que queremos "inaugurar" o luns, 23 de Abril, día Internacional do Libro.
Na Biblioteca os nenos e nenas escolleron libros e logo seleccionámolos segundo a primera letra do título para ir completando o abecedario. Cada libro/letra ten "padriño/madriña", que será o encargado/a de presentala letra e mais o libro facendo a entrada no blog, con axuda, ou sen axuda.
Estes son:
S
|
Sacapenas
|
Saúl
|
N
|
Nadarín
|
Noa N.
|
V
|
(A) Vaca condesa
|
Noa
|
R
|
Ra e rato
|
Daniela
|
L
|
Lúa
|
Brandán
|
U
|
Uxía vai de compras
|
Ruth
|
H
|
Historia dunha árbore
|
Iago
|
Q
|
(A) Que sabe a lúa
|
Marcos
|
T
|
Tres osos
|
Antón
|
F
|
Fernando Furioso
|
Alba
|
CH
|
Chucho Cacho
|
Soraya
|
G
|
(O) Gato lambón
|
Iris
|
M
|
Malea Balea
|
Uxue
|
X
|
Xanardán e a becha
|
Diego
|
E
|
Elmer
|
Samara
|
O
|
Onde está?
|
Samuel
|
Etiquetas:
abrildoslibros,
biblioteca,
blogs
miércoles, 10 de abril de 2013
As Unitarias na Biblioteca de Vide
En Abril , mes dos libros, o alumnado das outras dúas unitarias do Concello, Rubiós e Taboexa, xunto coas súas mestras achegáronse ata a Biblioteca de Vide para pasar un día de clase diferente: un día bibliotecario.
E así foi, nenos e nenas mergulláronse na biblioteca e os seus libros, escoitaron contacontos, compartiron libros sorprendentes, e pasou a mañán tan axiña que cando nos decatamos xa era hora de marchar.
E cada un marchou para a súa casa coa bruxa do campanario e da cova de enfrente, cos círculos amarelos que se transforman en azules, e sobre todo, cunha morea de novos amigos e amigas.
Ata o próximo día!

Festa bibliotecaria
O sábado pasado recibimos unha vez máis a un grupo de "bibliotecarias/os" amigas.
Logo da visita "obrigada" á Unitaria de Vide e a súa biblioteca, reunímonos todas, e "todo" na Casa da Auga ,e alí, bibliotecarias, pandereteiras e visitantes, compartindo lamprea e tortillas, empanada e requeixo, conversas e cantos, fomos deixando correr unha tarde que todas e "todo" recordaremos, e cando o desánimo se achegue a nós, este recordo daranos azos para seguir adiante, porque non estamos sóas, compartimos amizade, saberes, aprendizaxes....
Alguén podería supoñer que ata se aprendeu e bailar a muiñeira?
Pois é de creer.
Gracias compañeiras e compañeiros plambeiras por estar sempre aí.
E o meu agradecemento as "miñas" compañeiras, pandereteiras e non pandereteiras, que tanto cantan como catalogan libros, cociñan lampreas ou bailan a muiñeira, e sempre, sempre, atentas a facer "piña", a cuidarse unhas a outras, a cuidarme a min.... porque en Vide traballamos e cantamos xuntas!!!

jueves, 4 de abril de 2013
O violín de Paul Klee
Pau l Klee de pequeno aprendeu a tocar o violín. Os seus pais querían que fose músico , e o neno tocaba o violín tan ben que aos once anos xa era todo un "virtuoso", pero cando rematou o Instituto, Paul decidíu que quería ser pintor, non músico, e marchou a Alemania a estudiar pintura.
E cando pola mañán escribimos a palabra VIOLÍN:
- Que palabra tan bonita, dixo Iris.
- Como é un violín?- dixo Diego.
- Como se toca?- dixo Marcos.
.......tantas preguntas requerían unha resposta rápida, da que se encargaron Alba e Noa:
Google, imaxes, violín. Escollimos a imaxe que máis nos gustou e puxémonos a "estudiar como é un violín".
Logo you tube, axudounos escoitar un violín e observar como se toca:
UUUFFF! que marabilla!

miércoles, 3 de abril de 2013
Día Internacional do Libro Infantil
Como hoxe a Biblioteca estaba de celabración- o 2 de Abril é o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- fíxémoslle un agasallo:
Unha caixa chea de LIBROS SORPRENDENTES, e de entre eles dous moi especiais, pois están cheos de posibilidades:
"ANIMALARIO", de Angeles Navarro en Editorial Combel. un libro para ler, para buscar, para pensar e para xogar, que ademáis inclúe un xogo de memoria e outro para inventar animais fantásticos:
e un libro novo de Hervé Tullet: "Juego de la escultura", en editorial Phaidón., que como todos os libros de este autor é sorprendentiiiisimo: podémolo converter nunha escultura:

Xa vos seguiremos contando.
martes, 2 de abril de 2013
Lamiun maculatum
SI SEÑOR!
que hai moito científico/detective/herborista en Vide.
Houbo os que non tiveron sorte:
- preguntaron só a nai, que dixo "nin idea"
- preguntaron á familia e logo a algún veciño e "nada, nadiña".
- botaron man de internet , xunto coa súa nai e non deron "co demo da planta esa"
Houbo quen "casi, casi.." pero era outra planta .
E por fin, houbo os e as que aplicando un método parecido deron coa solución:
-En internet apreceu unha foto igualiña, igualiña e...era!
-A avoa sabía como se chamaba a planta.
..e así chegamos a : LAMIUN MACULATUM, coñecida como chuchamel ou estruga morta.
Logo da posta en común, para confirmar o resultado buscamos nunha nova fonte: dous libros da Biblioteca da escola:
- as follas, o talo, a flor, as cores, o tamaño, a forma, o cheiro.....

e xa podíamos resumir:
CHUCHAMEL OU ESTRUGA MORTA
VIVE Á BEIRA DOS CAMIÑOS.
PARÉCESE Á ESTRUGA PERO NON PICA.
SE CHUPAS A FLOR SABE DOCE.
SERVE PARA TRATAR A DIARREA, AS VARICES E AS QUEIAMDURAS.
Para rematar saímos a recoller máis chuchameles e "estudiámolos" con moito cuidado:
- as follas, o talo, a flor, as cores, o tamaño, a forma, o cheiro.....
Puxémolo nunha ficha e ....TRABALLO FEITO!!!!!!!
Etiquetas:
detectives herboristas,
formación documental,
primavera
Suscribirse a:
Entradas (Atom)