un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
lunes, 20 de junio de 2011
Moaña e Vide na Casa de Auga
E tivemos que cobixarnos na Casa da Auga.
Foi chegar as nenas e nenos de Quintela a Vide e, aínda non nos dera tempo de mostrarlles o contorno da Unitaria cando, en chegando á Casa da Auga, deu en chover, e veña a chover...
E alí quedamos.
Nun escampe corrimos ata a Fonte dos Mexóns, que se chama así polo forte cheiro a mexos que contan que tiña porque alí baixaban pola noite os cabalos do monte a beber.
Deunos para cantar, bailar, contar historias, facer dramatizacións e xogos, ler un conto, almozar, xantar e ata ver una anaco de película.
E que a Casa da Auga éche moita Casa.
O caso é que, malia a chuvia, pasamos un bo día. Un boísimo día. UN MARABILLOSO DÍA!!!!!!!!
miércoles, 15 de junio de 2011
E reluce máis que o sol
Pirimpinpin
Os maiores, que a sabían doutros anos tíñana medio esquecida, e os pequen@s, fora de Pirimpinpín, nada. Ademáis Alba e Noa protestan deseguido:
Alba: Eu sei unha máis bonita: O lugariiiñooo de Viiiideeee!
Noa: Pampun pampun pompon pon poooooo!
Menos mal que os outros aínda me siguen cun pouco máis de gana porque xa nos vexo o venres cantándolles:
- patatum pun pun porromponpón.....!
Mañán veremos estes vídeos, a ver se lles entra algo máis de "motivación".
martes, 14 de junio de 2011
Adiviña
Mañán mandarémoslles unha pista nova.
domingo, 12 de junio de 2011
Gatos
lunes, 6 de junio de 2011
Fiadeiro
jueves, 2 de junio de 2011
facer o pan e bibliotecas
1 k. de fairña20 gr. de sal
5 dl. de auga.
40 gr. de levadura
¿Como se fai?
- Peneriamos a fariña na mesa.
- Dámoslle forma de volcán.
- Engadímoslle todos os ingredientes dentro do volcán menos a auga.
- Imos botando a auga moi amodiño mentras imos remexendo ata ter unha masa unida.
- Amasamos moi ben coas mans.
- Deixase repousar a masa, dividímola e dámoslle forma para o pan.
- Cocemos a 220º.
Nós fixémolo así e comimos un pan delicioso.
miércoles, 1 de junio de 2011
A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS
Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.
Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)