A avoa de Lara é unha das poucas mulleres que en Vide enxertan, pois esta actividade tradicionalmente fana os homes. Fomos onda ela e "tomamos apuntes" e agora intentaremos facelo nós. Só nos queda esperar á semana que ven, que hai lua nova, pois tal como nos explicou, débese enxertar en lúa nova ou menguante, así a videira ten máis sabia e agarra mellor o enxerto.Faise con fendidura simple, tal como se reflexa nas fotos que tomamos.
Ola
ResponderEliminarAcabo de atopar un enlace con este blog na web de bibliotecas escolares. Encántame! Esto de facer un inxerto paréceme unha maravilla e dificilisimo. Ogallá que vos saia! Só vin as derradeiras cousas pero teño que botarlle un ollo a todo o ano feito. Eu traballo no CRA Antía Cal. Un bico grande a todas e todos.
Pois unha das cousas que máis me gusta facer a min cos meus alumnos é o de enxertar (e non vos creades que son pequenos non, eles están nun ciclo superior de xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos), e por certo a eles tamén. Sempre me parece incrible que se poida crear unha nova planta dun xeito tan sinxelo.
ResponderEliminarNoraboa e que prendan.