
Hoxe, 30 de Marzo celebramos o cumpreanos de Van Gogh, e como todos os anos témoslle moitos agasallos.
Sabemos que a súa cor preferida é a amarela, por iso saímos a procura de frores amarelas. O pé da escola atopamos moitos pampillos cos que mañán faremos colares, botóns de ouro, celidonias, que ademáis da flor amarela tamén teñen a savia amarela, e flores amarelas de ruda, de navizas e de toxos.

As pipas de xirasol que plantamos na veiga xa brotaron e están a nacer os xirasoles. Tamén fixemos autorretratos "como os de Van Gogh", pintamos casas amarelas, sillas e ramos de xirasoles. Como dicía Marta:
- Que non se queixe, que este ano leva ben de regalos.
Parabéns Van Gogh!
ResponderEliminarSeguro que si Van Gogh vira as vosas fotos tería cambiado Arlés por Vide.
Preciosos os autoretratos e sigo decindo que o de Marta é clavadiño!
Bicos.