Páginas

domingo, 5 de octubre de 2008

Un día perfecto

Hai días perfectos. Como onte, sábado.
Xantar con Loly, Antonio, Beni, Gina e Carmen, @s intrépidos plambeir@s que logo de cruzar cáseque toda Galicia foron quen de chegar ata o Sol do Condado sen perderse.
O albariño, sempre amoroso, deixou que fóramos enchendo a lamprea de bibliotecas e clubes de lectura e disfrutar así, paseniño, do sabor das experiencias compartidas co arrecendo afumado da lamprea escalada.
Logo, a vella escola Unitaria abríu as súas portas para que a Biblioteca A Dúas, enchida de fachenda, recibira unha visita de gala.
E de remate, o grupo de mulleres da "Comisión de Biblioteca", e algunha mais, esperábannos na Casa da Auga coas súas pandeiretas e cantares, para lembrarnos que sin elas a Biblioteca " A Dúas" estaría orfa, que a Escola Unitaria tamén é a súa responsabilidade e que Vide é un fermoso lugar para vivir.

E eu xuntei a miña voz coa delas, sen esquecer que cando cheguei a Vide, hai dez anos, abrín a porta da escola e sen saber a quen, cantei:

Axudaime compañeiras
botademe unha axudiña
que non me podo axudar
desta miña gargantiña

e viñeron todas.

6 comentarios:

  1. Foi unha visita inesquecible por moitas razóns, tivemos unha anfitriona de primeira, a comida foi exquisita, visitamos unha ESCOLA como as que xa non quedan (cunha mestra excepcional) e recibíronnos unha nais que coas súas pandeiretas fixeron sentir como na casa.
    Apertas dende Fene!!

    ResponderEliminar
  2. Sabela: o dia perfecto foi para nós, polas lampreas, polas A DÚAS, polas pandeiretas, as voces, e ese non parar de aprender divertíndonos.

    ResponderEliminar
  3. ¡Pena sentín de non poder estar ahí!.

    Un biquiño
    Isa

    ResponderEliminar
  4. Pois eu tamén sentín pena por non poder acompañarvos. Pero gustoume moito a vosa escola e tamén a "Dúas", tamén me gusta a mestra e por suposto a comisión de biblioteca. Polo que contas si que é un lugar preciso para vivir, espero coñecelo algún día.
    Moitos bicos e moitiiiiiiiiiiiiiiiisimas noraboas dende Arzúa.

    ResponderEliminar
  5. Biblioafonso estivo representada polos GBI e as outros plambeiras e plambeiro. Impresionante xornada. Agarimo, paixón, cordialidade e... albariño. Fantástico

    ResponderEliminar
  6. Desde as Canarias sentín moita tristura por non poder compartir con vós ese fermoso día.

    ResponderEliminar