O pasado luns fundiuse a lámpada do proxector...Adeus encerado dixital, adeus bloge ABCDlibros, cambia toda a programacíón Sabeliña que isto non funciona, ai! ai!, cantos cartiños vamos a gastar!- seica custan o noso presuposto dun cuatrimestre.
O martes a fotocopiadora deixou de funcionar.
O mércores desapareceu internet - non está conectado, non está conectado, veña a repetirse a mensaxe.
O xoves, hoxe, chámanme de Santiago que teño un "problemiña" co Xade.
Pero tamén......
O martes, ás 9 da mañán chegaron un grupo de nais, unha avoa, unha tía.... armadas de vasoiras, aspiradores, caldeiros e fregonas, subiron á vivenda da escola- esa que levamos anos pelexando por converter en espacio escolar- e durante toda a mañán déronse unha fartada de limpar e fregar. Ata puxeron a funcionar de novo a vella cociña de ferro! Mentras, un pai foi mercar unha cerradura, colocouna e aínda tivo tempo de facer "arreglos varios" de fontanería.
O mércores, a "equipa de limpeza" continuou o traballo ata deixar todo "como los chorros de oro", e a cociña de leña a todo gas, para quentar a casa.
O xoves, hoxe pola tarde, ás nais que non poideran ir polas mañáns e máis eu, pasamos alí a tarde limpando o soto, e recolocando o material.
Para o sábado xa quedaron un grupo de pais para darlle o remate a porta que abrimos para comunicar a escola coa vivenda e solucionar os "problemas da luz"
Non sei que "acontecerá" mañán pero está claro que na Unitaria de Vide é moi dificil afogar.
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
Páginas
▼
jueves, 29 de noviembre de 2012
domingo, 25 de noviembre de 2012
viernes, 23 de noviembre de 2012
BLOGUE DAS TAREFAS
Esta semana comenzamos un blogue cun novo proxecto de traballo:
Tarefa: ABCDLIBROS.
Esta é a presentación:
Tarefa: ABCDLIBROS.
Esta é a presentación:
jueves, 22 de noviembre de 2012
martes, 20 de noviembre de 2012
El Monstruo
Un marabilloso libro que trata a violencia de xénero dende outra mirada, a dos fillos testigos dela:
"El Monstruo" de Daniel Martín e ilustrado por Ramón Trigo, que está publicado na Editorial Lóguez.
Este é un avance do libro en ISSU
Adaptación do conto en video elaborado polo alumnado de Secundaria do Ceip Virgen de Luna
Monólogo baseado no conto do Colectivo Légolas que gañou o primeiro premio do concurso "Sal a escena contra la discriminación"
"El Monstruo" de Daniel Martín e ilustrado por Ramón Trigo, que está publicado na Editorial Lóguez.
Este é un avance do libro en ISSU
Adaptación do conto en video elaborado polo alumnado de Secundaria do Ceip Virgen de Luna
Monólogo baseado no conto do Colectivo Légolas que gañou o primeiro premio do concurso "Sal a escena contra la discriminación"
domingo, 18 de noviembre de 2012
O xogo do guante guante
Como "polo San Martiño vai o peón ao camiño", ademáis de xogar ao peón aproveitamos esta semana para aprender a xogar xogos "vellos" e descubrir o divertido que é xogalos.
E aquí están @s artistas:
Un deles foi o Xogo do guante guante, que resultou ser un "exitazo"
Xógase así:
Os nenos e nenas sentados en roda no chan mentras un corre ao seu redor para deixar o "guante" tras un deles que, ao descubrilo, correrá para pillalo e non perder o sitio.
Mentras vaise cantando:
Este e o xogo do guante guante
quen o teña que se levante
E aquí están @s artistas:
jueves, 15 de noviembre de 2012
O libro de octubro
O mes de octubro, mes das Bibliotecas Escolares adicámolo a "recordar" como nos movemos na zona de ficcion infantil da Biblioteca, a recordar como identificamos os libros e os distintos andeis, onde e como se colocan e se localizan... pero tamén "traballamos" o conto O vello e a margarida e celebramos o Samaín, por iso o libro de Octubro recolle todo este traballo:
martes, 6 de noviembre de 2012
A Nosa Terra
Adios aos Bolechas, adios aos Contos do Míño, adios á Rata Luísa.... liquidouse , eliminouse, crebou, reventou, escachou......
Pero chamou Rocío, de LER E PUNTO, a pequena librería/ kiosko -e algo máis- que ven de abrirse en As Neves:
-Chegou o meu pedido!- dixo.
Correndo fomos onda ela e trouxemos para a nosa Biblioteca os títulos que non tiñamos- en nada serán libros de culto, rarezas, libros extraordinarios....!-
O derradeiro día de Octubro, o mes das Bibliotecas escolares, fixemos unha exposición con todos eles- con caveiras para espantar meigallos .
Unha exposición homenaxe a unha editorial galega que xa non está, pero que non estamos dispostos a esquecer.
domingo, 4 de noviembre de 2012
Saíñas
Cando o Fiadeiro de Vide quixeron tocar e buscámoslle un nome: Saíñas, e Saíñas quedoulles.
Neste curso continuamos co obradoiro, pero "cargadiño" : oito pequerrechos- menores de cinco anos- e oito maiores- menores de doce anos-. En total dezaseis nenos e nenas que non fallan un venres, que cantan, bailan, aprenden a tocar a pandeireta , e antes de marchar fan algún "traballiño" na biblioteca.
E que debecen por "actuar" e amosar o que van aprendendo.
Pois faltaría máis: a actuaaaaaaaar!
Levámolos ao Serán de Barcela.
Que orgullosas nos sentimos todas ao velos tan "profesionais" recibindo os aplausos dun "público entregado"!!!
Tocaron e cantaron na Festa do Samaín na Casa da Auga, deixando a toda a veciñanza coa boca aberta, e agora estanse a preparar para ir ao serán de Sela, a parroquia do lado, vestidas e vestidos de "labregos".
Isto non hai quen o pare!!!