Páginas

miércoles, 13 de enero de 2010

O blog das tarefas

O traballo do mes de xaneiro ímolo contar, a xeito de diario, nun novo blog:

O blog das tarefas.

Eu irei propoñendo tarefas, e @s nen@s irán contando como lle foi, que fixeron.....

Traballaremos nel tres días á semana: mércores, xoves e venres. Cada entrada irase facendo segundo quenda de dous.Eles decidirán que contar, que traballos subir....etc.
A min tócame facer as entradas das tarefas e correxir ao final as súas entradas- como dí Noemi: "axudar" que para iso eres a profe-

Manteremos un enlace no lateral deste blog, e outro no escritorio, para que lles sexa máis doado abrilo pola mañán para traballar nel.

Os dous primeiros días foron un "EXITAZO", a ver si conseguimos chegar a fin de mes igual de ilusionad@s. Eu penso que si, pois o sistema ten moitas posibilidades.
O conto de Wangari, é moi motivador porque o relacionan con experiencias do seu contorno.
Xa o primeiro día que o escoitaron "choveron" as propostas para ir a apañar landras e similares, facer un alcoube, cuidar ás arboriñas pequenas, repartilas entre os viciños....

Nun plis plás descubriron un sin fin de lugares onde lle viña ben unha árbore.

E a roupa de Wangari...

¡¡¡QUE TEEEEELAAAAAS!!!!! ¡¡¡¡¡¡QUE LAAAAAZOS!!!!!!, ¡¡¡¡¡¡QUE GUAAAAAAPA!!!!!!!,

tanto que xa me vexo indo á feira a Ponteareas o sábado para traerlles algo "parecido".

4 comentarios:

  1. Unha idea fantástica! Estaremos atent@s a todo o que fagan estes nenos e nenas tan traballadores.
    PARABÉNS!!
    Moitos biquiños ratunos

    ResponderEliminar
  2. sempre me sorprenden estes nenos de Vide e a sua mestra. cuidadiño que agora vou ver o que facedes.

    Susana.

    ResponderEliminar
  3. Ola nenas e nenos de Vide, eu son Pitu, amiga de Sabela e quero darvos os parabéns por ter e manter un blogue tan bonito e interesante. Gracias a vos coñecín o conto de Wangari. Eu tamén son mestra e penso ensinarlles aos nenos e nenas da miña clase, que teñen 4 e 5 anos (porque dous acaban de cumplir 5)tanto o voso blogue como o conto de Wangari porque estou segura de que as dúas cousas lle van encantar. Tamén vos dou a dirección dun blogue que fixen eu hai tempo aínda que é moi pobretón porque non o alimentei como vós ao voso. Bico a todas e todos de Pitu
    http://parapalefasec.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  4. Levo toda a fin de semana cantando:
    OLELÉ, OLELÉ
    MOLIBÁ MACASÍ
    ...
    non podo quitala da cabeza..
    é tan bonita...

    ResponderEliminar