Páginas

miércoles, 20 de enero de 2010

COMENTARIOS ÁS ENTRADAS

Hoxe caseque quedamos sen alumnado. Seica hai un "virus" pululando por As Neves.
Como eramos moi pouquiños, traballar no blog foi moi doado.
Aprendimos a ver os Comentarios ás entradas da semana pasada ao blog das tarefas, buscar quen podía ser, de onde, e contestar.

Estaban encantados, e eu moi agradecida ás compañeiras de outras bibliotecas que deixaron o seu comentario .

Tomáronno tan en serio que me decatei que isto era tan importante como o propio proxecto de traballo e tiña que darlle a importancia que merecía.

Isto foi o que escribiron Saray, Jose e Javi:

A María:

PINTAMOS MOI BEN.
VIVIMOS EN VIDE.
VIDE ESTÁ NO PLANETA TERRA.
WANGARI É DE KENIA.
CERVO QUEDA MOI LONXE.
MOITOS BICOS MARÍA.

A Leo:

LEO TES UN NOME MOI RARO.
VEN AO BLOG SEMPRE PERO NON NOS DEAS COLETAZOS.
TEMOS UNHA BIBLIO AO LADO DA CLASE.
TEMOS FABAS NA VEIGA.

BICOS DE JOSE SARAY E JAVI.

A Mateo, que hoxe non veu a clase:

MATEO QUEREMOSTE MOITO.


Sorprendente , verdade?

Cando chegaron as nais e pais a buscalos, proxectamos o blog na pizarra dixital e tod@s estivemos a ler os comentarios e as respostas. Aínda rimos un pouco coas súas saídas, e sentímonos moi orgullosos dos nosos nenos e nenas.

1 comentario:

  1. Grazas a Tod@s pola vosa contestación. Sodes do que non hai!! Xa vexo que vos informástedes onde quedaba Cervo, Bueno, está lonxe si medimos a distancia en kilómetros, pero non está tanto si nos comunicamos a través do blog. Mirade que cerquiña estamos que eu sigo o voso traballo cada día!!
    Unha aperta para tod@s e que as vosas ansias de aprender non se esgoten nunca:

    ResponderEliminar