O remate do traballo sobre o millo era, como non, facer un bolo, cocelo e... comelo.
Peneiramos a fariña e logo levámola, nunha mochila viaxeira, ata o Souto, onde nos esperaba Isabel para facero bolo.
Misturamos a fariña milla cunha pouca triga, botámoslle un pouco de auga quente, sal, e amasamos un bolo grande e moitos pequenos, un para cada un.
Cocímolos no forno da cociña de ferro e esperamos un pouco.
Logo, cos bolos na mochila, voltamos correndo á escola, puxemos a mesa e comimos un exquisito bolo feito co millo que plantamos, cuidamos, esfollatamos, debrullamos, levamos a moer e cociñamos.
E como aínda nos quedaba un pouco de tempo xogamos a facer casiñas de tiricós.
Desta vez fomos quen de seguir un proceso completo. Quen nos ía dicir que duns grauciños pequenos que sementamos na primavera pasada podíamos tirar tanto rendemento!
Ola nenas e nenos de Vide!! Chámome Ledi,vivo en Lugo e son amiga da vosa mestra. Encantoume ver hoxe como fixéches pan, seguro que eses bolos que fixéches estaban moi bos. Entro moitas veces a ver o voso blog (que é dos meus preferidos) porque eu estou estudando para ser mestra e aprendo moito con todo o que facedes vos na vosa escola. Mándovos moitos bicos a todas e todas. Ate a próxima!!!!
ResponderEliminarSaúdos Ledi, e unha apreta moi forte.
ResponderEliminarSabela