Polo San Martiño
o peón vai ó camiño
e nós somos moi ben mandad@s, ao chegar estas datas collemos uns días para sacar os peóns e facelos baillar no camiño, no patio, no chan da escola... e de paso aprendemos a poñerlle a capa ben apretada, que non é doado se tes catro anos ou cinco anos, a escribir O PEÓN, a contar e pintar peóns de todas as cores e aínda temos tempo de descubrir que tamén se lle pode chamar TROMPO, BUXAINA ou BAILARETE, pero sobre todo adicámoslle tempo a tirar do cordel para que baille. Tiramos "á señorita" e "por riba" e os nosos peóns baillan como poden: uns co cu para abaixo e outros co cu para arriba.
A avoa de Mateo que de pequena xogaba co peón - aínda que iso non lle gustaba nadiña aos seus pais, que dicían que era cousa de nenos-, veu hoxe a xogar con nós. Ao principio o peón no lle quería baillar, porque tiña unha corda moi pequena, pero logo, tirando á señorita, o peón por fin baillou, e todos os nenos e nenas berraron:
¡¡¡Cristina!!!¡¡¡¡Cristina!!!!¡¡¡¡Cristina!!!!¡¡¡¡Cristina!!!!
E si qeredes saber como se fan os peóns aqui tedes un video que atopamos en xogos populares cando estabamos "investigando"
Cando eu era pequeno
ResponderEliminarespabilado rapás
unha fermosa peonza
eu moi ben facia bailar.
Ti moi ben facias bailar
esa peonza perfecta
pois a capa ben poñer
teu irmá che aprenderá.
Feliz Semana da Literatura de Tradición Oral!!
Apertas dende Fene.